martes, 12 de abril de 2011

PROFESIONAIS DO DEBATE E INTERESES

Ultimamente os medios de comunicación públicos e privados colleron o costume de organizar debates de POLITICA sen responsables políticos. Debates ,con frecuencia, para poñer a parir o que fan os cargos electos polos cidadans, nos que pontifican e en vez de informar deciden o que est´´a ben ou mal ( por suposto retribuidos con nula transparencia).

Uns señores elexidos polas súas EMPRESAS (que é o que representan) crean OPINIÓN sobre as cuestions públicas, o que deben decidir os representantes dos cidadáns.Convírtense en intermediarios,sacerdotes do que é bó ou malo. Eles, elexidos polas suas empresas, eríxense en portavoces dos cidadáns para decidir o que está ben ou mal.

Por suposto entre o sustantivo do seu discurso está unha constante desprestixio da política,da actividade de representación dos cidadans a través da elección directa e da súa participación política.

Os debates entre representantes dos cidadáns, nos que se informe e conforme as posicións ante os diversos asuntos públicos, agora sustitúese por debates deses asuntos por profesionais dos medios de comunicación.

¿Por certo, si están todo o día en tertulias,desaxúns,debates,magazines...cando exercen de informadores nos seus medios?

¿Por qué os medios non se convirten en organizacións políticas con todas as suas obrigas?¿Por qué non se presentan á elección ante os cidadáns, en vez de deberse só a fidelidade ás suas empresas?


¿QUOSQUE TANDEM ABUTERE PATIENTIA NOSTRA?

No hay comentarios:

Publicar un comentario