Hoxe o Consello de Ministros tramitou a LICITACIÓN dos tramos e obras pendentes de construcción e manteñemento da Alta Velocidade a Galicia. Será a través de obra pública con colaboración privada.
O cifra é próxima ó BILLÓN de pesetas = preto de 6.000 millons de euros. A obra pública de maior calado e esforzo da recente hestoria. E Galicia...é a beneficiaria.
Un día grande.
Hoxe asistín á toma de posesión do novo Delegado do Goberno,Miguel Cortizo, a quén coñecín como deputado e dende entón de compañeiro pasou a ser amigo.No acto a nova foi precisamente "a licitación". O Ministro de Fomento, José Blanco, foi xeneroso nas palabras diante dun presidente da Xunta,que representa ó PP que nin aportou un esforzo para ese logro, e ademáis está a facer todo o posible para que se ATRASE.
O acto fíxome reflexionar sobre QUÉ DIFERENCIA entre os actos institucionais que organiza a Administración na que goberna o PSOE e os actos nas Administracións que manda o PP.
Moitos non coñecen ou non valoran estas diferencias. Os socialistas facemos actos de respeto institucional , de respeto á cidadanía. O PP fai actos partidistas, sectarios,sen respecto ós cargos de outro signo...Isto ninguén o valora, nin aporta apoios...Inda que probablemente deberemos seguir facendo as cousas cómo deben ser...
No hay comentarios:
Publicar un comentario