martes, 5 de abril de 2011

SENADO

No pleno o presidente Zapatero respondeu as Preguntas. Con contundencia, elegancia e argumentos. O PP coma sempre aporta cabreo e tensión.Cero propostas.

O único representante do Bng volve a traer preguntas de control ó Goberno socialista.

Na primeira cuestión o ministro (galego) de Fomento reafirmou os compromisos da Alta Velocidade. Neste ano haberá Alta Velocidade en Galicia (Ourense-Santiago-A Coruña). O próxima día 13 asinará co Concello de Ourense o Convenio para a entrada e Estación do AVE .A Xunta NON se suma a ese convenio...quedará fora.As inversions non poden agardar por quén nada aporta.

Os ourensans ignoran o electoralismo que fai o PP. A proba hai uns días: ante a chamada da CEO (debe ser a primeira convocatoria do presidente dos grandes empresarios),da Cámara,dos Constructores,do PP, co apoio da Xunta,e os colectivos dependentes da deputación...tiveron á resposta de ser máis os colectivos convocantes que os veciños asistentes (creo que 230 aprox.).

O boicot do PP á chegada da Alta Velocidade queda ó descuberto e non lle gosta nada ós ourensáns.

Por eso queda en evidencia o despiste que trai algún ...

Dentro de pouco preguntará pola depuradora que todos saben que está en marcha,coa tramitación necesaria...

Alguns non aprenderon...e parece que siguel sin aprender...

No hay comentarios:

Publicar un comentario