lunes, 27 de julio de 2009

VIAXE. REGRESO




Despois de varios cambios de data,pola convocatoria de pleno no Senado,puiden realizar a viaxe programada.
Durante unha semán percorrín terras de Inglaterra e Gales coa miña muller.
Un achegamento a un país cercano en kilómetros pero alonxado por outras distancias seculares.
Desconectar do noso e coñecer a outros:un exercicio necesario. Agora imprescindible nesta nova época na que construímos Europa.
Pero agora toca regresar.

domingo, 19 de julio de 2009

MOSTRA DE TEATRO: 25 ANOS COMO INTERNACIONAL



Onte abríuse a 25 edición na nova época da Mostra de Teatro de Ribadavia.Un miragre que soupemos construir entre moitos,encadenándonos a ese obxetivo de non deixar morrer algo tan fermoso.
Corenta anos despois(sí 40) de que uns curas roxos montaran algo revolucionario nunha vila conservadora como ningunha,captando a un grupo de mozos que da cultura acabaron pasando a loita pola democracia e por unha sociedade máis xusta.Se alguén que fai miragres é santo,eses tres curas foron santos e dos grandes.
Aparte dos actos de apertura poiden asistir o espectáculo de fura dels Baus,feito tamén con actores locales,para a conmemoración dos 25 anos.


martes, 7 de julio de 2009

Grupo Leader Ribeiro Carballiño


Parte da Directiva do Grupo de Desenrolo Rural do NOROCCIDENTE Ourensá (Ribeiro e Carballiño) que presentou candidatura ó programa leader 2007-13, deu roda de prensa en Laias para explicar como os colectivos vinculados ó PP romperon o acordo para unir os dous grupos constituídos,dado que o noso fora excluído na asamblea precisamente celebrada en Laias.
A Directiva acordou convocar a Asamblea Xeral dos cen colectivos que forman esta asociación.O colectivo decideu continuar existindo e traballando polo desenrolo local nas comarcas do occidente da provincia e intentar sumar forzas e reclamar o acordo de integración dos dous grupos presentados ó leader.
O presidente do outros grupo,o alcalde de Leiro,que noutras épocas foi apoiado por nós para xestionar fondos na mancomunidade turística,parece que sofriu a conversión ás prácticas máis sectarias dende que HERDOU ós cargos de Rogelio("la mano que mece la cuna") na Mancomunidade en extinción (de 10 concellos que a constituímos quedan 6 e en pouco serán menos) e como membro da Deputación.

sábado, 4 de julio de 2009

Comité Nacional PSdeG e FEIRA VIÑO RIBEIRO



Hoxe celebramos o primeiro Comité Nacional do PSdeG despois do Congreso Extraordinario .
Hoxe é un día especial para mín e a xente que traballamos en algo novo e ilusionante para os socialistas galegos.Hoxe tiven a honra de presentar no Comité Nacional a ESCOLA DE FORMACIÖN do PSdeG . Levará o nome de Francisco Fernández un socialista que foi o primeiro presidente da primeira agrupación socialista de Galicia (Ferrol 1881),un mestre que foi o primeiro concelleiro socialista galego e dos tres primeiros que houbo en España(Ferrol,Bilbao e Mataró).
Coa cabeza tamén estaba en que á mesma hora inaugurábase a Feira do Viño do Ribeiro,acto ó que me tocou asistir toda a vida e organizar en sete edicións (e facer cambios con transcendencia).