miércoles, 27 de junio de 2012

COMISION FOMENTO Senado: preguntas de Ourense

Hoxe celebramos sesión da Comisión de Fomento do senado.
Nela farei 16 Preguntas diferentes (algunhas escritas non contestadas adecuadamente) con diferentes asuntos de Galicia,en boa parte de Ourense. Dende a estación do AVE, ata o prezo e servizo de Tren...Dende a A56 (autovía a Lugo) e Variante Norte da cidade, a A76 (Ourense a Ponferrada),o rebaixe peaxe AP53 (Santiago)...Un repaso 6 meses despois.
http://www.senado.es/canal_senado/agenda/agcanal_26_2012.htm

domingo, 24 de junio de 2012

VALORACION Cumio RIO+20

Hoxe reunirémonos en Madrid  con Rubalcaba e as principais organizacións ecoloxistas de España.
Faremos unha valoración das Conclusions do Cumio de Nacions Unidas para o desenrolo Sostible.

martes, 19 de junio de 2012

Senado e Dignidad

Onte defendín no pleno do senado o Veto ó Presuposto do ministerio no apartado de Medio Ambiente,Cambio Climático e pesca no nome do Grupo Socialista.
Hoxe viñeron ver a votacion da Enmenda 1845...as mulleres da Mina.
Con moita dignidade estiveron no Pleno,encheron de dignidade o Senado.Reclamando o cumprimento dos compromisos coas suas comarcas na transición dun tema problemático, esixindo vida para os seus mentras se fan os cambios.O grupo socialista despedíunas cun aplauso caluroso e solidario.Con tímidas bágoas en moitos de nós.

sábado, 16 de junio de 2012

OS PRESUPOSTOS NO SENADO

A próxima semán chegan para debate no Senado os Presupostos do estado 2012.
Virán acompañados da Reforma Laboral e outras propostas do Goberno PP.
Será un Pleno longo.Do luns 18 ata a noite do xoves 21 (ou 22 )...

jueves, 14 de junio de 2012

COMISION MEDIO AMBIENTE: 11 Preguntas, maioría de Ourense

Hoxe celebramos sesión da Comisión de Medio Ambiente no Senado.
Comparecencia sobre Río +20, o Cumio de Nacions Unidas sobre un novo modelo mundial basado na Sostenibilidade.O futuro do mundo a debate,Nos próximos días.En Río de Janeiro.
A orde do día complétase con 11 Preguntas,todas miñas.Moitas referidas a asuntos da provincia de Ourense: verquidos dos polígonos ó Barbaña, nova Edar de ourense, a Sede da confederación hodrográfica do Miño,o plan hidrolóxico da conca Miño-Sil, o centro de Interpretación dos Parques Naturales de Galicia en Ourense...Todos proxectos iniciados polo anterior goberno socialista e que non queremos que se paren ou aparquen.A provincia non pode tolerar máis freos dos que os tempos xa nos teñen causado.

viernes, 1 de junio de 2012

DIA MUNDIAL MEDIO AMBIENTE: DEFENDENDO NO SENADO

O próximo martes,día 5, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Eu celebrareino da mellor forma: defendendo no pleno do Senado a Moción consecuente da Interpelación que formulei ó Ministro no pasado Pleno.