martes, 26 de mayo de 2009

NOVAS ACUSACION CONTRA DELEGADO XUNTA


Hoxe os medios fanse eco das probas mostradas no día de onte de que o Delegado da Xunta,Rogelio Martínez concedeu ,dende o grupo do programa Leader 2 (CEIVAM) do que era presidente como alcalde de Arnoia, 2 das subvencions máis importantes a unha empresa na que está él, o xerente do organismo que concede as subvencions europeas,o actual alcalde sustituto del e un tal Jacobo Rubín, según os datos do Rexistro Mercantil e o que consta na web de Agader.


Un programa leader,preparado e concedido pola xunta do PP (deixando fora a outros proxectos como Ribadavia que eu presentei como alcalde), xestionado só para o gusto do alcalde de Arnoia e para beneficio de empresas propias,que aumentaron o seu patrimonio de forma notoria(só hai que ver ó pasar a Barca(entrada concello de Arnoia-para que se sepa en qué territorio se entra) un dos complexos económicos da súa propiedade con nave,gasolineira,restaurante-mesón etc.......

Este é o delegado que Nuñez Feijóo non nombra para representar ó Goberno da Xunta de Galicia...

miércoles, 13 de mayo de 2009

O DELEGADO DA XUNTA EN OURENSE CONDENADO

Parece que ó Delegado (chamanlle Super-man) de Feijóo en Ourense se lle amontonan os escándalos. Condenado na Audiencia Nacional por fraude nas axudas europeas.A Audiencia Provincial parece que lle instrúe unha causa .
Moitas lembranme este días os numerosos casos do pasado : lémbranme o caso da desaparición de 50 millons da Recadación na Mancomunidade da que era presidente ; a recente obligación de repetir Eleccions no seu concello (que retrasou constitución deputación e sucesivas eleccions e demisions para gardarlle o sitio); escándalo na xestión do Matadeiro;escándalos na contratación de persoal na Mancomunidade (concelleiros e familiares do PP da comarca);relación cunha estrela mediática con voz en ourense coa que comparte vínculos económicos..);a xestión sectaria da tele municipal en toda a comarca(Tele Arnoia coñecida por telepemento);a aperura de gardería ilegal;a ruptura da mancomunidade que de 10 concellos foronse 4 (2 con alcaldes PP) e 2 estan esperando pra irse;os seus enfrentamentos cos do PP de Ribadavia e outros colegas da comarca...Vaia unha longa carreira que é difícil de resumir nun blog inda que fora monográfico...

martes, 12 de mayo de 2009

DEBATE ESTADO NACIÓN

Hoxe empeza,a partir das 12 da mañá,o debate do estado da Nación.
Espero asistir ó discurso do Presidente . Toda España está agardando este discurso,que sen dúbida será histórico.

lunes, 11 de mayo de 2009

CEA CO MINISTRO E O EQUIPO DE FOMENTO


Hoxe estamos convocados os membros da Mesa e os representantes dos diferentes grupos da Comisión de Fomento co novo Ministro e o seu equipo.

Un detalle de talante de José Blanco.

Un novo marco de relación cos diferentes Grupos.

Alí estarán os representantes do PP,PSOE,Entesa(ERC),CiU,PNV e Mixto(C.Canaria) e os membros da Mesa.