martes, 30 de septiembre de 2008

PRESUPOSTOS-Continuación

Teño que destacar tamén a decidida aposta por Ourense do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural con cifras moi importantes, na que se inclúe a depuradora de Ourense (obra de 48 millons cunha anualidade de 8 M); o Abastecemento a cidade ( 12 Millons-anual 0,5), actuacións no Regadío da Limia (30 Millons total- 1 millon anual.)(Lamas-Ganade,San Lorenzo-Sabucedo,Parte Alta rio Limia,Corno do Monte). Actuacions nos Cauces,Restauración de Ríos,..
Actuacions Confederación Miño-Sil 116 Millons anualidade (total prox 703 Millons); Restauración Pizarras (total 38 M),Adquisición terreos dominio público, plan pizarras 07-2013,etc
Alguns con pequena dotación tén que ver con tratarse de obras nas que hai facer Proxecto.
Por parte do Ministerio de Cultura está o remate das obras do Arquivo Histórico e Biblioteca (3 Millons anualidade-total 26 M), o plan director da Vía Romana Braga-Astorga 200.000 por estar fase proxecto) ; Museu Ribeiro (1 millon),remodelación do Museu de Ourense,e outras.
Tamén se prevén importantes actuacions no Ferrocarril convencional,para modernizacion estacions, vías ,medios tecnolóxicos.
Serán moi fortes as inversions en seguridade Vial e Melloras das Carreteras.
Proxectos comarcais importantes coma a Conexión no Barco N 120 e N 536 , ou o enlace da Autovía Rias Baixas co Parque Ambiental do Ribeiro.
Recibe un importante impulso a Autovía Ourense-Lugo (68 km).

MADRID:Presentación PRESUPOSTOS 2009 (1)

Pola mañá tivemos reunión (esta vez no Congreso) do Grupo Socialista do Congreso e o do Senado con Pedro Solbes que nos explicou as liñas xerais dos Orzamentos do Estado para 2009.

Dende xa están na web do Ministerio.

Xa teremos tempo de valorar.

Pero paréceme destacable que no momento de apretar o cinto se faga o maior esforzo no gasto social (subir as Pensions Mínimas,prestacions desemprego,axudas para vivenda, as axudas a familia, manter a axuda dos famosos 400 euros, axudas da Lei para combater a dependencia das persoas máis necesitadas,etc).

E por outra paréceme destacable que neste momento de crise mundial, o goberno progresista de zapatero manteña a aposta en INVERSIONS, sobre todo nas zonas máis desfavorecidas e secularmente olvidadas,como é o caso de Galicia.

Ourense é territorio privilexiado nestes Orzamentos do Estado,comparado con outras provincias e incluso con máis inversions que algunha comunidade autónoma.

Nos Orzamentos do 2009 do Estado está TODAS as cousas importantes que esperamos e soñamos.Todo aquelo que nunca antes ninguén nin xiquera prantexou.

Está o Tren de Alta Velocidade (TAV) entre Ourense -Zamora-Olmedo) (254 Millons dunha obra de 1.344 M €).

Está o que falta para o TAV Ourense a Santiago (337 Millons ).
Está a dotación para o proxecto Ourense a Vigo-Proxecto Obra.
Está o estudo I. para a Liña de Alta Velocidade Ourense-Lugo e a LAV Ponferrada-Monforte.
E tamén están as AUTOVÍAS:
a Autovía Verín-Portugal-finalización 25 Millons.
A Autovía Ourense -Lugo, que recibe o impulso para 68 km novos(entre eles tramos Chantada-Taboada,Taboada-Naron,San Martiño-Barrela,Naron-Guntín...).
E iniciase a Autovía Ponferrada-Ourense co proxecto de obra dos 150 km.
As carreteras terán importantes actuacions en Melloras.Outras actuacions importantes de seguridade Vial.

De novo en Madrid-Senado:hoxe con Zapatero e diferentes Ministros-as



Nestes días retomamos a actividade parlamentaria.Hoxe reunión do Grupo e logo da Mesa da Comisión de Medio Ambiente e Medio Rural.

Pola tarde temos Pleno,coa presencia de Ministros coma a de Educación e Politica Social(máis deporte),o de Sanidade,o de Industria,o de Xustiza,o de Exteriores,a de Fomento,o de Interior,o de Economía e Facenda...Pero sobre todo estará o PRESIDENTE do Goberno.
Todos eles comparecen no apartado de control.
O que queira pode seguílo dende a web do Senado.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

A Ministra na Comisión de Medio Ambiente


Onte tivemos unha longa sesión da Comisión de "Medio Ambiente,Agricultura y Pesca" do Senado.
Dende as 10 da mañán estivemos ata practicamente as 7 da tarde, celebrando varias sesions. Obligoume a erguerme as 5 da mañá e cheguei a casa as 12 da noite.
Asistín como Secretario 1º da Mesa desa Comisión, para o que fun elexido no comezo da lexislatura.
E foi un día especial. Pola mañá realizou a Comparecencia sobre as liñas xerais do Ministerio a Ministra ourensá,Elena Espinosa, que estivo intervindo dende as dez ata perto das catro da tarde que paramos media hora a tomar algo.
Quedou patente a súa capacidade,o seu bó facer,a súa enerxía e tesón,en materias tan amplas como a agricultura e gandeiría, a pesca, o medio ambiente en xeral ,ou as políticas da auga e forestais en particular.


Na web do Senado en breve estará a intervención, que se pode atopar na web do Ministerio.

lunes, 22 de septiembre de 2008

LEMBRAMOS A LUIS CONDE


Un heroi que seguramente non quería sélo.
Unha muller que trocou espranzas polas bágoas.Unhas bágoas que xamáis se irán.Xa nunca se irán.
Un fillo,valente.Con toda a vida por diante.Con toda a raiba por dentro.Con toda a dor na ialma.Para sempre.
Ogallá sexa a última.Ogallá sexa pronto.

NON MÁIS TERROR




martes, 16 de septiembre de 2008

Reproduzo o que dixo onte a noite en Cuatro o gran Iñaki Gabilondo:
"El gran globo financiero se ha pinchado. El capitalismo salvaje, el de los beneficios locos, el gran superpoder triunfante, ha explotado. Un poder autónomo, sin control democrático alguno, que amasó inmensas fortunas, que especuló sin freno y con riesgos insensatos y ahora pide socorro al dinero público para salvarse. Su ambición, su bulimia irrefrenable está destrozando nuestros ahorros, disparando nuestras hipotecas y pulverizando nuestros puestos de trabajo. Pero ninguna representación de esas grandes corporaciones, ni de las instituciones que los agrupan, se cree en la obligación de dar explicaciones públicas. Se sienten técnicamente en apuros, pero no perciben el más mínimo reproche social, y no lo perciben porque, sencillamente, no existe ningún reproche. Ni siquiera son frecuentes los comentarios periodísticos críticos, exigentes. Todo se detiene en el plano político nacional, cada país dispone, como chivos expiatorios, de sus gobiernos. Ahí, en los pecados de nuestros gobernantes, se acaba todo. Denunciamos sus errores de previsión y ni se nos ocurre juzgar los colosales errores de cálculo de los gigantes mundiales de las finanzas. Cada día es más claro, y más desalentador, que la democracia es solo la apariencia del poder, con poquísimos márgenes de maniobra, un rompeolas en el que revientan las iras ciudadanas y la soberanía popular, el juguete que se regala a los niños para que se entretengan. Muy por encima, impune e inmune, se mueve el verdadero poder, irresponsablemente. ¿Aprenderemos algo?, no es probable".

lunes, 15 de septiembre de 2008

DENDE O SENADO (Comisión de Fomento+Pleno)





Hoxe estiven no Senado,participando na Comisión de Fomento.


Aprobamos por unanimidade un texto que consensuamos eu e o propoñente Pérez Bouza (Bng) sobre unha proposta súa referida a construcción dun paso soterrado no pobo de A Lama-Irixo.A elo engadiuse que segundo o proxecto constructivo nese pobo haberá tres pasos:un paso elevado para vehículos,un soterrado para peatons que sustitue o antigo camiño que existía, e un paso para fauna fronte Estación...Foi laboriosa a negociación,pero o consenso permitíu que fora aprobada por unanimidade e que tivera o noso apoio (o partido do goberno).


Días antes eu estiven no Irixo, co noso portavoz e varios veciños coñecendo o problema.


Non tivo a mesma sorte o consenso que intentei co PP sobre a construcción do túnel no Horreo en Santiago.O PP obstinouse en pedir que a obra se remate antes do 2010(ano Santo), cando está empezada e tén unha programación adecuada.Nós ofrecemos que no ano 2010 quede en funcionamento a superficie e só se traballe no túnel (baixo terra).É imposible acelerar máis.O PP tén mala conciencia por non haber abordado esta cuestión mentras estivo no Goberno.Agora vén intento apuntarse á baza dos prazos. (O meesmo que co AVE que o PP non trouxo a Galicia).Eles pretendían facer unha vía rápida polo centro de Santiago que cortaría a cidade.Nós facemos un túnel que permite a circulación baixo terra e vai facer posible unha urbanización e humanización no estilo no urbanismo de calidade que caracteriza ó concello de santiago e os alcaldes socialistas.


Bueno mañá teremos reunión conxunta dos grupos socialistas do congreso e senado, aquí no Senado...Está prevista a presencia da Vicepresidenta do Goberno (Mª Teresa Fdez de la Vega)e a nova Secretaria Federal de Organización (Leire Pajín ) co portavoz do Congreso (Alonso) e Senado (C.Silva),Secretario Grupo (Jáuregui),etc


Logo Pleno o martes e o mercores.Entre as incorporacions estará a da senadora Mar Moreno, elexida responsable da Politica Institucional e Autonómica do PSOE no pasado Congreso Federal.
http://www.psoe.es/ambito/saladeprensa/news/index.do?id=205388&action=View


"Seguiremos informando"

viernes, 12 de septiembre de 2008

PUBLICADA RECTIFICACION "Ó MODO DA CASA"

Hoxe a edición de Ourense de La Voz de Galicia publica a RECTIFICACION según ordena a Sentencia do Xulgado nº 2 de Ourense en relación coa publicación dunhas informacions falsas publicadas nunha información do seu delegado en Ourense José Manuel Rubín Carballo publicada o domingo 21 de octubro de 2007, e unha viñeta de Julio Valcarcel publicada o 26 de octubro de 2007, na que poñendo en boca de Rogelio Martínez vicepresidente da Deputación Provincial e presidente da Mancomunidade do Ribeiro e alcalde de Arnoia, informaba de que o meu fillo estaba traballando na deputación de A Coruña. José Manuel Rubín ,insinuandome como autor do traballo de denuncia do partido socialista dos escándalos de enchufismo na deputación de Ourense,viña a decir que eu había actuado con nepotismo para enchufar ó meu fillo, acompañados das descalificacions contra a miña persoa como responsable de organización na provincia e a colaboración co secretario provincial ,Pachi.
Naquela data diríxinme ó diario La Voz para reclamar a rectificación desas informacions falsas, acompañandoa da documentación(certificación da Universidade de Santiago,ficha de becario da Universidade no Master de Administración Local,etc) que demostraba a falsedade das informacions. O meu fillo non traballaba en ningun lugar.Nesa data facía o segundo ano dun Master de Administración Local da Universidade de Santiago, no que entre outras actividades docentes desempeñaba prácticas en diferentes empresas.
Pero La Voz de Galicia non publicou a RECTIFICACIÓN.Só sacou en "cartas al director a petición de rectificación. E uns días despois volveu a poñer unha viñeta repetindo as mesmas falsedades e calumnias.Tampouco volveu a admitir a petición de rectificación.
Por eso non tiven máis remedio que iniciar as accions para que se cumpla a Lei Orgánica 2/1984 que garantiza o dereito a rectificacion. esta rectificación debe ser inmediata, nos tres días seguintes a que se reciba,cunha relevancia semellante (non escondida nin confundida en cartas al director por exemplo),sen comentarios nin apostillas.
Agora o Xulgado nº 2 ordena a RECTIFICACIÓN en Sentencia do 1 de setembro de 2008, notificada o pasado 11 S.
É pois pola CONDENA do Xulgado polo que se publica a citada Rectificación: 3 2 7 DÍAS despois de que se produxo a inxuria.
327 días sen quén, con todo coñecemento publicou unhas acusacions falsas que poñían en dúbida a miña ética, rectificara tal como que ordena a lei no prazo de 3 días.
Agardo que Rogelio Martinez González,vicepresidente da Deputación de Ourense e dirixente do PP, que José Manuel Rubín autor da información e delegado en Ourense de La Voz de Galicia como ordenante da publicación (incluo ó autor do comentario Julio Valcarcel) e persoa que impediu a publicación da Rectificación, sean consecuentes da CONDENA desta Sentencia dos Tribunais de Xustiza.
OUTROS DATOS :
  • O 21 de Octubro de 2007,o día que se publicou a infamia contra mín, La Voz publicaba unha páxina cunha Entrevista ó candidato do PP no concello de Arnoia e Vicepresidente da Deputación Rogelio Martínez,realizada polo delegado J.M.Rubín .
  • Uns días despois (28 de octubro) Arnoia era o único concello no que tiña que celebrarse a repetición das Elección Municipais, por Sentencia dos Tribunais,debido a irregularidades no reconto do Voto Exterior,que tanto escándalo tén ocasionado neste concello. Os do PP non quixeron constituir a Deputación nin a Mancomunidade ata que se celebrara a repetición en Arnoia.
  • J.M. Rubín Carballo e familia teñen importantes relacions e intereses con este Concello e co seu alcalde Rogelio Martínez González, que noutra ocasión poderemos detallar.

jueves, 11 de septiembre de 2008

LA VOZ DE GALICIA CONDENADA A PUBLICAR RECTIFICACION

La Voz de Galicia en Ourense,foi condenada a publicar a RECTIFICACIÓN dunha información publicada o 21 de Octubro pasado feita polo delegado en Ourense José Manuel Rubín Carballo,co seudónimo de Antón Feito e dunha viñeta de Julio Valcárcel o 26 de octubro.O periódico non publicara a citada rectificación do xeito que indica a Lei Organica 2/1984 .A Sentencia do Xulgado de 1ª instancia nº 2 de data 1 de setembro condena a La Voz de Galicia "a la publicación gratuita del escrito de rectificación en el mismo medio y con relevancia semejante a aquella en que se publicó o difundió la información que se rectifica,sin comentarios ni apostillas,en el plazo de tres días desde la notificación".
Queda para outro procedemento as accions civís e penais que se considere oportuno reclamar nos amplos plazos que hai para o outro procedemento,xa que a sentencia entra a resolver exclusivamente a reclamación de RECTIFICACIÓN.
En canto poida poñerei o texto íntegro da Sentencia...
Non está no meu manual o acudir ós tribunais.De feito é a terceira ocasión que o fago.Neste caso porque alguén de xeito reiterado quixo perxudicarme (nun momento no que estaban a propoñerme como candidato a unhas Eleccions) decíndo falsedades sobre a miña familia.Algo que define moi ben a quén o fai.E de mín se poden decir o que cada un queira menos nada que se relacione coa ética en vinteseis anos de compromiso político.
Por eso tomei a difícil decisión (tratándose de que meten no medio a un xornal contra o que nada teño)de levar ós tribunais por unha vez tales feitos.
Só agardo que o culpable teña a coherencia persoal que continuamente lle reclama a outros (normalmente ós máis decentes).

miércoles, 10 de septiembre de 2008

O PP ABRE UNHA GARDERÍA DA MANCOMUNIDADE SEN AUTORIZACION ORGANISMOS

A Mancomunidade abre en Ribadavia un novo tipo de escola infantil:
A ROGEESCOLA
O Presidente da Mancomunidade de agora seis concellos (probablemente catro en pouco tempo) e alcalde de Arnoia Rogelio Martinez,despois de perder o local que ilegalmente pretendía,nun pulso sen sentido, pensando que estaba noutras épocas, intentou o triple salto mortal: abrir o servicio de escola infantil nun local que NON reune as condicions, sen autorización de Educación, sen auutorizacion de Sanidade e demáis organismos que supervisan este tipo de actividades. Sen pedir xiquera permiso municipal, sen proxecto, sen licencia...supoño que nin xiquera sen acordos dos órganos da Mancomunidade.
Utilizar os nenos para facer oposición barriobajera nun concello onde ninguén che deu vela, é do pior que se pode facer . Pero este persoaxe xa tén baixado a tódalas pozas.No barro é onde se sinte máis a gosto.
Non me imaxino a número de QUERELAS que me terían presentado se eu fixera algo parecido.!!! (sei as que me presentaron-máis de trinta- sen base algunha).
Claro que os que nos últimos meses pactan con él (Programa Leader-asociacion Grupo Desenrolo Rural-; representante Mancomunidade;etc)...agora calarán.
O PP é o partido da alegalidade, do vai facendo que cho autorizo eu de palabra, do vai facendo que eu non cho vou parar...Esta falta de respeto á lei é a súa norma de conducta. A lei é algo para aplicar ós adversarios...así todos saberán que mellor é que nos voten a nós para non ter problemas....Ese razonamento está interiorizado ,especialmente nos pobos máis pequenos,onde o medo é casi o argumento que lle quedan a algúns.Así a Lei ,igual para todos, é algo que hai que demonizar.Convirten en malos ós que aplican a lei.Eles son tan bós que ós que son "amigos" non lla aplican.Pero ós adversarios aplícasellle ata as últimas consecuencias, buscando os recovecos para usar a lei de xeito partidista e perverso.Sando os recovecos incluso para facer oposición.Con toda a cara de quén cada día insulta as normas legais máis básicas.Xogan cunha ventaxa.Os seus rivales (a esquerda) non fai uso partidaria dos xulgados e das Leis.
Por esto é importante que cada vez que infrinxan a Lei o peso da Xustiza caia sobre eles.


NA FEIRA


Comida tradicional Concellais Socialistas Feira do 10 de Setembro

NA FESTA