domingo, 3 de abril de 2011

PP : con miedo a perder

O PP quedou descolocado co anuncio de primarias para elexir o novo candidato socialista á Presidencia do Goberno.

O partido que no 2003 anunciou que o presidente da guerra non volvería a presentarse,e que designou A DEDO o seu sucesor, que acabou perdendo duas veces seguidas e ten o indice de valoracion máis baixo de calquer xefe da oposición que o conducirá a terceira derrota, non entende que o presidente renuncie a ser candidato de novo e anuncie o compromiso de continuar o traballo neste momento tan crítico para a nosa economía e a dos cidadáns.

Sen dúblida esta actitude tan pouco respetuosa reflexa o "medo a perder".

A actitude do PP en toda a lexislatura de boicotear toda acción de reforma que impulse o goberno para reaccionar ante a grave crise económica mundial, pretendía sacar partido electoral para obter o poder sen importarlle facer dano a España. Un partido que na lexislatura na que pode rematar o terrorismo,na que houbo máis detencións e desarticulacions , non dubida en utilizar este tema para desgastar o goberno, na idea de que eso pode axudarlle a chegar ó poder.

É curioso. A DEREITA económica creou unha crise mundial, pola súa avaricia e abusos,pola falla de normas de control,por basarse na especulación e gañancia rápida. A DEREITA POLÍTICA quere sacar tallada política desa situación,intentar quitar ventaxa electoral.

Os seus ardores patrióticos (que só lle saen ante os desfiles militares parece) non lle impiden traballar contra a recuperación económica ou dificultar o fin do terrorismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario