miércoles, 23 de febrero de 2011

23 F


Hoxe é un bó día para exercer no Senado.
Fai 30 anos, uns militares faciosos quixeron acabar coa xoven democracia española.
Nese tempo, despois de facer a mili, eu traballaba no colexio rural de Ribadavia. Alí daba clases,levaba cousas administrativas,facía turnos de internado.O golpe colleunos rematadas as clases, pero no colexio (as nosas xornadas eran moi longas).A radio foi o vehículo de información.O medo no corpo.Indiñación e raiba.Disposición a defender as conquistas.
Esa noite non me tocaba internado.Así que collín o 600 e fun cear a Quins coa miña familia.Intentando transmitir tranquilidade ("esto non pode sair").Por se acaso pensando (o seiscentos tén gasolina para ir a Portugal, a só media hora...inda que haberá que quedarse e organizar a resistencia...).
Antes de ir a mili habíanme ofrecido ir nas municipais nas listas socialistas.Logo de volta non había partido pola escisión do PSOE Histórico,non foi posible nas do 79.

Pero esa noite,eu tan esquerdista,decidín comprometerme co Partido Socialista.Traballar polo Cambio ,que chegou no 82.
Mal pensaron os fachas que co golpe de estado, o que conqueriron foi consolidar unha democracia á que lle quedan,por fin, longos anos de vida.
Os franquistas que quixeron volver os tempos da dictadura quixeron ir contra o gran cambio político que España tén conquerido nestas 3 décadas.

Por elo hai que lembrar o que pasou ese 23 de fevreiro de 1981.
Cada teñamos dúbibas.
E tamén para lembrar o que fixeron outros durante 40 anos e quixeron volver a repetir.Os da dictadura e os da guerra perderon o 23 F.Hai que facer que perdan cada día.

martes, 22 de febrero de 2011

A BRIGADA FEIJOO DE MANIOBRAS





O comandante Feijoo, o teniente Rueda e o cabo Mirinda andan de operacións militares...Despois da brilante batalla contra unha casa na batalla de Arcade, agora continúan os ataques na fronte de San Amaro.
Mandan as tuas tropas rodear un grupo de casas antigas, nun pobo de dez veciños, que teñen rodeado dende hai varios meses. A cadea nododelpp retrasmite os ataques de valente Feijoo para tirar as casas que sirven de refuxo a uns insurxentes que compiten con él polo poder.Días atrás xa mandara un comando enviado de silleda polo furriel baltarin junior que non conqueriron tomar as casas ,pese a non haber naide,pola trompa que levaban.
...........Calquer persoa normal pensaría que esto forma parte dun guión para un filme...pero é a cruda realidade do Réxime de Feijoo en Galicia.

Na véspera do 23 F, cando os azuis quixeron acabar coa democracia, é o día sinalado por Feijoo.

Toma e utiliza o goberno e a administracción para intentar eliminar ó adversario. Utiliza a televisión pública como tele do PP. Mezcla goberno e partido popular. Feijoo quere asfixiar as libertades, poñer a Administracción Pública para manter o poder. Deixa sen funcións a Cámara parlamentaria, porque é unha molestia para os seus plans. Dedícase a montar grandes operacions mercantiles, grandes negocietes. Utiliza e manexa a televisión para maior gloria del. Mediatiza ós demáis medios con presions insoportables.Quere anular ese luxo de pensar.Por suposto acabaronse os debates plurales (non volveu haber ningún na tvg).Crea unha policía de comisarios nas consellerías que trasmiten terror día a día.

Ese é o verdadeiro rostro de Feijoo. O que algúns tardamos en ir coñecendo...pero que pouco a pouco se vai evidente.
Por eso creo que vai perder no 2013...porque para gañar hai que MERECELO.


Acusadores ,ACUSADOS

Ante o montaxe que o tenente Rueda e o cabo Mirando montaron sobre o mirindagate, resulta que o xuíz IMPUTA ós directores xerais das Consellerías de Presidencia e da de Traballo, que acosaron as organizacions sindicais agrarias.
Eso sí o portavoz do PP MIRANDO para outro lado, e o conselleiro de presidencia ALARUEDARUEDA.
Feijoo xa conseguíu o que quería, desviar a atención dos gravísimos casos de corrupción de adxudicacións do conselleiro de obras públicas por importe que doblan o presuposto a empresas relacionadas con él...unha pequeñez de centos de miloons de euros; da compra da sede do pp de santiago, fichaje candidato implicado red fraude e evasion fiscal,e outros moitos...que a televisión do movimiento e a prensa subvencionada silencian.
Das denuncias de Feijoo, os únicos imputados son 2 altos cargos do seu goberno...

domingo, 20 de febrero de 2011

Proxectos do PP

O goberno da Xunta de Feijoo acaba de anunciar o apoio á proposta do alcalde do PP de facer un PORTO en Xinzo de Limia.
Esta proposta complementa a anterior (feita polo seu precedecesor no cargo ,tamén do PP) de facer na mesma vila un AEROPORTO.
Inda que o único proxecto de Feijoo e do PP que pode caer na Limia vai ser a macroplanta de basura do lixo coa correspondente Incineradora para queimar 400.000 toneladas de lixo que producen as zonas ricas galegas.

jueves, 17 de febrero de 2011

UN PP QUE SE ROMPE E CORROMPE


O PP as veces cantanos a cantiga esa dos desacordos nos gobernos de coalición...Pero quén tén unha guerra aberta é o bipartito Feijoo-Baltar(s). En boa parte dos concellos andan os de baltar e os de feijoo pelexando a ver quén fai a lista municipal.Baltar vai falar con uns, Roge con outros.Resume en moitos concellos o PP levará duas listas.Unha oficial ,outra pirata(as duas con piratas).
O PP evidencia que non se ocupa das suas responsabilidades nin os da Xunta,nin os da deputación,nin nos Concellos. Andan ó que andan.
Nin teñen nin traballan nun plan para sacar adiante a provincia de Ourense.
Non hai ningún proxecto novo da Xunta para a provincia. E os proxectos que había Feijoo anúlaos,parounos todos.
Só andan a patadas entre eles. O futuro que non ofrecen é unha Deputación podre e arcaica, cun líder que só fai chistes que cada vez teñen menos gracia. E o fillo herdeiro do mando é unha sombra tenebrosa que cumple o refrán de que empiora ó anterior.
Os outros liderados polo delegado da Xunta é a representación dos franquitos nestes tempos, o Glorioso Movemento, o pior da especie.Roge consegiu recoller a intolerancia,o odio ó adversario, o escándalo na xestión do diñeiro público,o favoritismo persoal,o enriquecemento, a ultra dereita cavernícola...todo nun único ser.Un milagro vamos.
Sosteñense en que creen que teñen un electorado fiel pase o que pase,fagan o que fagan.Un electorado que creen que se compra e se vende. Que consinte que mentras hai 30.000 parados, quinientos cargos do PP poden entrar a dedo sen outra función que traballar para as eleccions.Porque pensan que os cargos teñen deito a facerse ricos, a beneficiarse eles da administración do que é de todos.Porque pensan que os seus electores non lle parece mal que onde non se gaña, se pode mercar un concellal para seguir mandando.
E mentras tanto, teñen o atrevemento de olvidarse dos problemas desta provincia e das suas xentes, que cando se fartan emigran.
E onsequiannos con este espectáculo de guerra polo poder.
Na cidade de Ourense, presentandonos ós que seran servintes do gran cacique,inda que non sintan nin teñan vinculación coa cidade. Olvidan que Ourense é unha cidade nobre, libre. Que aquí non vai baltar crear unha finca particular cos favores do caciqueo máis cochambroso. Que aquí hai traballadores,comerciantes,emprendedores, libre de pensar e actuar.Que queren unha cidade moderna, sen ataduras a estas actuacions medievais.
No resto da provincia, o mesmo.
No Barco de Valdeorras tamén queren impoñer o pensamento único do fillo do presidente-tutor do PP.
En Ribadavia volve a dar vergoña. Os líderes que compraron, están caducados. E detrás non quedou nada. Non teñen nin candidato a estas alturas.nin mellor nin pior, cero.Na comarca o control de Rogelio non tén resposta pola incompetencia dos baltares, que non logran sumar máis que perdedores e impresentables.
En Xinzo e na Limia a ruptura é total. Non é que non se falen, é que hai duas partes rotas no PP desta zona. Os de Baltar intentan facer as suas candidaturas. Os demáis faran listas con outros nomes.Amarrar a un deputado provincial era clave
Pola comarca de Verín, os baltares tamén programan destitucions. Ata van destituir a un deputado provincial que fará lista diferente...
Por eso Baltar abriu a operación compra de deputado-tránsfuga...Non se fia de que varios dos seus lle deran as costas...e toma medidas para o futuro.Por si hai que deixar o negocio en herencia.Claro que ó mellor perde...
CONTINUARÁ.

VOLVEN...AS GAIVOTAS DA MERDA DO P.P.





Xa non chega que o PP nos vai traer a basura do Sur de Galicia e a Incineradora para a nosa provincia.
Agora Feijoo volve de novo co que mellor se lle da. Crear merda.Agora cunha campaña inxuriosa contra o noso secretario xeral.
Feijoo utiliza a Televisión de Galicia para crear noticias contra o seu competidor electoral, en térmos que berlusconi se queda en aprendiz. A TVG da noxo.Utiliza os medios-satélites subvencionados para expandir a merda que sae do seu laboratorio. Que vergoña ter un presidente así.
Podía aplicarlle ese esforzo a limpar a corrupción xeneralizada da deputación de ourense que adica a maioría do noso diñeiro para beneficio dos cargos e activistas do PP.Unha institución na que se venden a metade de precio as grandes fincas urbanas.Na que a xestión das obras é escandalosa.Na que calquer papel que toques é un escándalo.
Podía explicarnos cómo as que chama¡ estaban implicadas en redes de evasión de diñeiro en paraísos fiscais. Aínda non explicaches eso Feijoo. Non queres falar de evadir impostos...creo que eran miles de millons de pesetas...
Podías explicar cómo mantés como delegado teu, do goberno teu, a unha persoa IMPUTADA por malversar fondos públicos da Unión Europea ,fondos aínda non devoltos pese a sentencia firme da Audiencia Nacional.Persoa que se acreditou entregar subvencions a empresas propias.Que deu diñeiro público a empresas da familia...
Podías explicar o papel do PP de galicia,cuio secretario de organización era o segundo na rede,na trama GURTEL de financiación e corrupción,e desa rede que tivo presencia e actividade en toda Galicia,no partido do que eres o presidente .
Por qué non explicas estas cousas antes Feijoo ? antes de soltar as gaivotas do PP a encher de merda a nosa terra...

miércoles, 16 de febrero de 2011

Comparecencia:explicación Moción fomento reciclaxe actuación estradas

Hoxe en Comparecencia expliquei unha Moción presentada por mín (inda que por razons regulamentarias a asina a portavoz) sobre o fomento do reciclaxe dos materiales no caso de actuacion nas estradas e autovías do Estado.Tamén se propón utilizar caucho procedente da reciclaxe de neumáticos. Esto mellora as condicions de circulación en vías,como as de Galicia, con dificultades climatolóxicas propias,mellorando a seguridade. Tamén se propón utilizar técnicas como as mezclas templadas,para reducir as emisións de CO2. Nos próximos días debatirase no Senado.
Outros varios asuntos sairon na Rolda de Prensa.

Reunión Acción do Goberno a favor AUTONOMOS

Onte participei nunha reunión para facer balance da xestión do Goberno socialista en favor dos Autónomos. Estes traballadores obtiveron por lei o Estatuto do Autónomo no 2007.A partir de ahí múltiples logros como a indemnización por Cese Actividade,a prestación da incapacidade temporal,cobertura de accidente ou enfermidade profesional,protección caso maternidade/paternidade/adopción, axuda e bonificacións contratación traballador,aplazamento cuotas S.Social,devolución mensual Iva,recuperación Iva facturas sen cobrar,eliminación obligatoriedade cuota Camaras.
No caso dos Traballadores Autonomos economicamente dependentes (traballadores pero con contrato como autónomos) recollense dereitos como ter contrato rexistrado,período de vacacions,horario laboral...
Ningún goberno tén conquerido tanto para os Autónomos. Algo pouco recoñocido.Por elo facemos unha campaña de difusión destes logros pola provincia.

lunes, 14 de febrero de 2011

DESAXUN COS MEDIOS


Hoxe tivemos o Desexún cos Medios da provincia. Estivo Elena Espinosa,Alberto ,e o autor deste blog.
Falouse un pouco de todo como corresponde neste encontro aberto a calquer tema. Do Ave, das reformas do goberno,do acordo social.De perspectivas electorais.Do enchufismo na deputación.
Un encontro que non é para "colocar mensaxes", senon para entender mellor algunhas actuacions ou posicions, de intercambiar sensacions entre as partes...
Era o día de San Valentín. Parlamentarios socialistas e Xornalistas irémonos coñecendo mellor...

sábado, 12 de febrero de 2011

XINZO: PROXECTO PP INCINERADORA

Onte participei nun acto da Coordenadora da Limia contra a Incineradora do Sur. Xinzo saíu na lista de ruleta rusa do PP de comarcas a instalar a Incineradora do Sur e Macroplanta de basura.
A casa da cultura de Xinzo estivo chea a reventar. A oposición contra iste proxecto é masiva tamén nesta comarca. A Xunta tén que anular o proxecto de queimar 500.000 toneladas cada ano durante 50 anos.Debe renunciar a esta fórmula, para ningunha comarca,e de nengun xeito na provincia de Ourense.

martes, 8 de febrero de 2011

EN MADRID

Onte tiven ocasión de estar cos compañeiros da agrupación de Verín.
Pero pola mañanciña collín avión para poder asistir a reunión conxunta do Grupo Socialista Congreso e Senado. Na sá Ernest Lluch do Congreso.Veu o Presidente J.L.R.Zapatero.Vinno forte,con moita forza.
Logo reunión do grupo no Senado.Un momento tenro nunha certa despedida a Ruth Porta,secretaria xeral do grupo, que pasa como segunda na lista ó concello da capital.Que lista e traballadora é esta Ruth.Que boa xente.Que sorte traballar (ás suas ordes) estes anos...
Pola tarde o Pleno contará de novo con Zapatero no apartado de control,xunto con outros membros do Goberno.
Antes celebramos unha comida da Peña Barcelonista do Senado, da que formamos partes membros de diferentes partidos,uns máis e outros menos futboleiros.

domingo, 6 de febrero de 2011

ACTIVIDADE

As pasadas semáns foron intensas.O tempo de escreber foi escaso.Foi máis de facer ca de contar.
A actividade como senador fixo que andivera de xira polas comarcas :Ribeiro,Carballiño,Limia,Ourense,Monterrei,Baixa Limia,Celanova...
A actividade do comité electoral levoume a múltiples xestións, visitas,contactos nos pobos máis cercanos e nos máis alonxados. Facendo millas,vamos...
Como responsable da Escola do PSdeG fun dun lado a outros de Galicia.Estiven con cargos,con militantes de base,con activistas socialistas de tódalas provincias galegas.
E por si fora pouco...Feijóo non para de darme choio.
A Plataforma do Sí ó Parque de Empresas Ambientais ocupounos tamén. As charlas informativas levounos de Francelos, a Castrelo, a Carballeda, a San Cristobo,Arnoia...
Agora sumase a actividade colaborando coa asociacion INCINERANON, a Coordenadora contra o proxecto do PP de montar a Incineradora na nosa comarca.
Múltiples solicitudes de información doutras comarcas próximas no límite da provincia de Pontevedra,Carballiño,Ourense,a Limia...
FEIJOO....NON PARA...de destrozar cousas.
Nestes días síntome próximo as reivindicacións polos peches e recortes na sanidade,con Toén e Piñor...