miércoles, 30 de enero de 2008

REUNIONS AXENTES ELECTORAIS PROVINCIA


Hoxe rematamos a serie de Reunions dos Axentes Electorais da Provincia que levarán ó Partido Socialista a unha gran victoria nas Eleccions do 9 de Marzo.

Estivemos no Ribeiro (Castrelo de Miño),Ourense (San Cibrao),Celanova e Bande,Valdeorras (A Rúa),Verín,Caldelas-Trives(Parada de Sil),A Limia (Sandiás) e Carballiño (Maside).

Unhas mil trescentas persoas asistiron as reunions organizativas para organizar a campaña nos diferentes territorios e coñecer aspectos do calendario electoral,estratexia,argumentario,etc.Son o corazón dese equipo de 4.000 persoas que moven a nosa campaña.

Un obxetivo no corazón: arrincarlle á provincia a etiqueta de conservadora e atraso social e convertila en progresista e modelo de desenrolo...Canto antes.

De momento vamos a por o segundo deputado, conseguindo un reparto 2-2 .

martes, 29 de enero de 2008

NON ESTOU DESAPARECIDO

Non desaparecín...simplemente faga vida de Candidato e responsable político en vísperas electorais.As veces sinto que teño abandonado o blog.Inda que sempre quixen darlle sentido de espazo de reflexión e relato de vivencias persoais.Non un relato da miña actividade política.
Como coñecen os que se relacionan conmigo,nestas datas non teño un segundo para nada que non sexa GAÑAR as próximas Eleción Xerais, co engadido que aparte das responsabilidades que teño asumido nas campañas electorais nos pasados 6 anos...Agora volvo a actividade política.Sí os meus compañeiros fixéronme candidato ó Senado. Despois dun longo período fora dos Cargos Públicos...Sempre pensei (así o quixen) non volver a ter cargos públicos, e adicarme á miña militancia simplemente, a vida da organización, a un segundo plano. Inda que é verdade que moitos non distinguen eso de estar fora da vida pública , de estar dentro (cargos públicos)....

miércoles, 16 de enero de 2008

JAUREGUI EN OURENSE


Onte estivo Ramón Jaúregui de novo en Ourense,dentro do programa que organiza "Foro La Región".Ramón é un asíduo xa de Ourense...
Ramón é dos políticos que co tempo medra a súa talla política.
E por encima é unha gran persoa....
Un soplo de aire fresco. Un deses momentos para estar calado...e ESCOITAR.

miércoles, 2 de enero de 2008

ANO NOVO,VIRUS NOVOS

A gripe ténme tirado .O novo ano trouxeme virus novos.Agardo que a ciencia pronto me demostre que é útil.

martes, 1 de enero de 2008

IGREXA-ESTADO

Volve de novo a vella dialéctica na que pretenden meternos ós que nos queda "algo" de crentes.Os xerarcas máis arcaicos desta institución tan arcaica chamada igrexa,entran en campaña.Como si Rouco e obispos do mesmo sector poideran darnos exemplo de nada.Porque non son exemplo para nada CRISTIANO.Díganme si ter unha organización como a Conferencia Episcopal,que lle da cobertura a programas da Cope que non vou citar,poden ser exemplo de vida cristiana.En que se parece o linguaxe de Cristo ó de Jiménez los "Santos".Eu sinto moito pero quédome con Cristo.Inda que para eso teña que ser perseguido ou crucificado...
A verdade é que un bó cristiano non debería facer que o esencial das súas crenzas se manifeste só coas prácticas seudo paganas dos rituales de ir á misa,rezar rosarios,confesar e comulgar,realizar intercambio de favores a cambio de copiosas limosnas co diferente santoral...
Eu coñezo un montón de santos vivos,e a maioría nin xiquera van a misa...
O natural do cristiano e ser socialista...
Pero creo que a polémica destes días non se trata deso.Non se trata das crenzas da xente e de como cada ún se queda co mellor de ser cristiano ou co mellor de ser comprometido.
Trátase de que Rouco e outros xerarcas,preténden decirlle ós cristianos cómo teñen que votar.Curiosamente en base a principios nada cristianos.
Pretender poñer os cristians contra un goberno precisamente por facer iguais en dereitos ós máis marxinados pola sociedade (lembradesvos Maria Magdalena..),non tén nada que ver con Cristo.A alguns importanos Cristo, ¿quén é este Rouco de Villalba para falar en nome do meu Cristo?¿Quén é este Rouco (inventou o de sobriño obispo),ou Garcia-Cascos,para tirar a primeira pedra,ou para condenar...?(A dereita organizase por tríos Rajoy-galego coma Rouco-,Zaplana-valenciá como García Gasco,Acebes-castela como Cañizares).
Neste caso,pídolle os lectores que fagan chegar os comentarios coas suas vivencias...Prometo continuar expresando as miñas.