lunes, 30 de agosto de 2010

EMPEZANDO UN NOVO CURSO

Un novo curso asoma.
Un curso decisivo para o futuro de España. O pulso entre as forzas conservadoras e as do progreso son desiguais.Os poderes económicos ,e os medios de comunicación que poseen, non van axudar a que o cambio económico que necesitamos sea a favor da maioría da xente. Os que causaron a crise pola sua avaricia desmedida queren que pague o coste ideolóxico as ideas socialistas para seguir facendo o mesmo.Compre situar a cadaquén no seu lugar .
En canto a Galicia, os enganos a dereita quedan o descuberto en canto tén que gobernar. O que esixía na oposición ó goberno anterior, parece que non é tarefa deste. O goberno da dereita pásase o tempo escapando,escondéndose,rehuíndo responsabilidades. E repartindo o botín, favorecendo os do negociete fácil (a uns unha Incineradora, a outros uns parques eólicos ou unhas minicentrais,a outros obras por importes que doblan o custe, a explotación dos hospitais, das residencias de maiores e outros servicios sociais..)Ali Babá sería un inocente nese goberno.
Por eso é momento de ter as cousas claras. De decílas clarísimo. E de acción. Moita acción para que os cidadáns vexan o que os medios de comunicación dos poderes económicos lle van ocultar ou disfrazar.

lunes, 9 de agosto de 2010

POR FIN BALNEARIO EN PREXIGUEIRO


Despois de 15 anos de constituída a Fundacion Vila Termal de Prexigueiro (da que fun promotor e primeiro presidente) abrironse as instalacions do Balneario de Prexigueiro (parroquia de Francelos-Ribadavia) tanto tempo soñadas.
Felicitacions para todos, en especial o actual presidente e alcalde Marcos.
Eu xa as probei e gostei delas.
Recomendación de visita e utilización.

domingo, 1 de agosto de 2010

REGRESO: NON A INCINERADORA DE ROGELIO E BALTAR

De regreso compre manifestarse contra os plans do PP,de Feijoo,e dos seus axentes Baltar e Rogelio, de construir unha Incineradora entre Vigo e Ourense (o sea no Ribeiro).
Mentiron antes.
Minten agora.
Cando se trata de grandes negocios sempre minten.
Con esta operación poden retirarse.
Acabaron cun proxecto para ubicar aquí moitas empresas de reciclaxe,absolutamente limpas,tecnoloxicamente avanzadas,con 800 postos de traballo,que faría desta comarca vangarda no desenrolo económico.
Cambiannolas por un almacén da basura e unha planta para queimar todo o lixo do sur, e pode que despois de toda Galicia.Sen poñerse colorados.
Onde están os alcaldes do PP ,tan activos para dar subvencions,para montar manifestacions,para poñer pancartas? Onde esta a tele do PP (antes tele arnoia) e os seus parlanchins insultantes e inxuriantes? Onde están os señoritos fachiñas ecologetas de findeseman,onde están os preocupados adegueiros militantes peperos ? Onde están os prolificos articulistas de mentiras e blogueros? Onde os estudosos que tantos estudos científicos dominaban?
Parece que desapareceron polas cañerías do PP.
O negocio da para moito.
Pero aquí queda xente decente .
Despois de case 6 meses que a Xunta modificou o Plan de Residuos de Galicia para poñer a Incineradora.