miércoles, 24 de noviembre de 2010

INCINERADORA ADXUDICADA NO CONCURSO EOLICO

Hoxe denunciei un novo chanchullo do Goberno do PP e de Feijoo. O nunca visto.
Feij00 convocou un Concurso Eólico e adxudicou unha Planta Incineradora da basura de Galicia na miña comarca.
Sin concurso. como dí a tradición do PP, a dedo e a uns amigos.
Dalle un pelotazo eólico. E outro pelotazo de basura.
O mesmo que demonizou as industrias da reciclaxe e a compostaxe. Adxuduca a uns colegas a queima de 900.000 toneladas cada ano durante 50 anos, para producir enerxía eléctrica co lixo que os galegos pagan tasa para que se trate. Contra o que se fai en Europa.Co que se prohibe noutros territorios.En contra do Plan de residuos vixente (a modificación do Pp aínda non está en vigor).

Logo regreso a Madrid. Comisión de Presupostos. Reunión do grupo Federal de Medio Ambiente coa nova Ministra.
O Xoves xornada sobre as Políticas Activas de Emprego.Estará entre outros o novo Ministro de t
Traballo.

martes, 23 de noviembre de 2010

Comisión Medio Ambiente: depuración polígonos San Cibrao

Hoxe debatemos na Comisión de Medio Ambiente,Agricultura...unha Moción do Bng sobre o saneamento dos verquidos ó Barbaña .O texto mellorámolo no senso de que non é suficiente actuar na EDAR, tamén hai que facer control dos verquidos das industrias,estudar os pretratamentos antes do envío a depuradora e outros aspectos. Todo esto é competencia do concello de san Cibrao (que cobra os impostos as numerosas industrias e é competente para dar licencias e calificar urbanisticamente pero escaquéase dos problemas), é a Administracción competente en Saneamento é a Aotonómica (que cobra o canon de saneamento e dende que está o PP multiplicase a sua falta de control) única que pode intervir. Cómo estas administraccions e o PP non resolven (a Deputación xa ninguén conta que aporte nada a nigún problema supramunicipal), nós ofrecemos a colaboración do Goberno do Estado para que non haxa vertidos que maten a vida de novo no Barbaña. Cómo hai 500 empresas e 10.000 postos de traballo polo medio, os socialistas dende o goberno do Estado buscaremos solución.
Encima o Partido Popular NON APROBOU a resolución que consensuamos PSOE e BNG...Vaia,vaia.

domingo, 21 de noviembre de 2010

Fin de Semán Movido


O sábado fixemos a Convención Municipal coa participación de cen alcaldes ,multitude de cargos .Total máis de mil compañeiros concellais e responsables de partido.O desenrolo un éxito. Con forza para continuar traballando por Galicia.Polas PERSOAS.

O domingo moitisimos cargos e afiliados estivemos na Convocatoria en defensa da SANIDADE PÚBLICA en Galicia.Da Alameda ata a Quintana milleiros de galegos con sol e con choiva expresamos a nosa defensa dun servicio público,gratuito e universal como conquerimos os socialistas hai máis de 25 anos xa.