sábado, 30 de agosto de 2008

jueves, 28 de agosto de 2008

A ISTORIA- nova era 20ª vez



O ambente da Vila dí que chega a ISTORIA. Por 20 ª vez na era moderna vén a Festa da Istoria.
Cando no 87 encargamos o proxecto do que foi a "primeira escola taller na provincia de Ourense",pensamos en levar a cabo iniciativas que romperan o conformismo deste pobo.Promover o turismo,recuperar o casco histórico eran liñas de traballo.No concello fíxose moito máis: centrar as intervencions públicas no Casco Histórico (ata entón despreciado),crear a Oficiña de I. Turística,a Rede de Xudarías,ubicar edificios públicos no casco e comprar edificios,contratar o Plan Especial que logo traería plans de recuperacion,peatonalizar o casco...
Pero aínda lembro as bulras que cando promovemos algo novo :"unha escola taller? que é eso?unha escola?unha fábrica?".Pero alguns creimos nas ideas novas, fíxemoslle caso a persoas que ninguén lembrou como Alfonso Moreno Mora o director da E.Taller,Fco Fariña o director do Museu,J.M. Lezcano (Pirucho para os amigos) director do Inem que concedeu o proxecto....Co goberno municipal foron as catro patas dese banco....Hai que recoñocer moitos colaboradores e animadores (Jose Ramón), a fe dos alumnos da escola taller, das alumnas dos diferentes cursos tamén do Inem para facer traxes etc.
No 89 (coa crise dunha mocion de censura polo medio) foi a primeira.Cada ano seguinte foi máis fácil.Foron moitos os que tivemos a máxima responsabilidade.Logo creouse a Fundación como formula de organización ...A xente do pobo foi o auténtico artífice dun miragre onde antes do 87 nada saía ben, nada novo nacía...O principal logro é conseguir que a xente recupere a fé en que con traballo todo é posible,que desbote o fatalismo,que se arrisque a apostar polo novo.

martes, 26 de agosto de 2008

O MELLOR FIN DE FESTA SAN XÉS


O próximo Xoves,o Consello da Xunta vai aprobar ,por iniciativa de Manuel Vázquez (Pachi),a proposta de Convenio entre o Concello de Ribadavia e a Consellería de Medio Ambiente para a adquisición do antigo campo de fútbol municipal para espazo público dos Veciños de Francelos.

Despois de meses de negociación,é un xesto de agradecer (a mellor despedida polos 3 anos que estiven alí) por parte da Consellería que financie a recuperación dun espazo público para ter un Campo da festa adecuado e unha zona de esparcemento e un espazo verde do que carecíamos.

Ademáis tamén recupera un espazo que sempre foi público e que nas corporacions do franquismo fora vendido polo concello a uns particulares.

Síntome satisfeito de colaborar en que esta aspiración de todos atopara resposta.

lunes, 25 de agosto de 2008

Feira versus Festas-San Xés 2008

Hoxe é Feira en Ribadavia. Mercado e "Pulpo".
Agosto e vacacións son razons suficintes para que sexa un éxito.Todos os que volven a terra nestas datas agardan o día da Feira para o paseio,a charla,algunha compra e tomar o "pulpo" cun tinto do ribeiro.
SAN XÉS
Pero hoxe tamén estamos de Festa en Francelos:San Xés.
Facemos esta festa sen pretensions.Inda que recebimos os visitantes con gabanza,a festa para nós é algo doméstico,para estar cos veciños,unha cousa familiar.
O éxito da festa non é o que cobra a orquestra,nin os días que duran.O éxito é se este ano veu tal ou cual veciño, saber que lle vai ben.O éxito da festa é confirmar que estamos cáseque todos,lembrar os que non están,saber que nos temos uns ós outros.

jueves, 21 de agosto de 2008

REGRESANDO...LOITO



Regreso da viaxe familiar deste ano.Connosco viaxou a nosa filla a coñecer outras terras.Dícese que viaxar é o mellor xeito de apreciar máis o noso,de comprobar que é necesario percorrer o mundo para confirmar que a nosa terra e a mellor,que nos nosos pobos é onde mellor se está...Pero tamén é imprescindible ver outra xente,abrirse horizontes.


A chegada atópome de fronte coa dor e a tristura que trai o JK5022.
Empezou cunha alarma do satélite por unha fumeira que se ve dende a T4...¿Un incendio nunha nave,un accidente na estrada....un atentado?Ninguén sabe.Ninguén se imaxina a realidade.
As sireias das ambulancias do Samur,dos Bombeiros,da Garda Civil sinalan unha catástrofe.
A radio vai contando.Confirmase o accidente do avión.Empeza o dramático reconto.Contanse xa máis de vinte,xa son corenta,falase de cen...agora contamos xa 153 mortos entre os ferros e o lume.

Imaxínome o que lles espera ós centos de familias de compatriotas que se van atopar cunha vida sen senso, á que lle faltan facianas,que perde perspectiva. Unha vida coa tristura na ialma,para sempre.

Téñovos no corazón.Nunca olvidarei ese 20 A ,en Barajas.



martes, 19 de agosto de 2008

miércoles, 6 de agosto de 2008

BLOGactivo



Espero compensar os visitantes deste caderno,pola ausencia a metade do mes.Este caderno nos últimos días empeza a ser obxeto de comentario.Ata teñen caído algunhas aportacions.Que dure o clima constructivo.

Iste Blog non tén pretensions.Intencionadamente non está adobiado de deseño.Nin a expresión quere ser coidada.Porque o máis importante son as Ideas,os contidos,a alma do blog.

Iste blog naceu para ser meu,un espazo necesario,nun tempo onde non había apenas quén se adicara a esto,onde ninguén te lía.

Foi medrando como todo, con sombras e luces,con contradicions.Foi abrindo camiños polos que non pensaba camiñar.Foi olvidando outras partes as que pensaba adicar maior ímpetu.Foron nacendo cousas que eu non sementei.Así son os blogs,coma a vida.

Pretendía ser reflexions breves, e naceron rollos longuísimos.Pretendía falar pouco de partido,e contei ata os congresos.

martes, 5 de agosto de 2008

ORJANISASION




Estes días ando mirando unha escapadiña...Inda que o que máis me gusta nestes días ociosos é ir a Francelos (pasear na ribeira,ir a viña,unha churrascada,ver os veciños),como estar na praza sen máis,ir a Quins,redescubrir espazos do Ribeiro (alguns segredos teño ben gardados)

domingo, 3 de agosto de 2008

TEMPO DE VACACIONS

Vaia ano! Pero chegou o tempo de verán,vacacións vamos.Ese de levantarte cando queiras (relativo),ir onde queiras (relativo),facer o que queiras (super-relativo).
Tempo de praia (case a forza),campo,río. Tempo de festas,comerotas.Tempo de volver a ver amigos,familiares,xente que está fora.
Tempo sen límite.Tempo.