martes, 17 de febrero de 2009

CANAL SENADO

Como seguir en directo Pleno Senado:
http://www.senado.es/cgi-bin/cgicanalsenado

ENTRE O SENADO E AS ELECCIONS(RADIO EXTERIOR NO MEDIO)

De novo Pleno no Senado:22 preguntas,3 interpelacions,6 mocions e tramitación dunha Lei.
Toca preguntas ó Presidente o que garantiza presencia de tódolos medios de comunicación.Unha forma de que o Senado esté visible.
Deso falamos a semá pasado nun debate no que participei con X M Barreiro (PP) e Iñaki Anasagasti(PNV) en Radio Exterior.Un programa para falar das Cortes Xerais ,alternando unha semá Congreso e a outra Senado.Unha ocasión para comunicarnos cos numerosos españoles que polo mundo adiante viven(martes as 11,30).
Pero a cabeza tamén está na terra, no importante proceso electoral que vivimos.
Un proceso no que o PP fai o posible para que gane a abstención.Para elo fixeron todo por manchála.Que mala sorte que cambiara o aire.Porque dende entón non deixan de caerlle escándalos.
Para empezar caeulle o CANDIDATO numero 1 da lista...Case nada! E o pior os motivos.A persoa a quen Feijoo propoñía para levar as contas de Galicia, resulta que se dedicaba a operar en paraísos fiscais, a evadir impostos (cos que se pagan a sanidade, as escolas,as pensions,as infraestructuras,ós funcionarios....).A cabeza dun escándalo que tén signos de ocultar algo máis profundo.Un señor que foi 10 anos o máximo cargo da Caixa Ourense, por designación do PP (Baltar), coas actividades descubertas fainos pensar si esto xa o estivo facendo moitos anos,para quén etc.As claves da CORRUPCION na provincia de Ourense. ..E todo parece que se descubriu por que a Fiscalía de PORTUGAL investiga actividades ilícitas nun banco de xestión de patrimonio dos ricos que tivo que intervir o Goberno de Portugal

martes, 10 de febrero de 2009

Senado

Pleno no Senado.
A actividade nestes dous meses foi terrible.Ttódolos días e todo o día é a nosa campaña.Queremos chegar a todos e cada un dos ourensáns.
Reunions cos empresarios máis relevantes,cos autónomos,con agricultores aquí e alá,coas mulleres separadas,co mundo do Ensino,coa sanidade,co medio ambiente,cos transportistas,cos abogados e procuradores...con todos.
En todas as comarcas,en caseque tódolos concellos(Lobios,Entrimo,Lobeira,Bande,Celanova,Cortegada,Coles,Amoeiro,San Cibrao,Peroxa,Trives,Parada Sil,Xinzo,Sandiás,Rairiz,Verín,Mezquita,Gudiña,Rubiá,Vilamartín de Valdeorras,Calvos de Randín,Ribadavia,Cenlle,Melón,Carballeda Avia,Punxín,e moitos ETC...Así vai esta movilización social que vai rematar nunha victoria progresista.Podemos....e Debemos.

viernes, 6 de febrero de 2009

REAPARICION URXENTE:HOXE FOI O TERREMOTO ELECTORAL OURENSE

URXENTEMENTE CONVOCAMOS ROLDA DE PRENSA.
A NOVA PERCORREU A PROVINCIA.
O Nº 1 da lista do PP-CARRERA PASARO-foi descuberto por un medio de comunicación que cobrou 40 millons de pesetas a través dunha Conta nun Paraíso Fiscal(Illas Caimán).
O que foi proposto por Nuñez Feijoo como o "pizarro" galego para levar as Contas da Xunta,resulta que adicábase a operar con diñeiro opaco,de procedencia dudosa,e a evadir Impostos.
O que foi Director Xeral de Caixa ourense durante 10 anos,proposto por Baltar,colleronno coas mans na masa.
Probablemente o caso máis grave de CORRUPCION na provincia tén como autor o cabeza de lista do Partido Popular.
Todo queda dito.