jueves, 31 de marzo de 2011

Telemiño: falando do proxecto de empresa de coches eléctricos

Hoxe estiven nun programa de Telemiño. Na tertulia saiu o tema da anunciada fábrica de vehículos eléctricos en Melón.Creo que é bó reiterar a nosa posición.

O PP fixo moi mal querendo sacar un anuncio en clave partidista e de rentabilidade electoral. Fai unha foto de PP coa empresa.Algo moi visto e anticuado como os procedementos de Baltar.

O PP vai a campaña no Ribeiro coa mancha de ANULAR a instalación e un NOVO polígono industrial no Ribeiro (en Carballeda con empresas de reciclaxe e medio ambiente, coma esta) ,de impedir que veñan novas industrias parando a ampliación do Poligono de Ribadavia.De non facer un metro cadrado de solo industrial en dous anos.De levar a mitsubishi e outros proxectos para a costa...e de TRAER unha INCINERADORA para queimar o lixo do sur de Galicia no Ribeiro ou outra comarca próxima.

Por eso Baltar pensou que había que facer algo. (no medio hai un alcalde fiel que non pode ser candidato por inhabilitación).

En Melón levan anunciando 3 campañas municipais seguidas un montón de empresas e un gran parque empresarial : anunciouse que o urbanizarían emoresarios de Pontevedra,anunciouse a instalación de unha importante empresa de Valencia,ata se falou de Ikea...Despois das eleccions ,unha tras outra, novas frustracións.

O que deberían ter feito nestes anos é contratar e facer a urbanización do Parque Empresarial de Melón con Xestur.O goberno anterior da Xunta tramitou o plan especial correspondente.Os terreos nunca serán problema,coñecendo a disponibilidade dos veciños de Quins (dos mellores do mundo).Pero un Parque empresarial ,despois de ter os terreos, hai que facer o proxecto de urbanización, tramitálo cos procedementos ambientais e demáis,licitar,contratar e executar a obra.Falamos de varios anos.E ademáis hai que ter Depuradora e red de saneamento, abastecemento de auga,enerxía,telefonía etc...

Esto é o que o PP da Xunta tiña que ter feito.

Pero con vontade todo pode arranxarse.

Por eso creo que empezaron moi mal. Levan actuando mal moito tempo.

Este asunto tén que ser un asunto de todos, de unión.Sen fotos de precampaña.Sen anuncios enganosos.Sen esaxeracións...non fai falla anunciar mil postos de traballo. Con que veña unha empresa nova para o Ribeiro,con que se faga un novo polígono industrial en Melón, o de Carballeda e se amplíe o de Ribadavia, cheganos.Porque hai empresas agardando para vir (en Carballeda varias, en Ribadavia un par delas,en Melón virán outras), e centos de parados agardando.

Por eso, si queren, poden contar cos socialistas do Ribeiro e do resto de Galicia e España.Para o que faga falla.O que haxa que falar con veciños ou Administraccións. Só pedimos que non fagan partidismo.Que non anden a facer anuncios que manchan a campaña electoral.

E ademáis ESIXIMOS que esta empresa veña para o Ribeiro.Si Feijoo,Baltar,Hernandez,Guerra...nos anuncian que vai vir, collémoslle a palabra.Seguiremos os plazos.E demandaremosllo si de novo nos enganan. Pedimos que se comprometan co seu cargo.

......................

E dende logo INCINERADORA NON.

jueves, 24 de marzo de 2011

UNHA EMPRESA PARA O RIBEIRO?

A parafernalia do PP anunciou que hai unha empresa que vén para o Parque Tecnolóxico de Ourense e que no futuro pode instalarse no Ribeiro, en concreto en Melón.

A forma tan partidista e o momento electoral fai levantar moitas sospeitas (dentro de cinco días estes anuncios estarán prohibidos por Lei).

Pero ante todo teño que decir que sería moi positivo que unha empresa se instalara,troxera traballo para a nosa comarca .E máis si é do sector do medio ambiente como o coche eléctrico.

Os socialistas puxemos en marcha un parque empresarial precisamente de empresas ambientais. Había cerca de 20 empresas interesadas que podían dar traballo a centos de persoas,había o solo urbanisticamente apto,todo ...Pero foi Feijoo e o goberno do PP quén o parou.

O único proxecto sí aprobado é unha INCINERADORA para almacenar e queimar 500.000 toneladas de basura.

Os feitos son eses.

E os precedentes tamén son de coidado:

O PP no concello de Melón leva 3 eleccións municipais anunciando, uns días antes, que se gañan a alcaldía farán o polígono industrial e virían moitas empresas,que empregarían a todos. Resultado despois dos catro anos : cero metros de polígono, cero empresas,cero postos de traballo.

En cada campaña anuncianno, os electores respaldan ó Pp... pasan 4 vanos e nada.O curioso é que volve a resultar o truco.

Unha vez anunciaran que vendían a nave deportiva e alí instalaríase unha empresa de Valencia. Outra vez puxeron o letreiro anunciando o polígono (que aínda loce) .Outra vez firmaron un convenio cun tal Alvariño (en nome de empresarios de Vigo) para realizar o parque e traer empresas do sector do automovil da zona de Vigo.Outra ata se anunciou Ikea...Agora venden esta "MOTO" (nunca mellor dito).

Deseo máis ca ninguén que esta ou calqueira outra empresa veña para a comarca.Calquer cousa que eu poida facer ou axudar o farei .

Ata agora Feijoo,Baltar e o PP pararon o poligono de Carballeda , paralizaron a ampliación do de Ribadavia no que varias empresas esperan ter solo para instalarse. E en Melón nin Xunta nin Deputación nin alcaldía urbanizaron nin un metro de solo industrial nin os servicios necesarios en todos estes anos.

Pero a partir de agora será unha ESIXENCIA.O feito de que Feijoo mandara a un conselleiro seu a anuncialo, faino a él responsable de que se cumpla cada letra dos compromisos anunciados.Cada emprego. Queremos empresas e traballo aquí.

E dende logo non a cambio de cargar coa Incineradora.

TRABALLO PARLAMENTARIO

O luns xa relatei que tivemos Comisión de Medio Ambiente.
O martes e mercores sesión de Pleno.
Hoxe Comisión de Vivenda.
No medio tempo para asistir á presentación dos candidatos da comarca do Ribeiro.Un acto que realizamos en pleno casco histórico,na igrexa da Madalena de Ribadavia

lunes, 21 de marzo de 2011

Comisión de Medio Ambiente debate praga ACACIA

Hoxe empezou a primaveira.Un día oportuno porque no Senado acordamos por unanimidade:
"1. Incluir la Acacia dealbata en el Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
2. Impulsar en las comarcas de la provincia de Ourense más afectadas como la del Ribeiro, medidas de estudio del avance de la colonización de la Acacia dealbata en los últimos años, identificando las áreas más sensibles y las de especial virulencia, y proyectos de investigación para evaluar los tipos de tratamiento para su erradicación y las especies a utilizar para la recuperación ecológica,
3. Elaborar, posteriormente, un Plan de lucha contra la invasión de la Acacia dealbata en colaboración con la Xunta de Galicia, con la colaboración de Universidad y Comunidad Científica, Unión Europea, Administración Local y Comunidades de Montes y Propietarios."
Iste foi o texto que propuxen eu e incorpora o compromiso do goberno,ante unha iniciativa do senador do Bng.
Nunha materia que tiña que actuar a Xunta, de novo é o goberno a quén lle pedimos que actúe.O medio ambiente desapareceu das politicas do PP.
Satisfeito de contribuir a implicar ó goberno en accións a prol do medio ambiente (antes no tema de sanear o Barbaña, na defensa dos ríos Miño e sil...) mentras o goberno "competente" (?)pasa.

jueves, 17 de marzo de 2011

VISITA DA COMISION DE MEDIO AMBIENTE,AGRICULTURA

A Comisión de Medio Ambiente,Agricultura e Pesca realizamos unha Visita para coñecer distintas iniciativas cooperativas por Tarragona.No Delta do Ebro coñecemos os problemas e potencialidades do cultivo do arroz.Estivemos en Amposta vendo a cooperativa.En Reus coñecemos cooperativas de viño, de froitos secos (avelá,amendoa)...e o que é a estructura da cooperativa de segundo grau Unió.Tratamos tamén os problemas relacionados coa comercialización dos productos agroalimentarios nunha cadea moi controlado por uns poucos que dictan os prezos.Para elo falamos que o luns constitúese unha Ponencia nesta comisión para estudar precisamente os problemas na cadea de prezos que fai que o consumidor pague un prezo e o productor reciba un moito máis baixo. Falamos das expectativas do movemento cooperativo...En fin unha visita intensa e produtiva.

martes, 15 de marzo de 2011

Debate Estado Autonomía Galicia

Hoxe estou no Parlamento de Galicia. Despois de ver o informe do presidente,asistou o Debate.Teño especial interés en ver como Pachi o pón no seu sitio, na verdadeira realidade da nosa terra e da nosa xente.
Feijoo, despois de DOUS ANOS, escóndese das suas responsabilidades. Os problemas que non afronta con accións de goberno non son da sua "competencia", ou son culpa do goberno anterior ou do goberno socialista de Madrid ou de Europa.
Nunca vín tanto cinismo, e tanto sectarismo. Co goberno Feijoo a nosa terra sofre retrocesos nas libertades, no necesario pluralismo, utilizacion das institucions para perseguir ó adversario político (inspeccions de urbanismo, inspeccions ós sindicatos,...),utilizacion dos medios de comunicación públicos (Tvg e demais) como instrumento partidario e aluguer de medios de comunicación ó servicio do PP,prácticas de corrupción, de enchufismo, do transfuguismo máus rastrero...Pero claro eso será culpa do goberno anterior,de europa ou do goberno do estado.

miércoles, 9 de marzo de 2011

INTERVENCIÓN NO PLENO DO SENADO

Hoxe interveño no Pleno do Senado en nome do grupo socialista na moción do senador do bng sobre a xestión da conca Miño-Sil.
Despois de múltiples borradores, temos pechado un acordo (transaccional) sobre o texto definitivo.
Nese acordo recollense tres puntos:
Que no Plan Hidroloxico da Conca se suspendan as concesions de novas explotacións hidroeléctricas que teñan impacto ambiental.
Que se promova unha Comisión mixta Goberno e Xunta para armonizar as normas dos plans hidroloxicos da Conca competencia da Xunta e da Conca Miño-Sil.
Que se estuden maiores competencias do goberno galego na xestión da Conca competencia do estado, no proceso de reforma do Estatuto de Autonomía que debe ter Galicia.Esta é a forma axeitada de modificar o actual marco lexislativo.
O acordo é un encontro das diferentes posicions, no que traballamos curiosamente tres ourensans (Bouza do bng, C.Leyte do pp, e eu polos socialistas).
Unha base para que Galicia non teña retroceso nas politicas ambientais de protección dos nosos ríos que liderou Pachi Vázquez como conselleiro de Medio Ambiente do goberno progresista anterior, que supuxo suspender concesions ,impulso do plan hidroloxico e outras moitas accions.
O goberno de Feijoo é o maior enemigo que teñen neste momento os ríos galegos.
ANÉCDOTA: por ser unha Moción será a primeira ocasión na que poderei utilizar o galego no pleno do Senado.

viernes, 4 de marzo de 2011

Libro de XOSE RUAS

Onte tiven a honra de asistir a presentación dun novo libro do profesor da universidade de Vigo Xosé Rúas.Foi no centro cultural Blanquerna,en Madrid (unha nova agora cultural ).
O libro ,Manual del Candidato Electoral, é oportuno polo momento de precampaña electoral. Un manual sinxelo pero moi práctico e directo.

miércoles, 2 de marzo de 2011

ADIOS COMPAÑEIRO CURIEL


Hoxe foise o compañeiro Curiel, militante antifranquista,combativo pero amable demócrata.Ex-dirixente comunista.Ex-deputado e ex-senador socialista.Profesor.Traballador honesto.Sempre compañeiro.
Descansará en Vigo.