miércoles, 27 de abril de 2011

ATA ONDE CHEGA CACIQUISMO PP

Días pasados formalizamos denuncia por amenazas a candidatos socialistas. Algo que forma parte da práctica cotidiá do PP de Baltar e Feijoo nesta provincia de Ourense,durante anos,décadas...


A valentía das nosas candidatas do concello de Baltar fará posible que o alcalde Feijoo,do PP ,sexa condenado o día 22 nas urnas ou despois nos tribunais. Sen dúbida acabará coa inhabilitación deste cargo do Partido Popular. Falta ver si o PP terá a mínima dignidade para retiralo INMEDIATAMENTE da súa candidatura.

Os últimos relatos son escalofriantes...

Sen dúbida un test ó talante de Feijoo contra os actos de atentado contra o máis elemental dos dereitos civiles que deben rexer en sociedades democráticas....claro que en Ourense dirixentes como Baltar impiden que a democracia real rixa en todas as aldeas e pobos.




Nota: para os de fora o entendan: -Baltar é tamén o nome do concello destes feitos (igual ca o cacique presidente da deputación e o caciquiño presidente provincial do pp)


-Feijoo é tamén o nome do alcalde do PP de Baltar concello (parece que aparte de forma de actuar e ideas tamén comparte nome co presidente do PP de Galicia).


Nota 2:L proximamente virán alguns a acusar e presionar, a culpabilizar precisamente ós que denunciamos feitos tan graves. Sempre pasa .Sempre os fachas intentan culpabilizar as víctimas por non calar.

lunes, 25 de abril de 2011

AQUI...DE VOLTA

Despois de días ausente, regreso ó blog.

Os últimos días de confección de candidaturas foron intensos. Non tiven os minutos nin a calma para escreber.

Días de kilómetros,de visitas e reunions nos máis variados, e distantes, concellos da provincia.


Istes días festivos viñeron ben para repoñer forzas e retomar a campaña (pre).

Foron días moi "santos". Estiven na gloria de "Francelos".

Con visitas ó balneario de Prexigueiro. Por un prezo razonable, as augas termais fan "miragres".Para que a semán sexa santa,de verdade.

Hoxe irei a Santiago.Logo temos rolda de prensa para dar conta das amenazas graves a candidatos socialistas.

Pola tarde teremos reunión do Comité Electoral Provincial, e logo do seu órgano executivo.

Mañá iniciamos Pleno do Senado.

martes, 12 de abril de 2011

PROFESIONAIS DO DEBATE E INTERESES

Ultimamente os medios de comunicación públicos e privados colleron o costume de organizar debates de POLITICA sen responsables políticos. Debates ,con frecuencia, para poñer a parir o que fan os cargos electos polos cidadans, nos que pontifican e en vez de informar deciden o que est´´a ben ou mal ( por suposto retribuidos con nula transparencia).

Uns señores elexidos polas súas EMPRESAS (que é o que representan) crean OPINIÓN sobre as cuestions públicas, o que deben decidir os representantes dos cidadáns.Convírtense en intermediarios,sacerdotes do que é bó ou malo. Eles, elexidos polas suas empresas, eríxense en portavoces dos cidadáns para decidir o que está ben ou mal.

Por suposto entre o sustantivo do seu discurso está unha constante desprestixio da política,da actividade de representación dos cidadans a través da elección directa e da súa participación política.

Os debates entre representantes dos cidadáns, nos que se informe e conforme as posicións ante os diversos asuntos públicos, agora sustitúese por debates deses asuntos por profesionais dos medios de comunicación.

¿Por certo, si están todo o día en tertulias,desaxúns,debates,magazines...cando exercen de informadores nos seus medios?

¿Por qué os medios non se convirten en organizacións políticas con todas as suas obrigas?¿Por qué non se presentan á elección ante os cidadáns, en vez de deberse só a fidelidade ás suas empresas?


¿QUOSQUE TANDEM ABUTERE PATIENTIA NOSTRA?

domingo, 10 de abril de 2011

Manifestacions







Istes días houbo dúas manis...DIFERENTES.


DIME cales son na tua opinión as diferencias....


Iste Blog tamén permite OPINAR.

sábado, 9 de abril de 2011

DIFERENCIAS

Istes días ,entre acto e acto, dáseme por reflexionar sobre as DIFERENCIAS entre uns e outros.Xa sabedes...

Ocuriuseme pensar qué pasaría si algún dirixente socialista tivera un cuñaooo, pillado a 226 km/h, coa tasa de alcool sobrepasada....

¡As páxinas da Voz de Jalisco p.e. !

¡a Tele Feijoo!. Meu Deus.

Pois o cuñaooo do presidente do PP , cometeu ese grave DELITO. E nada.

Debe ser cousa de o santo que se ofrece cada un. Teñome que enterar a qué santo ou santo están estes oferecidos...Eche moi milagreiro.

viernes, 8 de abril de 2011

LICITACIÓN AVE GALICIA e novo Delegado

Hoxe o Consello de Ministros tramitou a LICITACIÓN dos tramos e obras pendentes de construcción e manteñemento da Alta Velocidade a Galicia. Será a través de obra pública con colaboración privada.

O cifra é próxima ó BILLÓN de pesetas = preto de 6.000 millons de euros. A obra pública de maior calado e esforzo da recente hestoria. E Galicia...é a beneficiaria.

Un día grande.

Hoxe asistín á toma de posesión do novo Delegado do Goberno,Miguel Cortizo, a quén coñecín como deputado e dende entón de compañeiro pasou a ser amigo.No acto a nova foi precisamente "a licitación". O Ministro de Fomento, José Blanco, foi xeneroso nas palabras diante dun presidente da Xunta,que representa ó PP que nin aportou un esforzo para ese logro, e ademáis está a facer todo o posible para que se ATRASE.

O acto fíxome reflexionar sobre QUÉ DIFERENCIA entre os actos institucionais que organiza a Administración na que goberna o PSOE e os actos nas Administracións que manda o PP.

Moitos non coñecen ou non valoran estas diferencias. Os socialistas facemos actos de respeto institucional , de respeto á cidadanía. O PP fai actos partidistas, sectarios,sen respecto ós cargos de outro signo...Isto ninguén o valora, nin aporta apoios...Inda que probablemente deberemos seguir facendo as cousas cómo deben ser...

GRANDE MANIFESTACIÓN EN OURENSE POLA SANIDADE PÚBLICA

Sobre 5.000 persoas ..reales. Ourensans saimos en manifestación para amosar a nosa defensa sa Sanidade Pública. Unha reacción contra as medidas de RECORTE nos servicios públicos sanitarios na nosa Provincia de Ourense, que sofre o desprezo do goberno Feijoo.

Ningún outro goberno se atreveu nunca a medidas drásticas de retraso nas Inversións Programadas, a recorte de persoal e medios técnicos. Os ourensáns somos tratados como cidadáns de terceira por este goberno do PP.

A Xunta do PP trata a esta provincia cómo si fóramos de inferior categoría, tiveramos menos dereitos. Menospreciannos porque pensan : total seguen votando ó PP...

Por eso a manifestación hai que continuala o 22 de Maio e en cada proceso electoral...Estes que estaban acostumbrados a telo poder total...Xa só gobernan en 56 concellos (menos do 40% dos veciños )e a deputación teñenna por 2 deputados...

miércoles, 6 de abril de 2011

ESPECTACULAR INAUGURACION


A alcaldesa do PP de Ramirás inaugurou onte un ASCENSOR. É un bó balance da sua xestión a fronte do Concello, despois de máis de 40 anos no cargo. Menos mal que dentro de 46 días chega o Cambio. O PP BALTARIANO segue a ser noticia polas suas aportacions peculiares.Da vergoña.

martes, 5 de abril de 2011

Resposta EDAR Ourense

A Ministra de Medio Ambiente ratificou de novo a vontade do goberno de executar a nova EDAR (depuradora) de Ourense, que terá un presuposto de 79 M € (nos orzamentos deste ano iban mais de 4).

Afirmou que fai días remitiuse a Augas de Galicia o cronograma e Convenio para asinar (segundo o convenio marco de colaboración para este tipo de obras,igual que A Coruña,Lugo,Vigo etc).

Para acelerar actuación, en canto a Xunta asine o convenio, contratarase Proxecto e Obra conxuntamente.

SENADO

No pleno o presidente Zapatero respondeu as Preguntas. Con contundencia, elegancia e argumentos. O PP coma sempre aporta cabreo e tensión.Cero propostas.

O único representante do Bng volve a traer preguntas de control ó Goberno socialista.

Na primeira cuestión o ministro (galego) de Fomento reafirmou os compromisos da Alta Velocidade. Neste ano haberá Alta Velocidade en Galicia (Ourense-Santiago-A Coruña). O próxima día 13 asinará co Concello de Ourense o Convenio para a entrada e Estación do AVE .A Xunta NON se suma a ese convenio...quedará fora.As inversions non poden agardar por quén nada aporta.

Os ourensans ignoran o electoralismo que fai o PP. A proba hai uns días: ante a chamada da CEO (debe ser a primeira convocatoria do presidente dos grandes empresarios),da Cámara,dos Constructores,do PP, co apoio da Xunta,e os colectivos dependentes da deputación...tiveron á resposta de ser máis os colectivos convocantes que os veciños asistentes (creo que 230 aprox.).

O boicot do PP á chegada da Alta Velocidade queda ó descuberto e non lle gosta nada ós ourensáns.

Por eso queda en evidencia o despiste que trai algún ...

Dentro de pouco preguntará pola depuradora que todos saben que está en marcha,coa tramitación necesaria...

Alguns non aprenderon...e parece que siguel sin aprender...

Reunión Ferraz

Reunión do Comité Federal de Campaña con representantes provinciais para tratar as liñas da próxima campaña,que en Galicia é só municipal.

O PP afronta esta campaña descolocado, sin líder, sin propostas para os Concellos. Só lle interesa as eleccions xerais. Sempre se equivocan de eleccions.Por eso creo que perderán as eleccions municipais. Porque as afrontan con falta de respeto ás institucións que vamos elexir.

E logo con ese candidato vacío, sen ideas, sen gañas de facer cousas...tamén perderán as xerais.

lunes, 4 de abril de 2011

OURENSE EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA: O XOVES A RÚA

Hoxe facemos unha xornada de sobre a defensa do Servicio Público de Saúde que tanto nos costou construir os socialistas.

A chegada de Feijoo á Xunta trai a amenaza de RECORTE e BEGOCIO coa Sanidade Pública, coa Educación e coa Atención á Dependencia. Conquistas e avances polo traballo dos Socialistas nos diferentes Gobernos.

Agora toca defendéla na rúa.

Será o XOVES as 8 da tarde en Ourense (no Pavillón dos Remedios).

TEMOS QUE ESTAR ALÍ.

domingo, 3 de abril de 2011

Pola Provincia

O Comité Electoral reuniu o sábado pasado ós Candidatos "noveles" para traballar sobre a próxima campaña.

Nas anteriores eleccions incorporamos máis de 50 candidatos novos, que fixo que conseguiramos vintetres alcaldías e varios cogobernos con outras forzas.

Desta vez son xa corenta e un (41) os novos candidatas-os á alcaldía. E son xa más de vinteunha as mulleres cabeza de lista.

PP : con miedo a perder

O PP quedou descolocado co anuncio de primarias para elexir o novo candidato socialista á Presidencia do Goberno.

O partido que no 2003 anunciou que o presidente da guerra non volvería a presentarse,e que designou A DEDO o seu sucesor, que acabou perdendo duas veces seguidas e ten o indice de valoracion máis baixo de calquer xefe da oposición que o conducirá a terceira derrota, non entende que o presidente renuncie a ser candidato de novo e anuncie o compromiso de continuar o traballo neste momento tan crítico para a nosa economía e a dos cidadáns.

Sen dúblida esta actitude tan pouco respetuosa reflexa o "medo a perder".

A actitude do PP en toda a lexislatura de boicotear toda acción de reforma que impulse o goberno para reaccionar ante a grave crise económica mundial, pretendía sacar partido electoral para obter o poder sen importarlle facer dano a España. Un partido que na lexislatura na que pode rematar o terrorismo,na que houbo máis detencións e desarticulacions , non dubida en utilizar este tema para desgastar o goberno, na idea de que eso pode axudarlle a chegar ó poder.

É curioso. A DEREITA económica creou unha crise mundial, pola súa avaricia e abusos,pola falla de normas de control,por basarse na especulación e gañancia rápida. A DEREITA POLÍTICA quere sacar tallada política desa situación,intentar quitar ventaxa electoral.

Os seus ardores patrióticos (que só lle saen ante os desfiles militares parece) non lle impiden traballar contra a recuperación económica ou dificultar o fin do terrorismo.

viernes, 1 de abril de 2011

O PP coa cadea de extrema dereita INTERECONOM

O presidente da Deputación,BALTAR, e o da Xunta, FEIJOO, tiveron o luns pasado unha convivencia coa cadea Intereconomía.

Na tourné do medio ultra estiveron coñecidos demócratas e xente honesta como Mario Conde,departindo co presidente da Xunta e o da Deputación.

Utilizaron bens públicos. Non foi para promocionar Ourense porque calquera que os escoite fuxiría e iría a calquer lugar menos á nosa terra. Os que o viran pensarían que estamos no século XIX ou nos do chupauntos e das bruxas.

A extrema dereita en todo o seu esplendor.A que fai funerales ó dictador.

E a dereita que sifrimos. O verdeiro rostro de Feijoo e o PP.Esa é a dereita que quere estar nos Concellos. É a dereita que manda na Xunta.Revanchista, sectaria. Corrupta.Que quere acabar coa sociedade progresista e tolerante que fixemos.Que quere montar negocio onde nós construimos servicios sociales, educación gratuita, pensions xustas,sanidade pública, atención a dependencia, igualdade para a muller, becas para os máis necesitados,libros gratuitos,cursos de inglés,ordenadores nas escolas....

Esta é a dereita que cunha mentira sobre unha sillas, agora fai por mil millons de euros un hospital (Vigo) que só costa trescentos para negocio de unha empresa.A dereita que en canto chega unha autovía a contrata polo doble. Para decir que aforran uns centos de euros nunhas sillas que usan dilapidan centos de millons, impunemente.

Unha dereita que investiga e persigue ós Sindicatos que non son do seu pau..

En fin a dereita de sempre,a do pasado.

FABRICA DE MELÓN: LLEGÓ FEIJOO Y MANDÓ PARAR

Chegou Feijoo..."y mandó parar".

De novo o Presidente da Xunta crea unha nova frustracción na Comarca.

De novo Feijoo mentíu nun tema importante para a nosa comarca. Contou unha mentira moi grave, creando ilusións falsas,xogando coas aspitación dos parados e da xente nova desta comarca ou da que nos deixou para buscarse a vida fora.

Despois de anular o Parque Empresarial de Carballeda de Avia, despois de NON contratar a urbanización do Parque Empresarial de Melón, despois de retrasar e non gastar o previsto para a Ampliación do Parque Empresarial de Ribadavia...quixo crear ilusión para aproveitarse electoralmente. Hai cousas coas que é indigno xogar.

Cada proceso electoral o PP crea empresas de ficción que logo quedan en frustracións.

Por eso esiximos que FEIJOO cumpla ese compromiso. Que poña en marcha contratando a través de Xestur a obra de urbanización do Parque Empresarial de Quins-Melón. Que a empresa inglesa de fabricación de vehículos eléctricos se instale en Melón .Que se destinen as subvencións comprometidas a esta ou outras empresas que se instalen no Ribeiro. Que se creen os 1.000 postos de traballo que anunciou.

É mentras tanto non merece a confianza dos veciños da comarca do Ribeiro.

A plaga Feijoo está sendo mortal en dous anos. O que nos pode pasar nos dous anos que lle quedan...