lunes, 29 de agosto de 2011

ESCOLA DE VERÁN PSdeG

Estes días traballamos nos preparativos da ESCOLA DE VERÁN do PSdeG
Será en Silleda (Casa da Cultura)
iste é o PROGRAMA:

VENRES, día 2:
12,00h.- APERTURA
Paula Fernández , secretaria local e alcaldesa
Xaime Barreiro, coordenador Escola de Verán
Miguel Fidalgo, secretario de Formación PSdeG
PACHI VÁZQUEZ, secretario Xeral PSdeG-PSOE

TRABALLO EN GRUPO

16,30h.- “A Resposta de Europa ante a crise económica e política
Antolín Sánchez Presedo , eurodiputado
Enrique Guerrero, eurodiputado

17,30h.-“A resposta socialdemócrata a crise “
Xaime Barreiro, economista
Fernando González Laxe, economista

18,30h.-“Propostas dende os movementos reivindicativos “
Francisco M. Hidalgo, profesor Ciencias Políticas USC
Pablo Cid, estudante 15 M Ourense
Jonathan da Silva, xoven traballador
19,30h.- DEBATE ABERTO

SABADO, día 3:
10,00h.-“Propostas dende a Igualdade”
Laura Seara, secretaria de Estado

10,45h .-“Acción do Goberno de España de loita contra os efectos da crise”
Carmela Silva, portavoz do grupo Socialista Senado
Margarita Pérez , coordinadora deputados galegos nas Cortes Xerais

11,30h.- “A Alternativa socialdemócrata de Galicia ”
Abel Losada, portavoz grupo socialista Parlamento de Galicia
Pablo García, secretario de Organización PSdeG

12,30h.- Peche xornada - CLAUSURA
FRANCISCO CAAMAÑO
PACHI VAZQUEZ, secretario Xeral PSdeG-PSOE

jueves, 25 de agosto de 2011

Festas SAN XÉS en FRANCELOS



Hoxe é o día grande nas festas de San Xés.

Iste mes estou en Francelos.As mañáns son de plena actividade.Uns días en Santiago.O resto en Ourense.Hoxe reunimos o Comité Electoral para as Xerais 2011.

En contraste ,as tardes son de descanso e ocio.E as noites un pouco máis longas.

Onte houbo invitados. Hoxe será cea de familia.

Sempre hai amigos e veciños únicos.


Reunión para formar Comité Electoral Xerais 2011




sábado, 20 de agosto de 2011

EN VILAMARTIN

Amparo e Marcos acompañanme no convite a Correxais.Un pequeno pobo onde se reunen centos de residentes en Madrid,Barcelona,Pais Vasco...Unha fermosa vista.A beira da rota da vía nova.Coas ruinas do mosteiro dos Trinitarios.Unha terra que, coma a miña, fai arte cos viños.
Con tantas coincidencias,pese a distancia en kilometros....
O convento do século XVII foi impulsado polo Conde de Ribadavia.
O patrón é o mesmo do meu pobo,o San Pedro do 29 de xuño.
O viño.
..................
Un concello que respira democracia de novo.No 75 aniversario de que o alcalde socialista fora asasinado.Nun pobo leal coa democracia,defensor das ideas de progreso e libertade.E que o pagou caro,con represión e emigración.Un pobo moi próximo.

viernes, 19 de agosto de 2011

COMENZO ACTIVIDADE...ós poucos

Ós poucos empezamos a meternos na actividade que se aveciña.

De momento reunions polas mañans. Uns días Santiago.Outros Ourense.

Os grupos de traballo reactivanse. Os comités electorais vanse conformando.

miércoles, 17 de agosto de 2011

MAIS FRANCELOS



Neste mes de agosto disfruto de Francelos.

Paseos pola ribeira. Algo de traballo na pequena finca.Conversas...Algunha cea. Tomar o fresco no patio...

lunes, 15 de agosto de 2011

Festas QUINS

Estes días estaremos en Quins, coma tódolos anos, disfrutando das Festas do 15.

A comida familiar será parte importante. Dende logo a charla con veciños que non vés polo ano adiante.En especial aqueles que están fora.Ver como lle medran os fillos, ver cantos xa son abós,como lle van os estudos ou os traballos....