Días pasados formalizamos denuncia por amenazas a candidatos socialistas. Algo que forma parte da práctica cotidiá do PP de Baltar e Feijoo nesta provincia de Ourense,durante anos,décadas...
A valentía das nosas candidatas do concello de Baltar fará posible que o alcalde Feijoo,do PP ,sexa condenado o día 22 nas urnas ou despois nos tribunais. Sen dúbida acabará coa inhabilitación deste cargo do Partido Popular. Falta ver si o PP terá a mínima dignidade para retiralo INMEDIATAMENTE da súa candidatura.
Os últimos relatos son escalofriantes...
Sen dúbida un test ó talante de Feijoo contra os actos de atentado contra o máis elemental dos dereitos civiles que deben rexer en sociedades democráticas....claro que en Ourense dirixentes como Baltar impiden que a democracia real rixa en todas as aldeas e pobos.
Nota: para os de fora o entendan: -Baltar é tamén o nome do concello destes feitos (igual ca o cacique presidente da deputación e o caciquiño presidente provincial do pp)
-Feijoo é tamén o nome do alcalde do PP de Baltar concello (parece que aparte de forma de actuar e ideas tamén comparte nome co presidente do PP de Galicia).
Nota 2:L proximamente virán alguns a acusar e presionar, a culpabilizar precisamente ós que denunciamos feitos tan graves. Sempre pasa .Sempre os fachas intentan culpabilizar as víctimas por non calar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario