jueves, 20 de enero de 2011

CONTRADICIONS AS DO AMIGO DE RUBIN




Hoxe na habitual columna anónima, e delegado de La Voz,amigo do delegado da Xunta, fai unha crítica sobre as contradicions que vé entre a miña postura de defensa dun polígono de reciclaxe no Ribeiro e a contraria contra a Incineradora do lixo do sur de Galicia que promove o PP.
Eu sigo defendendo o parque de industrias ambientais, como un sector de futuro da economía galega que debemos desenrolar na nosa terra. Porque é conveniente para o medio ambiente que tódolos productos que deixan de ter uso ,se recupere os compoñentes para producir novos productos para o consumo.E porque esto xenera unha actividade económica, que crea emprego e riqueza, e si eso sucede na miña comarca estaría orgulloso.E todo eso o saben os expertos en medio ambiente, as persoas que saben da innovación,os da universidade,os empresarios (a Cámara de ourense organizou unhas xornadas hai uns días para descobrirlle ós emprendedores da provincia as oportunidades que se abren neste sector). Ata o saben os veciños da comarca que foron ver o parque de reciclaxe de Zaragoza,e o saben os veciños que asisten ás nosas charlas ,que é unha actividade tan limpa e máis ca de calquer actividade de calquer industria.
......
Outra cousa diferente é o proxecto dos que queren instalar aquí unha Incineradora para queimar todo o lixo que se produce no Sur de Galicia (nesas grandes areas urbanas onde si teñen o traballo e a industria), cunha Macroplanta para almacenar,con Vertedeiro, con emisions.
Querer mezclar cousas diferentes é falsear a realidade.Repetir as mentiras dos que demonizaron a reciclaxe, creando confusions por interes partidistas sen importarlle que fundiran unha vez máis a nosa comarca. E todo para logo crear unha Incineradora.
...
Estes sí que tendes unha CONTRADICIÓN, amigo.

Antes combatistes un proxecto limpo de empresas de reciclaxe cun centro tecnolóxico, que poidera atraer outras moitas actividades relacionadas co medio ambiente (como agora a planta de baterías de coche que Zapatero consegiu en Japón e que a Xunta do PP quere levar para Salvaterra ...cousa que a min me parece ben para os dalí..)., e agora defendedes e calades (ou tí queres axudar a confundir) ante o proxecto de Feijoo dunha Incineradora que almacene e queime todo o lixo,toda a basura sí.Esta vez sí.Agora andan buscando terreos para a empresa,intentando convencer a veciños de aldeas que quedaron desertas porque os xóvenes se foron buscar traballo noutras terras.

Tendes unha contradición os que acusastes falsamente a outros de que iban traer lixo, e os que calades ou promovedes un proxecto para almacenar e queimar 500.000 toneladas de lixo cada ano, durante 50 anos, concedido a una empresa a dedo, nun concurso eólico,sen proxecto,sen ubicación,sen estudos ambientais.E os que agora queredes tapar ó delegado do goberno promotor da incineración.
Os que encheron con carteis as casas, con pancartas, con pintadas nas propiedades de outros,que abuchearon e interompiron actos públicos, mitins,etc...eses tendes unha grave CONTRADICIÓN.
Así que acostumbradevos a vivir con ela. Polo menos durante os próximos 50 anos.
Nós estamos obrigados a lembrarvolo.




miércoles, 19 de enero de 2011

Senado:Estatuto Extremadura

O peche do Pleno será co debate da reforma do Estatuto de Extremadura.
Unha ocasión para saudar a amigos como J.Ramón Ferreira (ex-alcalde de Hervás) agora presidente do parlamento extremeño.
Unha ocasión para sentir cobiza porque outros teñan un Estatuto de segunda xeración, do século XXI, cando en Galicia por culpa do PP,de Rajoy e Feijoo, non vamos ter este novo marco con máis capacidades para dar respostas ós problemas da nosa terra e os que vivimos nela.
Rayoy e Feijoo son os responsables deste aldraxe permanente, de que a nosa terra non sexa vangarda e dos primeiros.

Senado : modificación Lei Electoral

Hoxe continua o pleno do Senado.O pleno no que se abre a posibilidade de intervir nas diversas linguas oficiales (debate de Mocions).
Tamén é o pleno no que conclúe o debate da modificación da Lei Electoral.

martes, 18 de enero de 2011

ALTA VELOCIDADE


Hoxe o ministro José Blanco informou no Senado, da licitación por 6.000 millons de euros (1 Billon de pesetas) da obra completa (vías,infraestructuras,manteñemento...) do que falta por contratar da liña de Alta Velocidade de Ourense con Madrid e as demáis cidades galegas co resto da A.V. de España e Europa.
Algún cargo do PP sigue contando a historia dos datos de execución das cantidades presupostadas nos diferentes exercicios...fai uns días Celso Delgado daba as cifras de execución do 2o10 con datos de xullo...
Pois xa non vamos discutir si os 87 millons no territorio provincial da liña Ourense-Lubián son poucas ou moitas....Agora QUEDA TODO CONTRATADO, por 6.000 Millons de euros. A maior aposta inversora feita nunca por ningún goberno , faina o goberno PSOE coa provincia de Ourense e con toda Galicia.
Esta é a razón das operacions de despiste do PP. Hai que tapar este fito histórico. Lástima que o despiste do BNG as veces tamén contribúa a xustificar esta intentona do PP e Feijoo de retrasar toda inversión que planifica Zapatero na nosa terra.
Só así se pode entender as manobras de artificio de reclamar actuacións IMPOSIBLES técnicamente (entre outras por razons de rasante), para retardar a obra da estación e a operatividade da Alta Velocidade.¿Cómo se pode pretender que a entrada a estación esté moitos metros máis enterrada que a saída dirección Santiago ?¿qué van pasar o Ave en ascensor dunha punta a outra da estación?¿ou vamos inventar a vía de tren en cascada?...
Lamentable o PP dándolle para atrás as inversions fundamentais para que Ourense gañe o futuro e consiga o que se lle negou por séculos...
Coa mellora do trazado que introduxo o ministro, tamén será posible realizar unha nova Estación na entrada da provincia en A Gudiña que levará o nome Estación Porta de Galicia.

lunes, 17 de enero de 2011

INCINERADORA NON, UNHA VEZ MÁIS

Hoxe realizamos unha Comparecencia ante os Medios para anunciar o posicionamento ACTIVAMENTE en contra da medida do Goberno do PP de modificar o Plan de residuos para crear unha Macroplanta-Vertedoiro-INCINERADORA no Sur de Galicia, adxudicada no concurso EOLICO a unha empresa de Burgos para os próximos 50 anos,no entorno do limite da nosa provincia de Ourense coa de Pontevedra.

martes, 11 de enero de 2011

CURSOS ESCOLA FORMACION -XANEIRO

Cursos Escola de Formación mes de Xaneiro:
O día 15:
-C.Politicas municipais dos socialistas (LUGO)
-Motivación e Comunicación interpersoal-comarca de Santiago e Barbanza

O día 22:
-Planificación Campañas-provincia Pontevedra
-Motivación e comunicación interpersoal-comarca de Ourense
-Taller Redes Sociais para Candidatos prov Coruña e Lugo

O día 29:
-Motivación e comunicación interpersoal-nunha comarca provincia Lugo
-Taller redes Sociais para candidatos provincias Ourense e Pontevedra
-Politicas municipais para a Igualdade

lunes, 10 de enero de 2011

COMPARECENCIA


Hoxe comparecemos Elena Espinosa,Alberto e máis eu para facer balance do 2010.
Intervimos os tres, repasando a xestión do goberno do Estado,con referencias especiais ó feito na provincia de Ourense.
Non creo que saia moito,inda que os xornalistas acudiron a maioría...
Nas próximas semans percorreremos a provincia con reunions nas distintas comarcas. Non queda outra que contarlle á xente directamente as políticas do goberno...
Cos medios témolo difícil.
Calquer mentirijilla do PP tén a máxima difusión. A versión do goberno non se difunde.
Estes días saen cada día ás mentiras de Celso Delgado, as trolas de Baltar,os do Non da Xunta...
Nos medios públicos (TVG,RAG...) xa sólo sae o PP. Nos privados,por unhas razóns ou por outras,o mesmo...Volve o Nodo.
Pero non vamos CALAR. Eu nunca o fixen. E a estas edades nin de coña.

viernes, 7 de enero de 2011

RECORD DE PARO ,MARIÑEIROS SECUESTRADOS;GALICIA INUNDADA....FEIXOO NO BRAZIL




Feijoo I, el Cínico, desfruta estes días do clima brasileiro. No Ribeiro estamos inundados e ninguén da Xunta veu a visitarnos nen a preguntar.Por suposto ningún plan. ..Mentras Galicia marca o máximo crecemento de parados, o noso presidente que boicoteu a conferencia de Presidentes no senado para acordar un plan conxunto de tódolas autonomías para favorecer o emprego, despois de meses de plató en plató, foisenos ás belas praias do nordeste brasileiro...O que esixía que a vice do goberno se viñera dunha viaxe oficial para dirixir a liberación dos mariñeiros do Alakrana que acabou en éxito, agora mentras outros mariñeiros sofren secuestro ,Feijoo non anula o seu.
Para tapar o fedor, Roberto Alcazar, acudiu hoxe o parlamento para entregar un compromiso de etica que nuns días será obligatorio por Lei. Así a modificación da Lei Electoral que xa pasou o congreso aprobará dentro de dez días no senado, que en período electoral non se poden facer actos a través das institucions que supoñan ventaxa partidista. Tamén prohibe outras moitas cousas.Entre las fai casi imposible as Mocions de Censura con TRANSFUGAS. ¿Por qué non meterían no seu compromiso ético o de non levar nas listas tránsfugas,o de non beneficiálos, o de non favorecélos nas axudas e subvencions da Xunta e deputacions...?