martes, 28 de diciembre de 2010

INOCENTADA....DE FEIJ 00


Hoxe foi un día importante para o Ribeiro. Unha nova ponte sobre o río Miño mellora a comunicación entre as duas ribeiras da comarca.Durante décadas foi un impedimento para comunicar ós veciños e empresas.Ata que chegaron os socialistas á Xunta,en toda a comarca non podía cruzar un camión de máis de 10 Tm.Nunha comarca de adegas e outras empresas que precisaba ese tránsito.Os socialistas diseñaron,programaron e executaron unha ponte en Cortegada,outra en Barbantes e esta de Castrelo-Ribadavia.
Hoxe o Feijo cero cero, o mesmo que parou un novo poligono industrial na comarca, o que retrasa a ampliacion do poligono de Ribadavia e a instalación de industrias,o que retrasa estradas como a Beade-Pena Corneira que os socialistas deixamos para adxudicar...ese mesmo veu poñer o traxe que fixeron outros.Veu aparecer como o que fixo esta infraestructura que deixaron os socialistas.Ata cambiou o letreiro para poñer "plan Move".Ningún recoñocemento.Menos mal que un ponte a punto de terminarse cantaría moito para parálo...
Era o 28 de decembro. O Día dos Inocentes.....

sábado, 18 de diciembre de 2010

COMITE NACIONAL




Hoxe tivemos a última reunión do ano do Comité Nacional.
Non vou comentar máis,porque os medios da dereita xa se encargan de desinformar para tapar as críticas severas o goberno do PP da Xunta,o máis ineficaz e retrogrado da historia democrática galega.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

PP OURENSE :PERSISTE A DIVISIÓN



O PP da provincia de Ourense, co seu liderazgo de herencia,continúa cos episodios de división.
A prepotencia do Nene,presumindo de ir mercando concellais e tránsfugas,paréce que lle están dando nos morros.Cada día vanse concellais do PP.En distintos puntos da provincia moitos cadros que levan décadas traballando para o PP ,agora vanse. Porque este só quere xente obediente á famiglia.
Pola provincia queda claro que hai dous partidos de dereita: a dereita caciquil da familia Baltar, e a neo-ultradereita de Feijoo e os seus delegados na provincia.

Días pasados dimitían o maioría do grupo de Amoeiro.En semáns anteriores tíñanse sucedido outras rupturas.Membros do PP de Xinzo de Limia,unha das principales poboacións da provincia,rompen co PP e promoven unha candidatura independente. Varios concellos da Limia e Verín poden seguir ese camiño.Moitos cadros cabreanse polas visitas pastorales, con fotógrafo,do presidente herdeiro que vai de aldea en aldea sinalando co dedo quén é o seu enviado.Algúns despois de moitos anos xa non están para tragar estes comportamentos.O que lle aguantarían ó pai, non llo permitirán ó fillo...

O fillo, puxo candidato na cidade de Ourense.Contra a vontade dos cadros do PP, dos que curran as eleccións. E debeulle parecer pouco, que agora vai e defunciona ó presidente recentemente elexido.Nóvoa foi dimitido. O dedo sinalou quén vai mandar nos afiliados do PP de Ourense. O herdeiro administra a finca. A mentalidade de dereita parécelle normal que as cousas se fagan así. Moitos entenderán que a democracia sempre hai que conqueríla.Nunca é un regalo...E a unión e cohesión non teñen porque confundirse cos caprichos e a dictadura. Autoridade e Autoritarismo son cousas diferentes.

Os afiliados do PP nesta provincia son os máis necesitados de aires de democracia. E para elo hai unha tarefa importante. Cambiar o goberno na deputación provincial e outros símbolos da rede caciquil medieval da famiglia.
As próximas Eleccions son a mellor ocasión para facer contas e conquistar a DEMOCRACIA na nosa provincia.


CURSOS Escola Formación

No mes de decembro a Escola de Formación do PSdeG oferta varios cursos:
sábado día 4 :
-Politicas Municipais socialistas :ideas programa (para cargos provincia Pontevedra)-Vigo.
-Liderazgo e traballo Equipo (para calquer militante)-sede Santiago
sábado día 11:
-Politicas Municipais socialistas:ideas programa (cargos provincia Ourense).
-Comunicación Política (aberto para calquer militante)-sede Santiago
sábado 18:
-Planificación Electoral-desenrolo Campañas (calquer candidato ou membro comité electoral)-sede Santiago
E necesario inscribirse sede PSdeG.