viernes, 1 de abril de 2011

O PP coa cadea de extrema dereita INTERECONOM

O presidente da Deputación,BALTAR, e o da Xunta, FEIJOO, tiveron o luns pasado unha convivencia coa cadea Intereconomía.

Na tourné do medio ultra estiveron coñecidos demócratas e xente honesta como Mario Conde,departindo co presidente da Xunta e o da Deputación.

Utilizaron bens públicos. Non foi para promocionar Ourense porque calquera que os escoite fuxiría e iría a calquer lugar menos á nosa terra. Os que o viran pensarían que estamos no século XIX ou nos do chupauntos e das bruxas.

A extrema dereita en todo o seu esplendor.A que fai funerales ó dictador.

E a dereita que sifrimos. O verdeiro rostro de Feijoo e o PP.Esa é a dereita que quere estar nos Concellos. É a dereita que manda na Xunta.Revanchista, sectaria. Corrupta.Que quere acabar coa sociedade progresista e tolerante que fixemos.Que quere montar negocio onde nós construimos servicios sociales, educación gratuita, pensions xustas,sanidade pública, atención a dependencia, igualdade para a muller, becas para os máis necesitados,libros gratuitos,cursos de inglés,ordenadores nas escolas....

Esta é a dereita que cunha mentira sobre unha sillas, agora fai por mil millons de euros un hospital (Vigo) que só costa trescentos para negocio de unha empresa.A dereita que en canto chega unha autovía a contrata polo doble. Para decir que aforran uns centos de euros nunhas sillas que usan dilapidan centos de millons, impunemente.

Unha dereita que investiga e persigue ós Sindicatos que non son do seu pau..

En fin a dereita de sempre,a do pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario