domingo, 15 de marzo de 2009

O COMITÉ NACIONAL CONVOCA O CONGRESO EXTRAORDINARIO



Touriño presentou a dimisión como Secretario Xeral unha vez coñecido que non continuamos no Goberno.Unha decisión xenerosa e exemplar de asumir responsabilidades e facilitar a construcción dunha alternativa.
Con elo cesa a Executiva,polo que os organos federais nomearon unha Xestora.esta convocou o Comité Nacional que acorda a celebración do Congreso do PSdeG o próximo 25 de abril que porá en marcha a elección da nova dirección.
O Comité Nacional tivo unha duración récord (7 horas-mais de 80 intervencions -entre elas a miña-).Intervencions nun 99% positivas e de futuro,de madurez e responsabilidade.Sobresaliente.

martes, 10 de marzo de 2009

RESULTADOS DEFINITIVOS OURENSE


Unha vez contado o voto dos residentes ausentes coñecemos os resultados DEFINITIVOS:

PPopilar : 109.852 (48,5%) (anteriores 50,8%)

PSdeG-PSOE: 72.144 (31,9%) (anteriores 30,9%)

Bloque N.G. : 36.126 (16%) (anteriores 16,3%)


No voto exterior gañamos con 7.979 contra 6.465 do P.P.

Con elo os socialistas gañamos en Ourense en numero de votos(casi 2.000), en porcentaxe (1 punto) e sobre todo UNHA DEPUTADA.

¡Que ben merecido o tiña!

martes, 3 de marzo de 2009

GALICIA DECIDIU QUE GOBERNE O PP

O domingo Galicia decidíu darlle o Goberno o PP.
Un día triste para os que queríamos continuar o proceso de CAMBIO político en Galicia para completar un ciclo normal de 8 anos .
En Ourense,pola contra,o PP baixa en porcentaxe e votos e o PSdeG sube.Espero tamén en deputados,unha vez contado o voto Cera que permitirá a comparación de forma máis evidente.

domingo, 1 de marzo de 2009

DIA D

Acabou a Campaña.
Hoxe é o que chamamos día D.
Atrás queda unha campaña,distinta coma todas.Neste caso polo comportamento dunha opción na nosa provincia.´
Agora esperanos todo un día intenso.
Pola noite os electores terá dado a súa SENTENZA.