jueves, 28 de octubre de 2010

Asamblea PLATAFORMA pro Parque Empresas Ambientais

Hoxe celebramos Asamblea da Plataforma Sí Parque Ambiental.
O salón de actos da Casa da Cultura de Ribadavia encheuse de novo. A ilusión por este proxecto é patente. A demanda de creación de solo industrial é un clamor na comarca. A Xunta do PP parou este Polígono Industrial especializado en reciclaxe e industrias ambientales.
O Ribeiro quere empresas e traballo. Empresas con futuro.Que non poidan desmontarse nin ir a menos. Emprego de calidade ,que deixe aquí os nosos xoves, e traia aquí outros moitos.
O Ribeiro demanda este proxecto que lle volvería a dar vida a esta comarca, que lle daría traballo as pequenas empresas que perviven (comercio, restaurantes,taxis,constructores,camioneiros,xestorías,promotores de vivendas,propietarios de solares,productores de viño,gasolineiras,talleres,tecnicos de todo tipo, abogados, funcionarios,xubilados,traballadores que queiran mellorar o actual traballo...e sobre todo MULLERES, PARADOS ou EMIGRADOS que poderían retornar). A comarca parece que tén moi claro que quere que haxa empresas e traballo. Curiosamente hai un pequeno punto negro na vila capital da comarca que tén dúbidas....Coma sempre foi na hestoria.

martes, 26 de octubre de 2010

DE XESTIONS EN MADRID

Aproveitando a viaxe a Madrid, acudirei a realizar diversas xestions no Ministerio de Fomento.
Hoxe é o día que o grupo socialista realiza o agradecemento ás ministras-os que cesaron días pasados nas suas funcions.

miércoles, 20 de octubre de 2010

CAMBIOS NO GOBERNO

En poucas horas o Presidente Zapatero anunciará Cambios importantes na composición do Goberno.
Un cambio de ritmo para afrontar este período final de mandato. Cos presupostos consolidados,cunha maioría que lle da estabilidade ó Goberno socialista, requiríase un novo impulso para a actual situación.
A contraste negativo sería a perda do ministerio da ourensá e amiga Elena ...aínda é hora de agardar.

martes, 19 de octubre de 2010

PLENO SENADO

Martes e Mércores temos sesión plenaria no Senado.
O Xoves o Ministro de Fomento explicarános en Comisión a reprogramación do plan de infraestructuras.
No Congreso comenza debate Presupostos do Estado 2011,que se aprobarán por decembro,en base os acordos parlamentarios que os sustentan.

sábado, 16 de octubre de 2010

FELICIDADES A LAURA E CARBALLO


Hoxe estivemos en Allariz, acompañando a Laura e Carballo nun día grande de felicidade para eles e os que os queremos.

miércoles, 6 de octubre de 2010

A MAFIA DO TRANSFUGUISMO

A Mafia de Ourense do Transfuguismo arranca a precampaña, sen poñerse colorada,afirmando que continuarán buscando máis candidatos para, a cambio de premio,cambiar a vontade dos electores que os elexiron. Porque é extrano empezar unha Campaña Electoral con tanta falta de respeto.
Porque reafirmarse na vontade de MAIS TRANSFUGUISMO, é declarase culpable de corrupción política .Decirlle ós electores: os cargos que non consigamos co enchufismo,co amiguismo,co tráfico de influencias...faremos unhas operacions para aproveitando as debilidades dalgún (porque estén en paro, non teñan contratos as suas empresas,ou simplemente queiran sacar tallada) conseguir que poñan de alcalde ou o que sexa ó contrario do que vades elexiros veciños.
En calquer outro lugar, excepto en algún territorio siciliano ou napolitano, un cargo que manifeste tales intencións sería catigado co desprezo nos medios de comunicación, nas esferas sociais,empresariais...e por suposto co rechazo electoral.
Na provincia de Ourense tamén hai que usar o Voto contra esta Famiglia mafiosa que corrompe a vida en algúns concellos. O institución onde hai que simbolizar este cambio chámase Deputación.

Resulta simbólico que o letreiro que ensinan o herdeiro e o criado, foi diseñado por unha empresa que está no sumario do caso de corrupción e financiación ilegal do PP,chamado caso Gurtel.

Nota: as operacions de transfuguismo non só se fixeron onde había gobernos de coalición (nesta lexislatura P.Trives ,Vilariño C. ,A Veiga...en lexislaturas pasadas entre outras tamén Verea, Ribadavia,Maceda,Melón,,..practicamente toda a xeografía provincial,e todo tipo de cargos e siglas), tamén se fixeron onde había MAIORÍA ABSOLUTA dos socialistas (Calvos de Randín...anteriormente Castrelo Val,Castro Caldelas...).E decir onde os veciños decidiron dar maioría total de goberno tamén deron golpes contra a democracia con operacions de compra de cargos.

martes, 5 de octubre de 2010

COMPROMISO DO MINISTRO DE FOMENTO ESTACION AVE OURENSE

Hoxe manifestou o Ministro de Fomento,no pleno do Senado,o compromiso para a crear a Estación Intermodal na cidade de Ourense ,en chegar a un acordo con Concello e Xunta que permita que se axilicen os trámites para a súa construcción.

Afirmou que a chegada do AVE fará que Ourense esté a "vangarda" do futuro ,sendo a primeira cidade de Galicia en télo ,afirmando o ministro a prioridade en fixar os costes, establecer os acordos e pechar o Protocolo,lembrando que a actuación suporá unha inversión de "500 millons de euros".Lembrou que no 2011 poráse xa en marcha o AVE entre Ourense e Santiago de Compostela , que a alta velocidade con Madrid chegará a Galicia a fin de 2015 e que nese intre as actuacions das estacions intermodales estarán en marcha ou executadas".

domingo, 3 de octubre de 2010

FEIJOO SUPRIME POLIGONOS INDUSTRIAIS NO RIBEIRO


O Presidente da Xunta anuncia a paralización da ampliación do Polígono Industrial de Ribadavia, no que teñen solicitado instalarse varias industrias. De novo cheira a Delegado da Xunta ...
Parece broma que neste momento de crise económica, o goberno da Xunta, pare a instalación de diversos proxectos de empresas, que están agardando que se amplíe o solo industrial do Poligono de San Cristobo en Ribadavia, e diga que non vai executar esa ampliación de solo industrial mentras moitos deman dantes de emprego agardan un traballo ou... se marchan da comarca.
Isto súmase a paralización ou anulación do Polígono Industrial de Industrias Ambientais en Carballeda de Avia. Mentras as industrias de reciclaxe vanse fora de Galicia, para Portugal e outras Rexións.Mentras o Centro Tecnoloxico da reciclaxe segue sen facer e sen desenvolverse un sector que podía ser punteiro en Galicia.
Neste caso NIN FAI NIN DEIXA FACER. Porque tamén boicotea que o faga o Concello en colaboración con outras Administraccions.
Feijoo non tivo tempo en 19 meses de recebir os promotores deste Proxecto Empresarial,mentras recorre tódolos platós de TV,e fai campaña para o PP no Pais Vasco,en Cataluña,en Asturias...
Mentras perdemos a posibilidade de presentar a candidatura a proxectos que podían vir para o Ribeiro como a fábrica de baterías de litio para coches eléctricos(que consegiu Zapatero no viaxe a Xapón) e que traerá 200 postos de traballo no inicio e que chegarán a mil cincocentos.....que no mellor dos casos quedará pola zona de Vigo.

sábado, 2 de octubre de 2010

INTERPARLAMENTARIA SOCIALISTA



Reunión dos Parlamentarios Socialistas.
Senadores,Deputados no Congreso e Parlamentarios Galegos.
Coa presidencia do Secretario Xeral.
Coordenación para traballar por Galicia.

viernes, 1 de octubre de 2010

Comparecencia PRESUPOSTOS 2011

Hoxe demos conta dos Presupostos do Estado para 2011 no q1ue afecta á provincia de Ourense.
Uns presupostos de axuste,para poder cumprir os obxetivos de reducción do déficit público.
Por elo as cantidades que figuran para Infraestructuras son as axeitadas para o exercicio e garantízanse a continuidade de tódalas grandes actuacions que van cambiar a provincia de Ourense. Outras moitas que figuran con pequenas cantidades xestionaránse a través da colaboración Público-Privada.Deste xeito que algunhas actuacions que poden realizarse por este sistema, non computan para o Déficit e serán realizadas incluso máis rápido.
Por este sistema realizarase a metade da Autovía A56 Ourense-Lugo.
A Autovía A 76 Ourense-Valdeorras-Ponferrada.
A Alta Velocidade Ourense a Vigo do AVE.
A Alta velocidade Ourense a Santiago rematará nese ano e poderá entrar a funcionar.
A Alta Velocidade Ourense ata Madrid estará no ano 2011 totalmente en obras naqueles tramos que ainda non están rematados ou en obra (quedan uns 70 km).Parte importante será tamén coa colaboración Público-Privada. No presuposto hai importantes partidas tanto en Ourense coma no límite en Zamora nos tramos en execución.
Hai partidas para outras fases de outras importantes infraestructuras...
E sobre todo un esforzo no Gasto Social, que na provincia de Ourense tan importante é.
Seguro que nos medios sale pouco o que explicamos...algún incluso se levantou os quince minutos de empezar a Roda de Prensa (vaia servicio públicos que temos...). Pero recorreremos a provincia explicando os datos, coa palabra.

ALGUNS DATOS Presupostos Estado

PRESUPUESTOS GENERALES DEL ESTADO 2011 OURENSE INVERSIÓN TERRITORIALIZADA:253.080 (Miles de €uros)

SECCIONES

2.011 Ministerio de Defensa... 0,49 M. de Economía y Hacienda... 103,00 Ministerio de Fomento... 38.116,00 M. de Industria, Turismo y Comercio... 2,77 M. de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino... 22.710,00 M. Cultura... 110,00 Total Admón. Gral. Estado.............. 61.042,26 Total Empresas y Entes Públicos......... 192.029,68 Total Seg. Social Total PGE. Empresas y Entes Públicos. Seg. Social 253.071,94


_________________________________________________________ PARTIDAS MÁS IMPORTANTES (Estado, Empresas y Entes Públicos) Autovía Verín-Frontera +Puente Feces... 134,00 Variante Norte Ourense N-120/N- 525 (PC)... 134,00 Autovía A-56 Ourense-Lugo (PC)... 268,00 Autovía A-76 (Ponferrada-Ourense (EI)... 15,00 Circunvalación O Barco de Valdeorras... 114,00 Conservación y Mejora de Carreteras y Seguridad Vial... 27.400,00 Enlace A-52-Carballeda... 50,00 L.A.V. Lubián-Ourense... 87.061,00 L.A.V. Ourense-Santiago (sólo Ourense)... 83.546,00 LAV Ourense-Vigo... 896,00 LAV Ponferrada-Monforte (EI)... 81,00 Convenio ADIF para Infraestructuras Ferroviarias...
----------------------------- 8.591,00 Saneamiento y Depuración Aguas.... 2.706,00 Caminos Naturales... 245,00 Actuaciones varias en Infaestructuras Hidraúlicas... 7.313,00 Sede Confederación hidrográfica Miño Sil... 3.000,00 Abastecimiento Agua Ourense... 9.719,00 EDAR Ourense... 4.080,00 Regadíos Limia (Varios Proyectos)... 50,00 Vía Nova (Plan Director)... 40,00 Biblioteca, Archivo Ourense... 70,00 Correos y Telégrafos... 670,00 Remodelación Edificio del Banco de España... 1.000,00