Despois de días ausente, regreso ó blog.
Os últimos días de confección de candidaturas foron intensos. Non tiven os minutos nin a calma para escreber.
Días de kilómetros,de visitas e reunions nos máis variados, e distantes, concellos da provincia.
Istes días festivos viñeron ben para repoñer forzas e retomar a campaña (pre).
Foron días moi "santos". Estiven na gloria de "Francelos".
Con visitas ó balneario de Prexigueiro. Por un prezo razonable, as augas termais fan "miragres".Para que a semán sexa santa,de verdade.
Hoxe irei a Santiago.Logo temos rolda de prensa para dar conta das amenazas graves a candidatos socialistas.
Pola tarde teremos reunión do Comité Electoral Provincial, e logo do seu órgano executivo.
Mañá iniciamos Pleno do Senado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario