miércoles, 29 de septiembre de 2010

SAN MIGUEL

Día de San Miguel...día de Folga Xeral por convocatoria das organizacions sindicais.
Mañá temos unha sesión da Comisión de Fomento na que levo dous asuntos.
Unha moción do Bng pide un estudo sobre un futuro servicio de cercanías en Ourense.
A outra é unha Moción miña que formula o grupo Socialista referida ó impulso da Variante norte de Ourense,unha circunvalación que una a A 52 (Rias Baixas) coa A 52 (Autovía a Lugo) e futura A 76 (autovía a Valdeorras e Ponferrada).En fin, toca traballar.

martes, 28 de septiembre de 2010

SENADO: Comisión Medio Ambiente

Hoxe teremos sesión da Comisión de Medio Ambiente,Agricultura e Pesca do Senado.
Entre os asuntos estarán duas mocións do bng en relación coa tramitación dos Plans Hidrolóxicos , e outra sobre medidas de seguridade nas chamadas pozas de Melón (pobos de Tourón e Mestas).
Neste caso o Goberno socialista,a través do Ministerio de Elena Espinosa (Confederación Hidrográfica Miño-Sil) tén un proxecto de 480.000 € no que se prevé un sendeiro de 1130 m que dé acceso ó lugar, barandillas, escaleiras,un Mirador seguro,duas pasarelas (unha de 14 m cruza o río Cerves ),sinalización de perigo e sinalización informativa.Toda unha imnfraestructura turística, que non tén obriga de realizar a Confederación (está para outras cousas), pero que asume pola falta de accións dos organos con competencia legal: Concello (Deputación en auxilio del) e Xunta. O PSOE fai o que os do PP non fan,pese a ter obriga.
Nas duas a intervención do grupo socialista fareina eu.

martes, 21 de septiembre de 2010

SENADO:PLENO

Pleno no Senado.
Nesta sesión intervirei coa posición do grupo socialista nunha Moción referida as reprogramacions nas infraestructuras derivadas do axuste de recorte do déficit público acordado coa UE.
Pola noite teremos cea dos deputados e senadores galegos en Madrid.

martes, 14 de septiembre de 2010

O PRESIDENTE ZAPATERO NO SENADO

Pleno no Senado.
Na sesión de control estará o Presidente do Goberno cumplindo o seu compromiso de comparecer nesta Cámara para responder ante os cidadáns.
A sesión pódese seguir polo Canal do Senado.

domingo, 5 de septiembre de 2010

FEIJOO NON TEN TEMPO DE ATENDER PROBLEMAS PERO VAI DE VERBENA


O Presidente está ocupado.
Non tivo tempo para falar da posta en marcha dun polígono industrial que traia empresas e emprego ó Ribeiro.
Non tivo tempo para vir apoiar a Feira do Viño,aMostra de Teatro.....etc.
Mentras arde Galicia,mentras a poucos kilometros ardían na provincia 2.000 hectáreas que combatían membros de brigadas e militares,veciños de concellos ós que lle recortou o persoal para prevención e limpeza, o Presidente tivo tempo para ir de VERBENA.Alí estiveron de festa mentras traballadores e veciños loitaban contra un lume que acababa cos mellores espazos naturais na provincia.
Cuestión de prioridades.
Se foran outros seguro que alguns medios da dereita nos regalarían portadas e páxinas de raiba.
Ante estes insultos da dereita máis retrógrada, calan. É máis rentable.