martes, 25 de noviembre de 2008

No Senado: en directo



Un compañeiro de escano envíame a foto no escano.
O luns tivemos Comisión de Medio Ambiente.
Martes e Mércores Pleno.
Xoves Comisión de Fomento.
Tamén faremos unha breve visita á Dehesa de Huelva para coñecer problemática desa zona referida a ese importante espazo que ocupa amplos territorios de Andalucía,Extremadura,Castela A Mancha,etc

lunes, 24 de noviembre de 2008

Reunión chegada AVE: UGT




Hoxe tivemos unha nova reunión para explicar chegada da Alta Velocidade a Ourense e Galicia...Despois de estar días pasados coa Cámara de Comercio, A.Mulleres Empresarias....Hoxe as nove da mañá estivemos no sindicato UGT.Encabezados polo Secretario Xeral F.Celis,estiveron os responsables das distintas Federacions.

sábado, 22 de noviembre de 2008

O PP ROMPESE


Gráfica a imaxe do pleno de Vilamartín de Valdeorras.
O Alcalde sólo.Os seus concellais (incluida a numero dous-sua filla) abandonaronno.
Esto pode contar entre as cousas que lle poden pasar a calquera.Os dirixentes do PP , presentaronno nas pasadas municipais en condicions pouco adecuadas ,para salvar a alcaldía.
Alcalde 36 ou máis anos,deputado provincial permanente ata fai pouco.Presidente todopoderoso da fundación Valdegodos,onde familiares seus "campan a sus anchas".Quedouse só nunhas datas especialmente sensibles,o 20 N,aniversario do dictador tan admirado por estas reliquias do PP.
Pero isto non é un mero accidente.
O PP ROMPE POR TODA A PROVINCIA DE OURENSE.
Onte foi Vilamartín.Antes San Amaro.Tamén Padrenda...E desapareceu nos concellos onde perdeu a alcaldía (xa son 30 na provincia,os máis fortes).E seguirá o proceso.Tanto que Baltar xa anuncia que se vai.Inda que non se da ido...O final o culpable deste proceso dexenerativo,deixa caer ós que os sostiveron nestes anos de dominio ABSOLUTISTA.Tanto controlou que non queda ninguén que valga para facer o que él é incapaz de facer.

viernes, 21 de noviembre de 2008

HOMES contra a Violencia contra as MULLERES

Na rúa do Paseo os socialistas organizamos,a través da Secretaría de Igualdade que leva Laura Seara,un bonito acto no que dez homes dixemos NON á Violencia contra as Mulleres.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

COMITÉ ELECTORAL PROVINCIAL

Hoxe quedou constituido o Comité Electoral Provincial,no transcurso da reunión do Consello Provincial.
O Coordenador será o Secretario Provincial Manuel Vázquez (Pachi),e eu serei de novo Vicecoordenador para traballar cun equipo no que as principales tareas estarán levadas polas compañeiras-os que teñen levado ó noso partido ó maior crecemento da hestoria.
O organigrama diferencia a parte organizativa da campaña, da área programática.

martes, 18 de noviembre de 2008

Plataforma SI



A Directiva compareceu ante os Medios para replicar algunhas afirmacions feitas polo Foro do NON ó Parque Ambiental que promove a Xunta...En conclusión dixemos que o feito de que no Plan de Residuos Urbanos de Galicia NON figure ningunha ubicación de tratamento de lixo na Comarca do Ribeiro,certifica que NON vai haber ningunha instalación para tratar residuos sólidos urbans.Hai máis, este documento impedirá que ninguén poida ter esas instalacions.Por eso non entendemos que se alegue porque NON se prevé no PRSU nengunha instalación no Ribeiro.

viernes, 14 de noviembre de 2008

Reunions Chegada AVE

As reunions anunciadas para explicar sociedade ourensá os pormenores da chegada da Alta Velocidade a Ourense,escomenzaron cunha reunión coa directiva da Confederación de Empresarios.Seguirán outras.

domingo, 9 de noviembre de 2008

FACENDO A MALETA

De novo preparo a viaxe a Madrid.Diversa actividade no Senado.Comisión de Medio Ambiente e Agricultura,Pleno do Senado.Outra actividade complementaria coma sempre que toca viaxar.
A distancia esixe cousas coma facer a maleta para varios días.Cousa que parece simple pero non o é tanto.Facer a maleta siñifica preparar a túa ausencia daquí.E tamén preparar a túa presencia alá.Siñifica romper mentalmente coa espazo máis próximo.E situarte noutro espazo,alleo,lonxano.Deixar o teu,as raíces. Voar,levitar.

NOTICIA Rolda Prensa sábado

La Región estivo ali...Outros NON.
www.laregion.es/noticia/73709/Ourense/presupuestos/PP/PSOE/Estado/

jueves, 6 de noviembre de 2008


A SOCIEDADE OURENSÁ COÑECERÁ A OPERACIÓN DE NUÑEZ FEIJOO E DO PP PARA QUITARNOS O DIÑEIRO QUE O GOBERNO DE ZAPATERO PON PARA O AVE

miércoles, 5 de noviembre de 2008


DENUNCIA EMENDA PP PARA QUITAR 134 MILLONS AVE A OURENSE


Hoxe teremos unha Reunión de Traballo cos diferentes Cargos Provinciais para cuestión de coordenación.

Pola tarde daremos unha Rolda de Prensa na que estará o Secretario Provincial,o Senador e o Deputado,O portavoz Deputación e Alcalde da Cidade.O obxeto será denunciar públicamente a acción do PP de,para contentar outros territorios,presentar unha Emenda que nos QUITA 134 Millons de Euros para o AVE a Ourense e Galicia.Eso supón un auténtico boicot á chegada da Alta Velocidade a Galicia. O tramo Lubián-Ourense é o único que non está contratada a obra.Xa están prácticamente rematados os Proxectos Constructivos e en poucos meses poderá licitarse.E o tramo decisivo para a chegada a Galicia.O tramo complexo:39 viaductos e 54 túneles),o máis costoso (1600 millons cando remate).Os primeiros 104 km en Galicia.Sempre se dixo que mentras non se empezara este tramo non se vería a chegada da Alta Velocidade.Que había que meter máis diñeiro nos presupostos.Fíxose o traballo que non fixeron os anteriores.Porque a xente tén que saber que un proxecto deste tipo non se empeza a obra sen máis.Hai que facer o Estudo Informativo.Hai que facer o Estudo de Impacto Ambiental.Hai que facer Expropiacions.Todo coas correspondentes Exposicións Públicas,estudo de alegacions e reclamacions.Logo facer o Proxecto Constructivo.Despois facer a Licitación.Logo según as propostas Contratar a obra á mellor oferta.logo EMPEZA A OBRA.De todas estas fases antes hai facer as previsions presupostarias no exercicio anterior.Dícese que facer unha obra deste tipo antes de que entren as máquinas leva un mínimo de 5 anos...

Por eso a presentación desa Emenda polo PP ,de prosperar no Congreso ou no Senado,suporía que o estado non podería contratar a principio do 2009 as obras por importe dos 254 millons que figuran nos presupostos.O retraso na chegada do Ave,que faría imposible a finalización no 2012.O PP podería asi botarlle a culpa a Zapatero e Touriño,a quén se debe a chegada da Alta Velocidade en condicions iguales ó resto de España.