lunes, 13 de junio de 2011

A IGREXA DE OURENSE CO PODER DOMINANTE

Hoxe coñecemos a decisión do Obispado de retirarlle as funcións de sacerdote ó concelleiro do PSdeG-PSOE de A Gudiña Antonio Fernández, unha vez que tomou posesión o pasado día 11.
O acto do Obispado é unha coacción grave e un ataque contra un Dereito Fundamental dos recollidos na Constitución Española, que garantiza que todo cidadán tén dereito a ser elector e ser elexido, e a desempeñar o cargo para o que resulte elexido con total libertade.
A Igrexa non pode impedir nin condicionar o exercicio de dereitos tan fundamentales. Pode exercer as suas creencias e realizar as accions derivadas das suas crenzas sen atacar os principales dereitos constitucionais. Por elo algunha vez haberá que levar ó tribunal Constitucional estes comportamentos da Xerarquía Eclesiática.
Resulta curioso que o Obispado sexa cego ante os comportamentos partidistas de boa parte do clero ourensá que pide o voto nos pobos desta provincia a favor do Partido Popular, que permite que ocupen funcions nas suas institucions cargos do PP, que fomenta actos publicos dos caciques do PP polas diversas aldeas mezclando igrexa e política. E pola contra moléstalle que de forma excepcional un cura exemplar tome partido polos máis débiles da sociedade. A este Obispado os curas progresistas só lle valen para que vaian de misioneros.
Esta acción mostra como a Xerarquía ourensá está entregada ó Opus e outras organizacións sectarias e retrógadas.Non lle importa arrodilladarse ante os poderes da dereita, sendo cooperadores necesarios en séculos de dominación caciquil.
A Igrexa ourensá está arrodillada ante Baltar, e con esta actitude revela a súa sumisión o gran cacique provincial, deixando que sea él agora tamén quén decide quén é o párroco de cada parroquia.
A Xerarquía eclesiástica de Ourense debe rectificar esta actitude si quere salvar a pouca respetabilidade que merece entre os crentes da provincia. Os crentes sofrimos con esta actitude que nos fai sofrir na anguria de elexir permanentemente entre ser cristiano e ser da Igrexa.

sábado, 11 de junio de 2011

AUSENTE

Despois de algunhas semáns, reincorporome.

Nestes días a actividade foi semellante a de campaña. Múltiples reunions para traballar os acordos municipais. Preparativos cara a conformación do grupo provincial.Comités e Executivas.Senado.....