sábado, 29 de octubre de 2011

BLOGS E VIÑO actividade de candidatos en OURENSE :resposta a pregunta

INFORMACIÓN sobre PENSIONS MINIMAS :

Comparación 2004 (PP) - 2011 (PSOE):

Pensión de Xubilación Mínima con conxuxe:
2004 : 484 euros /mes
2011: 742 euros /mes ..........co PSOE 257 euros MÁIS ó mes

Pensión de Viudedade con cargas:
2004: 383 euros /mes
2011: 686 euros/mes ...........co PSOE 302 euros MÁIS ó mes

Aínda parece máis claro coas contas anuales:

Pensión de Xubilación mínima:
2004: 6.788 euros /ano
2011: 10.388 euros /ano ......co PSOE 3.600 euros MÁIS ó ano
Pensión de Viudedade mínima:
2004: 5.371 euros /ano
2011: 9.730 euros /ano ....... co PSOE 4.359 euros MÁIS ó ano

jueves, 20 de octubre de 2011

PRAGA DE INCENDIOS...A XUNTA NON ESTÁ

Estes días visitamos algunhas zonas dunha provincia en negro despois de 20 días ardendo.

A provincia ardeu por todas partes. Dende o Macizo Oriental,Chandrexa e Manzaneda con lumes de 1.000 ha que estiveron ardendo duas semáns.Ata o Parque Natiral do Xurés. Os espazos naturais de Montederramo, nas portas do Invernadeiro. As montañas de Maceda.Calvos de Randín.No Ribeiro.En Piñor e outras partes da comarca do Carballiño.Laza.A Peroxa.Parada do Sil.Esgos.Viana.....

Eu visitei boa parte deses lugares.

A foto do satélite publicada polo Faro son espectaculares.

E mentras o goberno da Xunta mandou o paro a metade das Brigadas encargar de apagar, os vixilantes encargados de detectar os lumes,os encargadas da investigación.

Grazas a solidariedade do Estado foi posible combatelos con case 1000 soldados da Unidad Militar de Emerxencias, coas Bigadas do Ministerio de outros puntos de Asturias,Castela...Cos avións e helicopteros do Ministerio.E co esforzo dos brigadistas da Xunta que doblaron horarios e esforzos poñendo en risco as suas vidas.

E mentras Feijoo en Arxentina pedindo o voto e dando mitins. E o seu delegado tan relaxadamente no estadio Bernabeu de Madrid,e outros alcaldes do PP afectados de viaxe de placer.

Tal coma no Prestige.

Por eso a miña conclusión é que detrás de todo esto está un menosprecio pola provincia de Ourense.Creen que fagan o que fagan aquí teñen AMARRADO o voto igual.Que cunha fabrica de coches electricos ou outro anuncio similar xa os votan.

Por eso só cabe chamar a resposta da xente progresista.Para unir forzas.Para rematar con esta vergoña dunha vez.E crear algo novo nesta provincia de Ourense.

domingo, 16 de octubre de 2011

INTENSA PRECAMPAÑA

Nestes días temos visitado tódalas comarcas da provincia.Hai días que o indicador do coche marca 4 horas de condución.

O importante é chegar a moita xente. De tódolos lugares.

O Ribeiro dende logo,tamén estiven en Valdeorras, O Carballiño,terras de Celanova, Caldelas e Trives,comarca da Limia,tamén a Baixa Limia.Os concellos da Area de Ourense. E moita Cidade de Ourense. Mañ-an estaremos en Verín coa xente da comarca de Monterrei.Tódolos comités electorais xa están a punto, en marcha.A actividade dos nosos cargos ferve.

A presenza de Rubalcaba motivou os militantes,os que colaboran nas campañas e a outra moita xente que quere que Ourense saia das ataduras conservadoras.

domingo, 9 de octubre de 2011

EXITO acto de RUBALCABA en Ourense



A pesar de ser pronto para un acto, o PSdeG cumpliu.O acto de Ourense foi un éxito.Duas mil persoas acudiron neste domingo as 11 da mañán.Moita xente nova.E predominio de mulleres.

Intervencions razonadas,propositivas.Moito calor nun local que reventou o aforo.Os que estiveron alí entran en campaña motivados.

sábado, 1 de octubre de 2011

CONFERENCIA POLITICA

Estes días participo na Conferencia Politica do Partido Socialista.

Un encontro de cargos,militantes elexidos nas federacions,persoas de colectivos e asociacions, persoas que fan aportacions a título individual expertos en materias diferentes.

Horas de debate sobre propostas traballadas ó longo de varios meses, de moitos encontros.

As liñas para unha nova etapa no camiño de loita dos socialistas.

Con aportacions dende Galicia,propias.

Unha ocasión para atopar amigos e compañeiros-as.Tamén da emigración.