domingo, 31 de julio de 2011

LA VOZ CONTINUA A MENTIR

La Voz publicou aquela falsedade que puña na miña boca de dar asco "traballar na Deputación" en lugar de ... "as órdenes de Baltar ",para explicar que non queremos os despedidos traballar noutro lugar que non sea o grupo de oposición a Baltar. O MESMO DÍA redactei a correspondente solicitude de RECTIFICACIÓN, dereito que me dan as leis, para sinalar a falsidade publicada.Onte pola mañán cedo envieina por Burofax.Hoxe non só non a publican, senón que volven a reiterar as mesmas mentiras.

Entendo as queixas e e desesperación dos cidadáns cando reclaman mellor funcionamento da xustiza, máis información e transparencia dos seus representantes.E tamén uns medios de comunicación veraces e útiles a sociedade. De nada vale que pretendas dar datos ou información de algo si un medio crea unha información falsa ou parcialmente falsa (as piores mentiras son as medias verdades). Os medios de comunicación son EMPRESAS, das que son donos os que as financian ou manteñen. Boa parte dos medios escritos son utilizados como armas de comunicación e creación de información ó servicio de poderes políticos ou económicos pouco transparentes . Eso é o que hai.

As televisions aínda están pior (hai unha municipal no concello de Arnoia só adicada por Roxelio a falar mal de mín ). Apenas quedan algunhas RADIOS. E agora oportunidades a través de internet para que sea a propia persoa a que relate os feitos, sen intermediarios que o interpreten.Coa única censura que a prudencia que un queira ter,ou os silenzos que queira gardar.Que son moitos.

Poñerei noutro post a Carta de solicitude de RECTIFICACIÓN a La Voz en Ourense.

Para o que queira velo, o vexa.

Solicitude RECTIFICACIÓN La Voz Galicia-Ourense

SR:DIRECTOR DE LA VOZ DE GALICIA EN OURENSE.

D.Miguel Fidalgo Areda,con domicilio en A través del presente escrito se dirige al Sr.Director de La Voz de Galicia en Ourense para exponerle.

1.SOLICITA que se RECTIFIQUE, dentro del plazo de los siguientes 7 días a la publicación de las informaciones que cito son inexactas

PRIMERA.- En la edición del 29 de Julio en su periódico La Voz de Galicia-edición de Ourense página Local 6 se pone como titular “FIDALGO: DARÍAME ASCO TRABALLAR NA DEPUTACIÓN” lo cual es falso que yo pronunciara esa frase. Tal información se hace recogiendo unas declaraciones en comparecencia y un comunicado personal realizadas precisamente para contestar a otros hechos falsos publicados por su medio y que citaré en el siguiente apartado.

SEGUNDA.-En la edición del 27 de julio en su periódico La Voz de Galicia-edición de Ourense página Local 5 se pone como titular “EL SENADOR MIGUEL FIDALGO EXIGE UN EMPLEO FIJO EN LA DIPUTACIÓN”, lo que como se explicó en comunicado y comparecencia el día 28 de julio , no es verdad.


2.Las informaciones publicadas con falsedad perjudican la veracidad de la información exacta que merecen los ciudadanos, perjudica mi imagen pública en base a información que perciben los ciudadanos.Con ello se pretende quitar credibilidad a los numerosos abusos denunciados a lo largo de muchos años en cumplimiento de mis obligaciones públicas y éticas.

3.Solicita que en los términos previstos en la legislación vigente se publique la siguiente RECTIFICACIÓN:



MIGUEL FIDALGO NO AFIRMÓ QUE LE DARÍA ASCO TRABAJAR EN LA DIPUTACIÓN NI EXIGE UN EMPLEO FIJO

Miguel Fidalgo no afirmó que le daría asco trabajar en la Diputación, sino “a las órdenes de Baltar”. La institución ,mientras exista, y sobre todo la mayoría de las personas que trabajan allí merecen mi respeto. Muchas de ellas son víctimas también de diferentes atropellos y abusos a sus derechos por parte del presidente.A mi NO me agradaría trabajar A LAS ORDENES de un personaje como Baltar que obliga a sus trabajadores a cometer numerosas irregularidades e ilegalidades, y que se comporta como si la institución fuera su finca y los trabajadores sus siervos.
La frase “dar asco trabajar a las órdenes de Baltar” se produce en la comparecencia para explicar precisamente la otra información falsa. YO NO EXIJO UN EMPLEO FIJO.Yo no quiero trabajar en otro departamento ni otro contrato que al servicio del grupo socialista mientras éste quiera.
Yo como trabajador estoy con contrato en vigor desde hace 15 años, en EXCEDENCIA FORZOSA ,con reserva en el puesto hasta mi cese en el cargo de Senador. El presidente de la Diputación me cesa ilegalmente y por lo tanto mis abogados tramitan las medidas legales contra ese despido ilegal.
Y esa reclamación laboral se hace con el único objeto de desempeñar mi trabajo en el Grupo Socialista de la Diputación mientras éste así lo desee,de forma que el día que me digan que quieren cambiar yo cesaré voluntariamente sin ninguna reclamación ni indemnización.
De ninguna forma voy a reclamar trabajar en otro departamento de la Diputación ,y por ello expresé mi rechazo a la idea de estar a las órdenes de Baltar.
Mi rechazo a estar a las órdenes de un personaje que quiere coaccionar a la oposición. Que le hace chantaje para que sus trabajadores no ejerzan sus derechos, que los deja sin personal ni recursos mientras no retiren sus reclamaciones. Que les hace chantaje advirtiendo que si los tribunales le condenan ,cualquier indemnización se cargará a costa de la subvención que perciban. Mi rechazo a la idea de estar a las órdenes de Baltar ,que anuncia que no acatará los dictámenes de los tribunales y cometerá una nueva ilegalidad. Porque la subvención a los Grupos es ilegal dedicarla a gastos de personal.Los grupos políticos no pueden contratar personal ni pueden dedicar la subvención que perciben a gastos de personal.
Y si alguien pretende crear confusión y evitar que se denuncien los numerosos casos de enchufismo partidista en la Diputación de Ourense se va a equivocar. Más bien nos motiva para investigar y denunciar las ilegalidades que cada día se cometen.Y para llegar hasta el fondo.
En Ribadavia a 29 de Julio de 2011.

MIGUEL FIDALGO AREDA

viernes, 29 de julio de 2011

La Voz, a prensa amarela de Ourense, volve a FALSEAR o que digo

O representante da prensa amarela LA VOZ en Ourense, non dí a verdade nin cando recolle a resposta as suas falsedades.


Días atrás inventou a mentira "El senador Miguel Fidalgo exige un empleo fijo en la Diputación" e outras varias.

Cando explico o comunicado feito (publicado neste blog), non recolle o sustantivo dos datos ofrecidos que desmontan a información manipulada que ofreceu.Nin fai nengunha pregunta na comparecencia.

Aínda encima volve a falsear ata as miñas palabras.Hoxe dí Que dixen "Daríame asco traballar na Deputación", cando debería decir " Daríame asco traballar ás ordes de Baltar".Haiche diferencia. A Institución merecde todo o respeto.Boa parte dos que alí traballan teñen a miña consideración,afecto e compasión.Pasan por cousas terribles....Pola contra o noxo é un sentimento que provocan persoaxes coma o citado,que vai facendo enemigos por todas partes e que detenta un cargo ó que nunca se someteu a elección dos cidadáns.

Ademáis o mandado do Pichi crea un comentario co clásico facha "todos son iguales ou todos son o mesmo".

A liña de Murdoch e Aznar,vamos.


Esta edición do xornal que xa foi condenada a RECTIFICAR sobre mín, tenta a sorte de novo.

MILAGRO EN OURENSE

Fai uns días prodúxose un importante miragre en Ourense. Creo que debe contarse para que quede para a posteridade e seguro que ningún medio o fará público.


Pode que sexa unha proba para cando haxa que tramitar o expediente de beatificación e posterior elevación a Santos.


En días pasados estivo na residencia Hospitalaria un dos veciños máis miragreiros.O beato Baltar .


Procurou estar o mínimo tempo, non sei si pola razón de que dirixe o Centro a prima de Feij00(Esa que aínda non recibiu nin deu explicación da morte do compañeiro Castro,concellal de Castrelo de Miño).


Como todo ourensán sabe os pasillos e salas de Urxencias están cheos tódolos días de doentes en camas polos pasillos.Ti vas andando e vas vendo un corredor completo de enfermos medio espidos coas suas pertenzas en bolsas ,que esperan as veces días.


E ese día resulta que vexo un dispositivo policial e de seguratas impresionante, e ningún enfermo en camas polos pasillos.Miragre. ¿Sería Baltar,pensei,un novo miragre seu?.¿Sería o eficaz Feij00 ?


Entérome que O Presidente da Xunta (o Primo da xefa do hospital) VISITABA a un enfermo ilustre, o Sr Baltar.


Un dispositivo policial e de seguridad privada impresionante...Coches oficiais por todas partes.


Sacan os doentes dos pasillos a toda presa para amontoalos noutras salas lexos de por onde vai pasar o Presidente. Que non vexa as miserias da súa xestión.Ocultar a realidade.Ou que non a vexan os que cubran a visita. Que non vexan os pobres pacientes ourensans .Que non se vexa como estan desbordados un elemental servicio como o de urxencias do complexo hospitalario provincial.


Coma con Franco. Que non se vexa. Que non se sepa. Que nadie diga que para visitar a un amigo no hospital tés que movilizar ducias de policias,ducias de coches oficiais.Tés que facer desaparecer os enfermos que tódolos días están nos pasillos e escondelos en salas clandestinas.


Para que se diga que o Gran Timonel, O Caudillo de Galicia é EFICAZ. E tamén AUSTERO.




jueves, 28 de julio de 2011

miércoles, 27 de julio de 2011

DESPEDIDO E APALEADO

COMUNICADO PERSONAL DE MIGUEL FIDALGO AREDA

DESMINTINDO INFORMACION DIFUNDIDA POLO PRESIDENTE E SECRETARIO DA DEPUTACION PROVINCIAL

O pasado día 6 o Presidente da Deputación comunicoume o DESPIDO como traballador do Grupo Socialista, pese a estar en EXCEDENCIA FORZOSA por ser Senador.
Por elo os meus avogados formularon as accions administrativas para recurrir ese atropello por parte do xefe do PP .
Miguel Fidalgo Areda NON pretende EMPLEO FIXO na Deputación nin presenta reclamación para elo.
Miguel Fidalgo é CONTRATADO da Deputación dende 1996. Por decreto do Presidente do 28 xullo 1997 ten contrato para dirección técnica do Grupo Socialista de Deputación cunha duración “MENTRAS EXISTA GRUPO POLITICO DO PSOE NA DEPUTACION E ESTA CORPORACION MANTEÑA PERSOAL CONTRATADO PARA OS REFERIDOS COMETIDOS” di textualmente o Decreto que asinaba Jose Luis Baltar.
O mesmo Presidente por Decreto do 18 de abril de 2008 concedeu “EXCEDENCIA FORZOSA durante o tempo que preste a función de Senador,coa incorporación ó mesmo posto unha vez remate a súa función”.Durante este tempo nomease substituto a outro compañeiro que desenvolve a miña función.
De forma sorprendente o Presidente con data 6 de Xullo de 2011 ponme en coñecemento o CESE na relación laboral que manteño coa Deputación.
Tal acto supón un ataque ós dereitos como traballador ós que non penso renunciar, e un grave ataque ós dereitos do Cargo electo de Senador que en EXCEDENCIA non pode ser despedido.
Tal acto débese a unha represalia anunciada hai uns meses pola acción política de denuncia dos atropelos e abusos de Jose L.Baltar, para castigar ó grupo socialista.
É intolerable que o presidente pretenda facerlle chantaxe ó grupo do PSdG-PSOE para que obrigue ós traballadores que renuncien os seus dereitos e acepten unha decisión caprichosa de Baltar para que renuncien os contratos do 97, ou deixar o Grupo sen recursos económicos nen humans.
É ilegal someter ós Grupos a chantaxe de que si os traballadores presentan reclamación laboral non lle permite contratar persoal e no caso de que a deputación deba indemnizar as torpezas de Baltar por sentenza xudicial, sea a costa de recorte da subvención que lle corresponde ó Grupo, que quedaría HIPOTECADA por anos. Creo que si os xulgados condenan a deputación polos erros de Baltar debe ser Baltar quén o pague e así o demandarei.
É Baltar quen acordou o DESPIDO dos Traballadores do Grupo Socialista exclusivamente. O fai por represalia e castigo pola acción de control e denuncia dos abusos que comete día a día durante moitos anos.Non é alleo a esta acción os preparativos de sucesión no TRONO que prepara como se fora a herdanza da súa finca.
Os Traballadores DESPEDIDOS o único que fan é DEFENDERSE nas Instancias Administrativas ,e no futuro nas Xudiciais, que as Leis e o Estatuto do Traballador lle outorgan.
Miguel Fidalgo NIN QUERE NIN ACEPTARÁ desempeñar un posto de traballo diferente ó que foi contratado, ó servicio do grupo Socialista.Baixo ningún concepto aceptarei traballar noutro departamento.E deixarei de traballar para o grupo Socialista no momento que diga o Grupo Socialista….pero dende logo NON porque o decida Baltar.


Miguel Fidalgo lamenta que por parte da secretaría da deputación non se gardase a reserva esixida a un profesional sobre a custodia dos documentos que presentan os traballadores ou os cidadáns no rexistro. E máis grave é que o Secretario Francisco Cacharro relate as conversas privadas que se manteñen con el entre un traballador despedido co seu avogado. E aínda máis grave é que o que se conte non teña nada que ver co sucedido e falsee a conversa persoal mantida para favorecer ó seu xefe.

Postdata:

Dificil explicar que se os traballadores custan o mesmo esten contratados dunha forma ou outra, se fan o mesmo traballo e función para os Grupos,se dependen do mesmo grupo político... non se entende que o Presidente Baltar tome a decisión de DESPIDO ,excepto por vinganza ,para evitar o control que lle fai o Grupo Socialista,e para no futuro plantexar novas voltas de torca.
Curiosamente terá que ser o candidato de Ourense que tantos medios e recursos esixiu na cidade, o que presida o pleno,con Baltar escondido.

lunes, 18 de julio de 2011

75 ANOS

Hoxe fai 75 anos xa . Cando uns golpistas atentaron contra a democracia en España.A dereita,apoiada polos nazis e outras forzas de ultradereita, non tolerou que "os outros" poideran obter a confianza da maioría e gobernar en defensa dos máis febles.


Foron 3 anos de guerra civil, de centos de miles de mortos na guerra.Millons de españois que tiveron que fuxir.Centos de miles asesinados ,paseados (claudiados dise aqui), "ponteados" (aqui o matadeiro era a ponte de Castrelo no río Miño que baixaba de sangue),encarcerados.


E foron 39 anos de Dictadura fascista,de persecución e silenzo,de sofrimentos,de vinganzas.


39 anos de complicidades.Algunhas imperdonables coma a da Xerarquía Católica.Outras definitivas coma a de moitos veciños cómplices,cooperadores necesarios,vergoña para todos.


Nunca poderemos compensar ós perdedores, bós e xenerosos.Nunca Galicia poderá recuperar aquel autogoberno de 46 anos de retraso.Nunca España recuperará máis de 40 anos de atraso de innovación educativa (A institución libre de enseñanza, aqueles inolvidables maestros da república,a Universidade), de innovación médica e científica (que se foi a América ou Europa)(lembro o doctor Veleiro ), de anos de democracia e libertades....Teremos que vivir coa vergoña na nosa conciencia (os que a teñamos claro).


Nunca devolveron as propiedades roubadas. A Casa do Pobo da uxt e psoe nunca se devolveu (foi escola, centro social ,sede provisional do concello,agora sede do consello regulador do Ribeiro).Outras nunca poderán ser devoltas.As vidas roubadas,as familias rotas,escapar ó monte e viver como animais perseguidos,esconderse nos faiados,perder o pai ou a nai, ter que fuxir ´extranxeiro para nunca volver máis,a fame pasada, a vergoña e a persecución do día a día....


Outros non terá esa oportunidade. O alcalde de Ribadavia Benito Gallego Montero (do que escribin un artigo no Faro de Ourense fai 25 anos) e os tres concelleiros fusilados en Ourense.Ou o alcalde de Carballiño,o do Barco,o de Verín...ou Manolo Suárez.

O socialista ourensá Amador Cobas,sindicalista,atopado no regato en Francelos.Ramón Vázquez presidente do sindicato obreiro e campesiño de Arnoia fusilado.Nonito Alvarez do sindicato de Beiro.ETC,ETC.


A esquerda perdonou (inda que moitos nin xiquera pediron perdón aínda).Para pasar páxina,Para construir a democracia e as libertades de novo,para todos,entre todos.Para construir unha sociedade máis xusta e igual, como quixeron facer hai 75 anos,despois de gañar as eleccións.



Por eso, debemos darlle honor a aqueles millons de herois,de cidadans leais coa democracia,que deron a vida e sifriron persecución por eses ideais. E nunca deixar defender eses ideais.Mataron os homes e mulleres.Non poideron cos ideais.Viven máis que nunca.

viernes, 15 de julio de 2011

Mostra Internacional Teatro de Ribadavia

Abrese o Festival Internacional de Teatro 2011.Serán 9 días e noites de teatro de calidade,variado,rompedor. Serán nove días de miles de visitantes a Ribadavia e o Ribeiro.

Será por 27 vez seguida...e 43 anos despois da 1ª mostra do teatro galego de Ribadavia.

En fin,o fin de semán será de teatro ,de francelos e balneario. Imposible mellorálo.

lunes, 11 de julio de 2011

PORTAVOZ de Medio Ambiente,Agricultura

Hoxe acudín á reunión preparatoria do Pleno, xa como Coordenador -Portavoz na Comisión de Medio Ambiente,Medio Rural...


Moita ledicia pola confianza da dirección do Grupo Socialista no Senado e a dirección do Partido.


Ledicia polo apoio dos meus compañeiros do Grupo e da Comisión.


Xa se sabe que un nestes momentos que falan de min,poñome colorado e acostumbro a calar.Grazas e a traballar .

domingo, 10 de julio de 2011

PLENO EN XULLO

Novo Pleno no Senado.
Tocame levar unha Moción relacionada coa representatividade das Organizacions Profesionais Agrarias nos Organismos do Estado.As diferencias dunha nova organización (Unión de Unions..)con forte presenza en Cataluña e Valencia coas principais organizacions do sector UPA,COAG a a referente do pp Asaja, son motivación desta iniciativa de CiU.
No pasado pleno traballei na tramitación da Lei de residuos que traspon a Directiva Europea e traía centos de enmendas.

sábado, 9 de julio de 2011

PECHE ACTIVIDADES ESCOLA FORMACIÓN



Hoxe pechamos as Actividades do Curso 2010-2011 da Escola Francisco Fernández do PSdeG.

Os cursos ,específicos para os novos concellais ,hoxe celebranse en Pontevedra e Ourense.


En setembro comenzamos a actividade deste 2º Curso de existencia da Escola iniciada despois do Congreso de 2009.


Nestes dous anos son máis de 100 os cursos celebrados. E foron mais de 3.000 os compañeiros que poideron participar.


Unha ferramenta do Partido para mellorar o traballo político dos concellais e outros cargos públicos ó servizo dos cidadáns, para que os militantes e voluntarios poidan levar a cabo a sua vocación social de compromiso.


Tamén un espazo para coñecer outros compañeiros,encontro entre cidadans comprometidos,un lugar para debater e contrastar propostas de acción.


Despois de 2 anos alégrome que iste proxecto sexa algo plenamente consolidado.