lunes, 31 de diciembre de 2007

FELIZ 2008

FELIZ ANO 2008 A TODO O MUNDO
O meu regalo hoxe son uns versos atopados na bloosfera,dun autor ANONIMO:

Voy a seguir creyendo, aún cuando la gente lamentablemente pierda la esperanza.
Voy a seguir dando mucho amor, auque otras personas siembren odio.
Voy a seguir construyendo alrededor mío, aún cuando otros destruyan.
Voy a seguir hablando de paz, aún en medio de una terrible guerra.
Voy a seguir iluminando el camino, aún en medio de la oscuridad total.
Y, seguiré sembrando, aunque otras personas pisen la cosecha.
Y, seguiré gritando al viento y al mundo, aún cuanto otros callen.
Y, dibujaré muchas sonrisas, en algunos rostros con lágrimas.
Y, transmitiré alivio, cuando vea que las personas tienen dolor.
Y, regalaré motivos de alegría, donde vea y haya tristezas.
Invitaré a caminar a cualquiera que decidió por su cuenta quedarse en un sitio,
y levantaré los brazos a los que se han rendido, y no tienen ninguna esperanza.
Porque en medio de la desolación, y la amargura siempre habrá un niño vigilante que nos mirará esperanzado,
y la vez tratando de esperar algo de nosotros, y aún en medio de una gran tormenta.
Por algún lado saldrá brillante el sol matutino, y en medio del desierto árido crecerá una planta, llena de flores y de frutos.
Siempre habrá un pájaro cantando alegremente alrededor nuestro, habrá también un niño que nos sonreirá alegremente y una mariposa que nos brinda su belleza silvestre.
Pero...si algún día ves que no sigo al lado tuyo, ya no sonrío ó callo, sólo acércate, abrázame y dame un beso, un abrazo ó simplemente regálame una sonrisa.
Son esas cosas simples las que nunca se olvidan.
Con eso será suficiente por ahora, seguramente ya habrá pasado la tormenta que la vida me abofeteó horriblemente, y me sorprendió infraganti por un segundo.

O NADAL NON É CONSUMISMO

A dinámica de consumismo no que se convirte o Nadal creo que causa máis mal que ben. Por eso teño a determinación de NON ENVIAR SMS ,non facer exesos co teléfono,e co resto dos bens consumibles que nos poñe diante dos ollos....Ata onde poda,claro.Pero un pouco que faga cada ún,entre todos será moito.

ADEUS A XAIME QUESADA




Hoxe démoslle o adeus á Xaime Quesada.Cecáis o mellor pintor da modernidade.Xenial e excéntrico.As veces as persoas que se sinten xeniais,tómanse a libertade de facer excesos,que a outra persoa o definirían como tolo.Eu teño o recordo del do tempo da transición cando era activo militante comunista...

A cerimonia foi exquisita,cun texto que fixo un sobriño que parecía que mesmo o escribirá él.A múseca deu o aire espiritual que merecía o acto.

viernes, 28 de diciembre de 2007

CANDIDATURAS SOCIALISTAS-crónica de urxencia

Esta noite vimos de celebrar o Comité Nacional no que proñemos as candidaturas para as Xerais.En Ourense,para o Congreso,presentamos a ministra ourensá Elena Espinosa,o deputado Alberto Fidalgo,a vice de xuventudes Antía García e o portavoz de Verin Juan Carlos Francisco-Suplentes a portavoz de Viana Carmen Carballo,o secretario local de Xinzo Jose Luis Conde,e a secretaria organizacion Caldelas Eva Méndez.
Para o Senado eu mesmo(supl o alcalde de Petin Miguel Bautista),con Elvira Lama de Xinzo(supl o alcalde de Parada Sil Paco Magide) e o secretario comarcal Celanova Alfredo Vázquez (supl a compañeira Exectiva Galega Susana Rodriguez).
Despois das propostas de 59 asambleas,con casi o 90 % dos votantes,no meu caso,é unha honra que o Partido me presente de candidato.
Non recordo que a proposta para Xerais fose aprobada por aclamación polo órgano nacional que representa as agrupacions e comarcas.
Se contara as palabras e os xestos bonitos que vin nestas semans dos meus compañeiros da provincia poñeríame moi colorado...e a timidez é dos rasgos que me definen.

CUIÑA

MORREU CUIÑA, O HOME CLAVE NOS 16 ANOS DA ERA "FRAGA" .
Home con moitos prismas. Nos úlimos anos tiña concidido bastante con él, en parte porque fuxía dos seus...Sabíamos que iste desenlace estaba próximo.O home que o tivo todo,que mandou en todo,deixou todo moito antes que aquel a quén serviu cunha fidelidade probablemente non mercecida de todo...Dos que nos deixan sempre se fala ben.Unha ocasión para reflexionar,tamén sobre o pasaxeiro dos poderes.En todo caso ese sorriso da foto ,cun certo aire inexcrutable,quedará no recordo.

OS REISES MAGOS CHEGARON A OURENSE POR ERROR



POR ERRO,CHEGARON A OURENSE,HOXE 28 DE DECEMBRO,TRES REIS MAGOS DESPISTADOS: FEIJOR,RAJUAR E BALTAR.
O "Nene" recebiu os regalos dos Magos

miércoles, 26 de diciembre de 2007

LEÓN

Hoxe estivemos en León. Alfredo é amigo. E unha nai é unha nai. E a nai dun amigo merece o que faga falta...Así que alá chegamos...a cerimonia en San Andrés de Rabanedo,agora unido á capital.Na terra de Zapatero,unha misa breve (ó revés do que se estila en Galicia),un curioso cura de color e acento brasileiro...Un montón de veciños de Valdeorras,alguns da provincia,cargos diversos...(ata alí tamén chegou o presidente da deputación).

lunes, 24 de diciembre de 2007

FELICES FESTAS A TODOS

A tódolos homes e mulleres do mundo FELICES FESTAS.Os amigos-as que o futuro lle veña cheo de felicidade, porque o merecen. Os enemigos que o futuro lle traia Paz.Os adversarios que cheguen a convertirse en amigos.Os máis marxinados do mundo que lle chegue Xustiza.Que os do mundo máis rico lle devolvamos o que é seu ós países máis empobrecidos...porque os países non é un debuxo no mapa, son millons(miles de millons) de persoas que viven cada día, que ven como non teñen que darlle de comer os seus fillos(que vergoña que aínda morra de fame millons de seres humanos),millons de nenos que non teñen escola e teñen que empezar a traballar,a prostituirse,ou collen un fusil con oito ou nove anos(podemos poñerlle rosto a eso nun neno desa idade que coñozcamos?),de millons de seres humanos que ven como os seus seres queridos(os pobres tamén lle queren os fillos ou parella) morren por non ter atencion médico ou medicamentos que valen céntimos ,....
Non creo que ninguén poida ser feliz sabendo que millons de persoas non o son.Por eso o desexo de Felicidade abarca a todos os seres humanos do mundo, e aínda non deixa de ser maís que eso,un desexo.
Felices días de Nadal,pois.

sábado, 22 de diciembre de 2007

EN BEADE

Hoxe tivemos unha comida fraternal os cargos públicos da comarca de Ribeiro e do Carballiño.Este ano eleximos Beade como lugar de encontro.Sempre é oportuno ir a Beade,estar cos compañeiros,que sofren ano a ano,mes a mes, día a día, de forma inconcebible para os que non estamos alí.
Non lle quero mal a ninguén (inda que as veces poida parecélo).Pero as veces veñenme pensamentos de que algúns son merecentes de moitos males.
En fin, ali estiveron concelleiros de tódolos concellos,alcaldes coma o de Ribadavia,Carballiño,Maside,Punxín,Piñor,Carballeda de avia,...os dous deputados provinciais(o primeiro deputado provincial socialista do Ribeiro),a deputada Laura...e tivemos a honra de que viñera o Conselleiro Pachi...Unha representación do gran avance da nosa comarca,que é a máis importante polo peso político que tén na provincia.En poucos anos foi posible.E a cousa non queda ahí...Seguiremos medrando en apoio. Os relevos en concellos coma Melón,Cenlle ou Leiro,San Amaro ou Castrelo,Irixo ou Cea...xa están ahí.

viernes, 21 de diciembre de 2007

VESPERAS Nadal

Semana de vésperas de nadal.
A intensa actividade parlamentaria marcou a axenda:Pleno para aprobar presupostos;pleno ordinario,comisión segunda...
Semana de gastronomía: pincho oficial, comidas diversas...cada ano multiplicanse este invento de facer comidas e ceas de nadal.Supoño que polo menos será bó para o sector da hostelería...
Máis que datas de amizade, parece cada vez máis datas de consumismo.Últimamente tapamos todo con actos de consumo...A falta de dedicación ós próximos tendemos a sustituílo con regalos...con xestos.Cando o mellor é o corazón e os bós sentimentos.

lunes, 17 de diciembre de 2007

COMITÉ ELECTORAL PROVINCIAL

De novo reunión de traballo do Comité Electoral Provincial,coa asistencia de practicamente os desasete membros(todos os responsables de área)...Seguimos traballando nos obxetivos máis ambiciosos...Ourense vai ser provincia decisiva para o signo do goberno de España.Ourense quitase a etiqueta de conservadora

sábado, 15 de diciembre de 2007

VISITA LOBIOS

Despois de todo o día por ahí, acabei viaxando a Lobios para ter unha reunión na que o alcalde e o concellais deron conta da xestión no concello do que levamos de lexislatura.
Unha información en detalle,con resposta a aclaracions...Unha xestión modélica...Un exemplo de xestión na provincia.
LOBIOS FAIXE EXEMPLO.

LEI DESENROLO RURAL

Hoxe preséntase no auditorio do Carballiño, a Lei de Desenrolo Sostible do Medio Rural,para toda Galicia, coa presenza do Presidente e da ministra Elena Espinosa.
Por fin o medio rural tén unha Lei que vai garantir que os que vivimos nel temos os mesmos dereitos e condicions de vida que os da cidade...Tiña que ser un goberno socialista quén fixera xustiza do rural.

jueves, 13 de diciembre de 2007

CUMIO CONTRA CAMBIO CLIMÁTICO


Hoxe regresamos da Conferencia que organiza a ONU contra o Cambio Climático.

Unha experiencia inesquencible por moitas razons.

A propia dimensión do acontecimento,unhas 15.000 persoas,que moviliza.

A disparidade de actividade nos quince días que dura.

Coñecer ó pobo balinés,a súa cultura:hindús nun país islámico de Asia !...

Coñecer tantas persoas,tantas experiencias....

Uns días moi especiales na miña vida....

O cansancio é abafante....Creo que reterei na lembranza durante moito tempo cada minuto destes días intensos.

domingo, 2 de diciembre de 2007

ACTIVIDADE DE LOITO

Onte ,sábado, estaba previsto multitude de actividade que quedou suspendida polo asasinato en Franza dun axente da garda civil e un compañeiro aínda en coma,que esperamos poida vivir.Un rapaz ,desarmado,asasinado por detrás.Morreu valentemente evitando que outros moitos morreran,tal como parece estaban preparando os terroristas.
Acudín a Berán para explicar as razons do arlazamento do acto previsto.
Asistín a Asamblea de Xuventudes Socialistas,que cubriu nese ambiente de dor,a renovación despois de 4 anos dos cargos ,cun novo secretario xeral: Jonathan da Silva.
Lalo Gómez deixa o listón moi alto.Exemplo de renuncia e adicación ós ideais.Non deixa as XXSS,simplemente cambia de responsabilidades.
Jonathan será diferente,pero co mesmo ánimo.
As xuventudes son do mellor que temos...Radicais para non olvidar o que somos,firmes para non perder de vista o que buscamos,xenerosos para que sepan como somos.

viernes, 30 de noviembre de 2007

RESUMEN SEMANAL

Ista semá non tven ocasión de escreber...Por eso conformome cun RESUMO:
Domingo: proclamacón Zapatero como candidato a presidente.
Luns:Pleno Presupostos Parlamento...comida con alcaldes dunha comarca ourensá..A noitiña coordenadora Plataforma SI.
Martes:no Parlamento comparecencia liñas Plan G.Residuos Urbanos.
Mercores:Pleno Parlam.Pola tarde Reunión Comarca Ourense...a máquina electoral socialista xa ferve.
Xoves:Pleno con expectactivas en Ribadavia,o que asistin (debe ser a sexta ou sétima vez que entro no concello dende hai catro anos e medio que deixei de formar parte da corporación durante vinte anos seguidos). Os que querían ruptura quedaronse coas gañas...Non lle quedan anos de oposición!! Unha vez máis quedou en evidencia que NON HAI ALTERNATIVA.A oposición da PENA. O portavoz do PP (os demais non falan-eu creo que nin están mentalmente no salon-) inventou unha moción para que os do NON lle aplaudiran...Dos asistentes eran o doble os que apoiaban o goberno que os que iban coa camiseta e cartel.Cada vez son menos,inda que mais sectarios...Bueno quedalle Tele Arnoia..Ahí son solo eles e poden pavonear a sua cobardía e inxuriar e insultar...Todalas sectas fan o mesmo.
Venres: Continuamos cos numerosos actos de balance do goberno.
Por exemplo hoxe estiveron cargos públicos en Lobeira,Sarreus...Eu pola noitiña fun ata Padrenda.Antes estiven nunha charla na que O Director Xeral de Calidade explicou o Plan G.de Residuos Urbanos,afirmando con rotundidade que o documento demostra que NON hai ningunha instalación de residuos en Carballeda e que o Parque Ambiental é un proxecto que NON tén relación co lixo...Os poucos que quedan colgados da pancarta do NON ata levaron grabadora...Espero que se poñan a cinta moitas veces a ver si se enteran.

viernes, 23 de noviembre de 2007

MULLER E MAGOSTO

Hoxe tivemos un emotivo acto,cunha representante das mulleres de Ciudad Juárez.
Taén foi día de Magostos importantes:Ourense cidade,Carballiño,e outros varios...Eu estiven invitado en Paderne,cenamos e falamos do futuro...

jueves, 22 de noviembre de 2007

ACOMPAÑANDO A CARLOS

Hoxe estivemos con Carlos Rodriguez,intentando axudar a sobrelevar a perda do seu pai.Unha nova ,que por agardada,non deixa de ser un pau no máis profundo da ialma.
E os amigos estivemos con él.O mellor estorbamos máis que axudamos.Pero é desas cousas que hai que facer inda que non separa para qué.Pero estar con Carlos era a obriga dos amigos.E Carlos tén moitos.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

EXECUTIVA GALEGA

No Parlamento o Conselleiro deu contas dos graves feitos polos que unha empresa secou un embalse.A empresa do ex-ministro de franco beneficiaria da privatización dun río para que fixera minicentrais e grandes centrais,por obra e gracia do que o nomeou e do ex-compa no consello de ministros do dictador.Este que quixo forrarse coa expropiacion do Ave...
Logo participamos na reunión da Executiva Galega para acordar a proposta cara a asamblea da Fegamp...

jueves, 15 de noviembre de 2007

VERIN

Hoxe vamos a VERIN...Mª Xosé Caride explicará a xestión do Goberno que preside Emilio Pérez Touriño.
Vaia trote que se pegará a conselleira.Hai lembrar que hoxe é unha data significativa.HAI CONSELLO DA XUNTA EN MUXÍA.O Goberno cos que máis necesitan.Hai xestos que o dicen todo.Só Touriño tén iste corazón do que saen estas cousas...con inversións inmensas...polo tanto aparte de corazón con cabeza.
En Verín con novas caras.Xoan Carlos tén futuro.El é o futuro.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

COMITE ELECTORAL E CARBALLIÑO

Hoxe teremos unha intensa actividade cos responsables de Movilización...Esta será a campaña na que vamos intensificar con maior énfase este aspecto...Miles de voluntarios van falar en nome de zapatero cos veciños da provincia,nas súas casas,nos seus pobos,na rúa...
Remataremos o día cunha reunión comarcal no Carballiño...E ,de propina, un acto público para dar conta ós veciños da xestión na Xunta,dos novos proxectos...
Gostame recorrer a provincia,estar coa nosa xente...é agotador,pero tonificante.Creo que o mellor alimento para un político...Volver canso as tantas da noite,pero coa vitamina de aportar algo con compañeiros cos que compartimos os nosos ideais máis profundos...
Pero o Carballiño sempre é algo ESPECIAL.Ganan a xente cada vez que estás con eles.Sínteste dunha forma que non te sintes en ningún outro lugar...Poden presumir de XENTE.

lunes, 12 de noviembre de 2007

ACTIVIDADE DO SI

Hoxe continuamos coas reunions INFORMATIVAS dos que defenden ,coa sua libertade, o SI ó Parque Ambiental de Galicia.
Xa estivemos con numerosos colectivos...Estivemos cos hoteleiros,con xente que tén restaurantes,con empresarios da construcción, con empresarios doutras actividades, con técnicos...Hoxe estaremos con propietarios de cafeterías....Todos aqueles que piden falar connosco, poden escoitar as nosas RAZÓNS,poder ter verdadeira INFORMACIÓN...así poden opinar con máis libertade,co seu criterio.
Os intolerantes seguen arrancando as pancartas do SI,seguen rompendo os carteis informativos que explican as características do proxecto....Seguen creando crispación e provocando...
O "Chaves de Arnoia" segue aparecendo na SÚA televisión caseque tódalas noites...O PP segue liderando e marcando a agresiva campaña contra a instalación de INDUSTRIAS ambientais na comarca.Os radicais do P.P. (os alcaldes ultras,os voceiros-bocazas...)marcan a pauta no PP da comarca. O insulto,a inxuria é a súa arma...Que lle quede anotado. O PP CONTRA AS INDUSTRIAS NA COMARCA.

jueves, 8 de noviembre de 2007

RODA PRENSA,SEMÁ INTENSA


Hoxe tivemos Roda Prensa,resposta ós ataques do PP ós compañeiros da Limia.Outra de Producciones Baltar ("autor intelectual" das numerosas plataformas manifestantes,nunhas zonas disfrazados de ecoloxistas,noutras de antiecoloxistas...como él mesmo,capaz de defender unha cousa e a contraria,de cambiar a chaqueta dez veces,de ser de esquerda,da dereita,do centro e do revés).
A semá foi intensa.
-5:Presentación Presupostos Consellería no Parlamento.
-6:Reunión cos alcaldes e portavoces da comarca de Bande,con cargos:coñecer as actuacions importantes para comunicar a comarca(dotación de 25 millons de euros no 2008 para a carretera),as melloras sanitarias para equiparar os veciños da Baixa Limia co resto de Galicia, o logro dun Parque de Bomberos para a comarca que lle dará seguridade e un moderno servicio ós veciños...
-7:reunión con cargos públicos da comarca de Trives e Caldelas:Castelo de castro Caldelas.Preparación Eleccions xerais.Previsions e propostas de actuación ó goberno.
Acto Público "balance de 2 anos de Goberno na Xunta"-Castro Caldelas.
-8:roda prensa
debate "Telemiño"-sobre os soldos dos cargos públicos...
Curioso.No que vai de semá tódolos días cheguei a casa entre as 11 ou 12 da noite, tódolos días fixen entre 300 e 400 km conducindo eu, comendo fora (a miña costa)...aínda algún terá algo que reprocharme a noite no debate.




sábado, 3 de noviembre de 2007

DIAS DE FRORES

Un pequeno paréntese na repleta axenda dos últimos meses.Un paréntese de froes e castañas.Os galegos (máis os do ribeiro)temas esa capacidade de compaxinar perfectamente o tradicional "magosto" con abuso de comida e bebida, coa devoción polos que morreron á quenes lembramos con frores e lembranza.Agora ata temos un festexo "meiga",cunha noite longa de festa...algo axeitado aquí onde dende o século XIX a industria principal "foi" a fabricación de ataúdes.

miércoles, 31 de octubre de 2007

FAI DEZ DIAS DA INXURIA

Xa fai dez días que un periodista cobarde,escondido en seudónimo,para apoiar a un político cobarde que non se atreve a inxuriar na sua boca suxa, montaron unha INXURIA,que non demostraron, da que recebiron a documentación que proba a súa falsedade,que foron requeridos á RECTIFICACIÓN que aínda non fixeron no mesmo espazo e pola mesma firma. Con cobardía intentaron tapar a rectificación en "cartas al director".
O valente sería rectificar,repoñer a honra manchada.
O valente sería atacarme na vía política a min.
¿Por qué meter os fillos,as mulleres,os irmans?¿Por qué meter á familia?
¿Por qué Rubin utiliza o medio "informativo" como arma de guerra sucia, para axudar a Rogelio Martínez? ¿Tanto lle estorbo nos mutuos intereses? ¿Tanto se deben un ó outro?¿Tanto se aman?
..................................
Curioso: Rubín foi largado do Ribeiro, de cese súbito, por decisión "inspirada"(dicen) polo enton conselleiro de agricultura e impulsor de Rogelio, porque o delegado daquela de La Voz na delegación do Ribeiro e a emisora Antena 3 Radio, molestaba a Rogelio. Odio eterno prometeulle Rubin.
...................................
Conclusión: detras de cada decisión, hai unha boa razón.

MULERES EN RODA DE PRENSA

Hoxe deron roda de prensa membros da coordenadora da Plataforma SI Ó Parque Ambiental.
Unha maravillosa casualidade fixo que fosen CATRO as mulleres que rotatoriamente hoxe falaron polo colectivo.Tres delas creo que era a primeira comparecencia ante medios de comunicación.Exerceu de voceira Esperanza...Éxito rotundo.Como o farán cando leven moitas...

ESCRUTINIO

Hoxe estivemos líados co escrutinio das eleccions REPE de arnoia.O resultado mantense igual.Hai sete votos que non se abriron,sete electores non recontados(tres poden decidir un concellal socialista)...
Chegan informacions de Uruguai e Arxentina,de familiares e coñecidos que enviaron o voto en tempo e forma,con máis antelación que os que chegaron á mesa...e eses aínda non chegaron.
Como cheira mal,vamos investigar...Calquer información de votantes que enviaron o voto e cren que non chegou,mandadenos copia da certificación de correos...como se dice,seguiremos informando.

martes, 30 de octubre de 2007

IMPERATOR AMENAZA

Hoxe o imperator amenaza con "non sei cantas" denuncias nos tribunais. Teño unha norma de andar polo mundo: non son o primeiro en ir ó xulgado; pero aquel que me leva VAI SABER O QUE É IR Ó XULGADO...
Sempre desprecei ese recurso para a política. Ignorei os ataques que me fixeron por esa vía.En parte fixen o parvo.Púxenlle a outra meixela a quén me deu.
O PP (os dirixentes máximos da provincia-utilizando ós parviños de turno daquí) montou contra mín multiples DENUNCIAS...Querellas por non dar licencias (ilegais e contra normativa),ata por cambiar a feira de ubicación,porque a casa de cultura sobrepasaba (decían eles) cuarenta centímetros a altura,...Outros inventos máis.
Por apartarme ata algún me quixo barrer á cuneta no coche...
Encima de ir ó patronato do que eu presidente acarrexar nos vellos (algún morreu días despois) cambiándolle as papeletas e utilizando as "santas"monxas que lle retían o carnet (e eso que eu era o presidente,o que mandaba ali...que farían se non o fose?)... acabaron denunciandome e montando unha peli.
Nun pleno,cando implantei a participación dos veciños para intervir(xa fixo 20 anos), a dereita provocou incidentes que acabaron a tortazos cun concellal dun grupo independente (agora no pp) que fixo que ante o intento de volver a provocar incidentes que impedisen a celebración do pleno a policía lle impedise a un acceder ó salón...o presi do pp montou unha denuncia con abogado da deputación (logo alcalde de nogueira de ramuin).O que hoxe provocaría(coa lexislación que fixo o PP) a condena con pena de CARCEL de quén foi interrumpir a celebración dun pleno, acabou condenando o alcalde que nada tiña que ver coas guerras internas e peleas físicas entre xente da dereita...
O PP tén sorte que nunca denunciamos ós seus cargos na vía penal.
Pero que calen a boca:

1.Rogelio Martínez puxo no banquillo procesado ó portavoz de Ribadavia ata fai pouco( Caracas).O grupo caraqueño deulle a alcaldía o PP cando coas siglas polas que saiu elexido (gracias a quen lle gañou os escanos de corpore in sepulto) estaban gobernando co PSOE...no máis clamoroso caso de merca de vontades e cambio de chaqueta que se recorda.Rogelio retirou a denuncia por APEDREAR á sua casa a quén leva agora á TELE ARNOIA, a botar veneno contra nós...facendo dúo co de beade(salvado doutra querela posta por un denunciante falecido).
2. O primeiro alcalde do PP de Ribadavia foi condenado a pena de cárcere por estafa ás arcas públicas.

3.O segundo alcalde do PP foi condenado a pena de cárcere polo caso da falsificación de etiquetas do Ribeiro no Consello Regulador.
4.O outro prohome do PP (de arnoia)na comarca xa se coñece como foi.
5.O propio Roxe como presidente da mancomunidade viuse implicado na desaparición de diñeiro no servicio de Recadación da Mancomunidade.
Podemos seguir....nos outros concellos. E eso sen que nós puxesemos denuncia penal contra ningún alcalde do PP...Se quixeramos facer ranking non che digo nada...Pero nunca é tarde.Podemos empezar agora.
QUE CALEN

lunes, 29 de octubre de 2007

GANOU A LEGALIDADE

A lei cumpriuse. Gañou o candidato do PP,que non é o mellor,pero foi o que decidiron os votantes.Acatar a súa vontade é obriga que facemos con gusto.Ó final a mesa tivo un comportamento adecuado.Acabamos o reconto e toda a complexa documentación tardísimo.Sobre as 2 da mañán chegamos a casa.
PP:750 (186 exterior) /PSOE: 212 (23 exterior) / BNG : 139 (7 exterior)
Quedan creo que 5 votos sen abrir e outros 12 a estudar si son validos ou non...O mercores decidirá a xunta electoral de zona.Eso é o que debeu facerse nas anteriores eleccions e non contaminar os votos pendentes de reclamación cos votos válidos.
Si o Psoe tén 3 votos máis obtería o 2º concelleiro...
Pese a longa noite tiven que madrugar para cumprir outras citas...hoxe teño o día ocupado ata as 11 da noite mínimo.
Os 25 anos daquel 28 de octubro FELIZ do 82...paseino facendo democracia.Qué mellor celebración.

domingo, 28 de octubre de 2007

ARNOIA

Pasamos o domingo de eleccions.Cumprindo o acordado polos tribunais...O imperator abunda no desacato e desprestixio da xustiza,denigrando as sentencias....
Un día maravilloso, nunha paisaxe única,cunha xente moi especial que non merece algunhas cousas que lle pasan.Sole ocorrir.A natureza ofrécenos mil probas deso: o contraste da vida.
A Arnoia segue tendo rincons únicos, un río irrepetible,o encontro co Miño,os socalcos,os vales,o bosque...e unha xente conversadora,acolledora,amable e cariñosa. Os mellores viños.Os pementos e o resto da horta singulares.
...Algún día atopará un alcalde.
(desperto que me vou o reconto)

sábado, 27 de octubre de 2007

Tele Arnoia- ROGELIO versus CHAVEZ

Faltan horas para celebrar en Arnoia as Eleccions ,que os tribunales de xustiza mandaron repetir,polas irregularidades provocadas quenes forzaron introducir e contar votos impugnados de nulidad.
Bueno,pois o imperator de arnoia,regis mancomunidade e vice dictator na deputación, apareceu ante os ollos dos dez concellos da comarca do Ribeiro a través da emisora municipal de televisión "Tele Arnoia"...A eso das 10 da noite e ata as 11 (prime time no ribeiro).
Unha nova locutora(a nosa isabel gemio) casualmente CONCELLALA do PP en Ribadavia, CRISTINA DOPICO fai inocentes preguntas....
O IMPERATOR responde con seguranza...non hai ninguén que o poida contradecir...
Por si fora pouco,por unha esquina asómase SENÉN, o cómico da corte.
Entre bambalinas,coa cobardía do pelotas de turno, LUIS MACIAS fai gracias que dan pena.
DESCALIFICA OS OUTROS CANDIDATOS...non hai risco ,ninguén lle vai pedir opinión.
Aquí sólo falan os do PP. Ultimamente veñen os concellais do PP de toda a comarca,os de Carballeda teñen preferencia...ata de Maside,de Punxín...Tele Arnoia conquista a audiencia máis alá dos territorios nos que manda o imperator.
Con total libertade o imperator pode insultar a todos, calumniar a todos.SOLO FALA ÉL.
La Voz tampouco dirá nada.A Voz quedou en silencio na Arnoia.
Calquer día pedirán libertade... en Venezuela.
O mellor ata montan un foro,ou unha manifestación...Vai ti saber ata onde chegan as suas ansias de "libertade".

"Cambiando Ourense"

Hoxe celebramos a Convención de Cargos Públicos Socialistas da Provincia de Ourense. Xa se fixo costume no outono.
Iste ano é de luxo. Xa son 23 alcaldes e 7 cogobernos municipais.Con deputados nacionais,autonómicos...máis deputados provinciais(a puntito da presidencia)...Todo o goberno de España.Moitos concellais.Directores xerais da Xunta,delegados das consellerías...CONSELLEIROS varios confirmaron presencia.Pero hai cousas novas.HOXE ESTARÁ tamén o Alcalde da cidade de Ourense.E hoxe estará o PRESIDENTE de Galicia.
E sobre todo moitas ideas,moitas propostas,a entrega de centos de concellais comprometidos con esta provincia,unha organización volcada,cun liderazgo ,que a está cambiando...

viernes, 26 de octubre de 2007

A CHARANGA ATACA

La Voz de Galicia NON RECTIFICOU a falsedade publicada sobre mín.
Aínda encima permítese REPETÍLA, da mán dun dos insignes membros da charanga anti-pachi do carballiño...Baltar agradecerallo calquer dia...
De novo solicitarei rectificación...prometo compensar a afrenta cunha pulpada...no bar calvo...que é onde nacen estas cousas,despois dalgun exceso co viño tinto...

jueves, 25 de octubre de 2007

CARTAS AL DIRECTOR EN LUGAR DE RECTIFICACIÓN

Hoxe La Voz de Galicia-edición Ourense-publica no apartado de "cartas al director", o escrito oficial enviado esixindo a rectificación que me corresponde pola Lei.
Faise publica como se fose unha vulgar queixa por calquer tontería.
A rectificación está perfectamente recollida na Lei e na xurisprudencia deste país.
Debe ser publicada de similar xeito a como se publicou a inxuria, asinado como rectificación pola mesma persoa que a producíu.
O delegado de La Voz de Galicia en Ourense,unha vez máis burlase da Lei,dos dereitos constitucionais e do Libro de estilo do xornal que o soporta.
Haberá que ver...

miércoles, 24 de octubre de 2007

RUBINs FAMILY -I-

É inxente a cantidade de información que me chega estes días....das máis diversas fontes...
Unha dime que falando de fillos.Un tal Deivid, moi coñecido polos amplos reportaxes no periódico do seu pai (tamén polas habilidades artísticas,cada cousa como é), SI QUE TEN RELACION RECENTE COA DEPUTACION DA CORUÑA: 6.000 € ,un premio seguramente merecido.
Cecáis acaba de nacer unha SERIE neste blog.

domingo, 21 de octubre de 2007

I N X U R I A S

La Voz de Galicia en Ourense, co seudonimo no que din se ESCONDE o seu delegado(Rubín é para o PP algo así como Pedro Jota era a Aznar ...), obsequiame hoxe cunha INXURIA e CALUMNIA notorias:
dice La Voz de Galicia que fixen a cacicada de que contrataran ó meu fillo na Deputación de A Coruña.
O fillo que teño, tén 28 anos,maior de idade .Licenciouse en Ciencias políticas e da Administracción na Universidade de Santiago en setembro de 2006.
En setembro de 2006 matriculouse nun Master da Universidade de Santiago de "Administración Local",para especializarse.De setembro de 2006 a xuño de 2007 fixo a parte teórica,asistindo as clases na facultade de Dereito.De setembro de 2007 a xuño de 2008 realiza á parte de prácticas nas institucions coas que tén convenio a USC. A Universidade de santiago asignoulle como lugar de prácticas a Deputación de A Coruña. Non tén pois NINGUNHA RELACIÓN LABORAL con ningunha institución nin empresa. Realiza un curso de especialización en administración local no lugar que lle asignou a él e a outros alumnos do curso a propia Universidade.
..................................................................................
A verdade e nada máis que a verdade.
¿Cómo un periodista e un períodico como La Voz de Galicia poden facer afirmacions tan falsas contra un responsable político?
Son outras moitas as mentiras e falsidades que contén a información dese xornal....pero hoxe quero dunha forma simple deixar en evidencia como un Medio de Comunicación irresponsable e pouco profesional pode utilizar un servicio público como este e causar tal daño.
O que máis me ofende é o daño ó dereito do lector a estar informado correctamente.
Este tipo de periodistas ofenden os moitos otros que cada día traballan por ofrecer unha información rigurosa. Ofenden ós medios de comunicación, que coa súa linea, tratan de facer un diario honesto.
Dañan a un membro da miña familia, sen que nada fixera para sair nese debate.(é notorio que libremente se presentou noutras siglas as que eu milito nas últimas eleccions).
De min teñen dito tantas falsidades,que non me afecta o que según quén poida decir...

Que conste, que ninguén(digo NINGUÉN) do PP me poderá decir nunca que eu non podo facer o mesmo.

YouTube - Con Z de Zapatero

YouTube - Con Z de Zapatero
Non son dos que recurre a re-difusión...pero neste caso merece a pena pola orixinalidade do prantexamento do inicio da precampaña para as Xerais 2008.

sábado, 20 de octubre de 2007

O GOBERNO DA CONTAS

Sen querer parece que a actividade pública vence a outros temas de comentario.Non é o que eu quero.
Pero hoxe temos un acto en Ourense: a ministra de agricultura,Elena Espinosa, vai a falar para os ourensans. O obxeto é explicar que leva feito o goberno polos seus cidadans.
Paréceme adecuado que o Goberno DÉ CONTAS ós cidadáns. Os que os votaron e ós que non. Ó cidadán soberano, que é quén manda e ordena.

viernes, 19 de octubre de 2007

IDIOMAS

Cada vez sinto máis non haberlle adicado máis tempo a coñecer outros idiomas.
Eu son dunha xeneración afrancesada.Aprendimos o francés, a sua cultura,a sua literatura.Ler en francés é unha delicia incomparable.Coñecimos cada rincón desa Francia idílica sin habéla pisado...
Eu son desa xeneración que creceu aprendendo latín.Sofrindo coas declinacions ,e logo disfrutando con Cicerón...Ler a Cicerón en latín é algo incomparable...
E ata tiven a sorte de aprender algo do grego clásico...Unha lingua que sale con ritmos...
Fun un privilexiado,apender a lingua galega, cando estaba prohibida no ensino.Non só cun profesor insigne (profesor Botana)...incluso coa disciplina que da ter calificación e estudar a gramática...sabendo que eso non é o máis importante.
Hai xente que fala e escribe o galego decindo moitas cousas e dunha forma moi galega...Hai outros que cunha exactísima gramática linguistica oficial non dice nada....desa venme esa manía por ser infiel coa norma...Nestes anos dende a prohibición ó oficialismo actual,pasei por tanta normativa,que paso de normativa.Amo a miña lingua e chégame.Teño o luxo de poder usála,gustame ...non quero máis.
O que da para escreber un libro é a miña relación co inglés.Non a quixen aprender polo que políticamente representaba. O ser a lingua do imperio americano, o ogro dos anos 70,foi razón tan suficiente como estúpida. Como se as linguas tivesen culpa do que fan con elas...
Na mili foi a razón para escaquearme a un breve cursiño e sair dos murosmilitares.
Agora desearía coñecer esa lingua polo que vale: a posibilidade de comunicarme con millons de seres humanos que se expresan con ela...Para eso son as linguas:para comunicar uns seres humanos con outros...
Unha graza para rematar:
Por eso do latín, leo facilmente (libros,webs,documentos oficiales) catalán...
Eu non me chamo Josep Lluís...non me parece mal que alguén se chame así...e digo eu ¿non haberá cousas máis importantes de qué debater?

miércoles, 17 de octubre de 2007

ESTO MOVESE

Xa empeza de novo a actividade electoral. En días pasados continuamos ciclo de reunions comarcais: Bande, A Limia, Celanova...
Dias atrás tivemos reunión en Madrid.O Comité Electoral Provincial está a toda máquina:Un equipo xoven,con incorporacions interesantes e xoves veteranos tamén.
Estamos coa Campaña "2 anos de Goberno da Xunta": hoxe en Ourense Laura Seara e Pachi falarán para os cidadans de Ourense capital.

viernes, 28 de septiembre de 2007

DE APOSTOLADO

Nestas semans percorremos as diferentes comarcas...
O Comité Electoral da Provincia, cos diferentes cargos(deputados nacionais,autonómicos,provinciais,alcaldes,delegados consellerias,etc..),estamos a celebrar reunions nas comarcas cos alcaldes e concellais,secretarios xerais locales etc...
Son moitas as horas adicadas...moita a información que circula, moitas as suxerencias enriquecedoras...
Unha organización da que sentirse orgullosos, unha militancia comprometida, uns cidadans que traballan polo CAMBIO na provincia de Ourense.
A Comarca de Verín, con novas forzas a por todas...novos líderes con outros veteranos.
A Baixa Limia, unha organizacion de goberno,con vocación maioritaria de novo en casi todolos concellos.
.....Hai esperanza...e REALIDADES.

lunes, 17 de septiembre de 2007

PLATAFORMA SÍ

Hai unha semá tivemos nova reunion para nomear a comision coordenadora da Plataforma(que creamos o 8 de setembro)...Cun simple sms, na casa da cultura xuntaronse 150 persoas...despois pedir que viñesen un par de representantes por pobo ou asociacion...Tanto que tivemos que usar megafonía para que oiran todos e tivemos que usar o salon de actos da casa da cultura,en lugar da pequena sala que pediramos.
Xente con gañas de falar e decir cousas...
Xente respetuosa. Xente respetable (alguns os coñezo de hai vinte anos loitando por esta comarca,arriscando o seu,renunciando a levarse ben cos caciquiños ou a enchufar os fillos). Xente que sabe vivir con pouco , pero que non sabe vivir sen dignidade.
Xente farta de mentiras...
Curioso: o que se pasou sempre gobernando,pasou do SI SI, ó NON NON.
Hoxe reunimos a coordenadora...chamame a atención a chamada á TOLERANCIA, cos do NON.De respetar os que pensan diferente...
Con todo fixemos análise...
A conclusión foi rotunda: o día 15 a xente do Ribeiro NON nos fallou.
A campaña informativa, con poucos medios máis que a nosa voz (con todo o ruído que houbo nestes 9 meses ou mais), xa deu resultado.
Os veciños do Ribeiros NON FALLARON.

viernes, 14 de septiembre de 2007

Tele PPemento

Asi é como lle chama a xente na comarca. O exemplo máis escandaloso de desinformación...En tempos de Franco, cando mandaban na vida e facenda de todos,non se atreveron a tanto.

Que pena que algúns entren ó xogo e se presten a ir a ese medio.

Por moito que lle expliques a algúen de fóra, ninguén che creerá que haxa unha tele pagada co diñeiro público,que emite tal cantidade de insultos ós contrincantes políticos...e do calado que o fan.

Menos mal que os esprutos que nos adican os portavoces do pp (con minuscula)que ahí levan,dicen o que son os que emiten os ladridos...De feito creo que canto máis nos insultan máis xente nos apoia.

´Que conste en acta que quén tal cousa fai e promove...nunca terán razon moral para queixarse de nada...

sábado, 8 de septiembre de 2007

FESTAS PORTAL

Festas Portal.
A Comarca xuntase en Ribadavia.
Días para o relax...para ver amigos que só vemos nestes días.
Alguns viven todo o ano fora,alguns moi lonxe.
Cada ano fan un tremendo esforzo para estar no Ribeiro.
Que bonito...que todos estes amigos poideran vivir aquí,traballar aquí nas mesmas condicions que o fan fora...

jueves, 6 de septiembre de 2007

Plataformas

nestes días temos decidido crear un colectivo que dé información fidedigna e de rigor sobre o proxecto de Parque Ambiental...

Como se non andivera suficientemente ocupado.

Seguro que hai algún a quén lle vai molestar a idea.

Reprocharanme a miña militancia...Un que leva de activista dende sempre (ós 17 anos xa loitaba contra Franco), e de militancia socialista 25 anos...vai ser que non estou lexitimado ou lle teño explicar

lunes, 3 de septiembre de 2007

REGRESO

De novo,a dura realidade.
Que ben se está de vacacions...Iste ano máis necesarias que nunca.
E ...merecidas.
Moito de familia.
Algo de praia...inda que o tempo estaba a fastidiar.
E algo de viaxe.
Viaxar é a mellor forma de conocer outras realidades para chegar á conclusión de que non hai nada mellor que o que conoces.

martes, 31 de julio de 2007

TEMPO DE VACACIONS

E tempo de vacacions...Este ano as vacacións serán fundamentalmente os meus pobos: Francelos,Ribadavia,Quins,...e algo de praia. (de momento)
Cando un traballa fora todolos dias ,ir cedo a Santiago,con percorrido polos pobos da provincia e resto de Galicia,e regreso de noite... cáseque apetece quedarse no pobo a descansar.
Unha nova sensación para quén pasou anos (a vida) adicado ó pobo dun e ,polo tanto, descansar era sinónimo de escapar.

domingo, 15 de julio de 2007

MOSTRA DE TEATRO

Xa chega o Teatro a Ribadavia.
A partir do martes chega o teatro .Os mellores grupos virán ó mellor Festival de teatro .Un miragre que grazas á intelixente programación de Rubén García,fai posible que co presuposto máis baixo se faga a mellor programación posible.
Por certo,xa vai sendo hora que o novo Goberno faga xustiza no apoio que merece a Mostra (pasta,pasta!).
Coa Mostra viviremos un ambente exclusivo.Unhas noites únicas.
A mezcla da mellor creatividade teatral, co escenario dun conxunto histórico único e uns veciños que saben estar á altura do reto, é algo que SOLO PODE SUCEDER EN RIBADAVIA (capaz do "mellor", inda que as veces tamén capaz do "pior").
Un reto tamén a acadar sería que a Mostra,aparte de ser de Ribadavia o sea tamén do Ribeiro.Eu sei que alguns queren facer cortafogos,con base localista, para que o bó se contaxie.Non vaia ser que esto da cultura ....

domingo, 8 de julio de 2007

UNS DIAS DE VISITA CULTURAL

En días pasados ,aproveitei unha viaxe a Madrid para facer un repaso cultural dalgunhas das cidades que me gostan.
Esta vez foi de ROTA DE XUDARÍAS.
TOLEDO: a limpeza do casco histórico sigue sendo unha asignatura que non aproba.E a circulación polas rúas máis estreitas e do corazón histórico,unha decisión á que teñen medo.
E unha cidade á que se debería ir con frecuencia.A convivencia de cristianos,xudeus e musulmans foi cousa cotidiá durante séculos e séculos...
CACERES: o centro histórico é unha verdadeira xoia...tén merecida a declaración de Patrimonio da Humanidade...a presenza xudea parece máis ben cousa de ficción...
O regreso por Portugal,percorrín a Autovía do interior (gratis) que nos trai ,vía Vila Real, ata Verín...

domingo, 17 de junio de 2007

Unha imaxe vale máis ca mil palabras


Esta foto é a mellor mostra do noso estado de ánimo. Satisfacción pola moita confianza depositada nos socialistas. Tranquilidade para administrála.Traballo para merecéla .

P O F F F !

Acabou esto....Despois de ano e medio por fin rematou este longo proceso electoral.

Só quedei con ganas de descansar...

Bueno...a satisfacción é un sentimento que abunda nos que me rodean.

23 alcaldes, cogoberno noutros 6 concellos,8 deputados (a setecentos do noveno)...na provincia de Ourense (e vindo do que vimos) é para estar satisfeitos.

Agora haberá que recobrar o ritmo normal...Antes (despois de acabar cos últimos flecos..contenciosos etc..) haberá que descansar un pouco.

PACO de alcalde na capital e cecais a maior satisfaccion.Tamén Marcos por suposto.

Satisfacción con sabor para os NOVOS: Carlos Montes, Celso,Alfredo de Punxín,Arcadio,Fernando da Veiga,Vicente ,Chelís da Mezquita,Aquilino,Lamela,Avelino,Rafa de Amoeiro,Manolo de Coles,Magide,...

Satisfaccion polos que xa non o son novos nesto: Milia,Darío,Chelis,Fran "Fraga",Moncho de Entrimo,Alfredo,Miguel,Eladio "o decano"....

Satisfaccion polos que van cogobernar coma Luis de A Rua,Ana de Maceda,Paco de Trives,Jose Antonio,...e os dous que ainda falta por constituir (Manolo e Herminio)
Pena polo que non foi (Antonio de Pontedeva).
Pena polos que estiveron a un tris (moitos serán nas próximas): Fausto,Carmen de Viana,Santos de Vilamartín,Angel Laza,Alfredo,Quintas,Manolo Cabas en Xinzo,Xose Carlos en Barbadas,Paulino en Paderne...Eles nas próximas seran seguros ganadores como outros moitos (Tino de Melón ou Suso de Cenlle,Cesar de Pereiro,Lalo en san Cibrao,Rosa en Lobeira,Marina,Miguel Angel,Dopazo,Manolo de Leiro,Javier do Irixo ou Alberto de Boborás...

domingo, 29 de abril de 2007

FESTA SAN PEDRO

A verdade que que teño iste negocio abandonado.Xa non escribo nin os domingos.
Nestas datas percorro aldea a aldea da provincia,aparte de cumprir co traballo.Veña coche e estrada que te pego.Teño dito que tiñame que meter na federacion sindical do transporte porque sempre estamos conducindo.
Todolos dias algun acto,alguns dias ata en catro temos estado.As sensacions son únicas.Ofrecemos os mellores candidatos que os concellos poden ter.Estan a traballar coma nunca para ofrecer as suas propostas ós veciños.Propostas de disponibilidade e honorablidade.A pergunta e se chega con eso...
Pola outra banda o de sempre.Mais desesperados que nunca.Con menos escrúpulos que nunca.Con mentiras coma as de sempre...Pero cada vez son menos..e máis vellos.
Hoxe é o San Pedro en Ribadavia.
De pequeno os de Francelos,os rapaces levábamos ó santo un ramo de prantas,recollidas o día anterior .Era unha cerimonia de ensino da natureza.Cada pranta collíase nunha parte diferente do pobo:unhas na ribeira do río,outras no monte (o campiño),outras nos camiños,etc...Cada unha tiña unha aplicación concreta,a maioría eran prantas medicinais(a herba do galo e a de san lazaro que se atopaban nos camiños, a das rosquillas que se collia na vía,a da envidia,o romanillo que se collia no campiño,o trobisco que se collia nas viñas ermas,o romeu,a rudaetc),...o ramo que formaban chamabanlle "romaniño".
San Pedro era o santo o que se acudía para espantar os males da ialma e do espiritu...
A provincia de Ourense o proximo 27 vai pasar a cerimonia de librarse dos malos espiritus,como si pasaran por debaixo de San Pedro.

domingo, 25 de marzo de 2007

DOMINGO

Hoxe é domingo.
A mañá foi soleada,de primaveira.
Estivemos en Laias,no balneario de F.San Rosendo.
As 12,30 estabamos convocados no Salon monseñor Osoro.
Dende o noso particular púlpito, eu presenteime como ex-seminarista,e presentei a un colega.Chámase JESÚS.
Creo que temos tódalas bendicions.

domingo, 18 de marzo de 2007

CANDIDATOS

Seguen as presentacions de candidatos. Recentemente presentamos a Carlos en Carballiño,desbordándose tódalas previsions de asistencia,nun acto que fixo historia.
Tamén presentamos a Alfredo en Celanova,cun acto cálido de opción ganadora...
Ver www.ourensesocialista.org
O sábado tamén presentamos a Manolo Gonzalez Carvajal en Castrelo de Miño,un sindicalista,traballador incansable,con moitas ideas e capacidade...e nos próximos días seguiremos presentando candidatos en toda a provincia(alcaldes seguros como Manolo en Coles,Julio en Toén,Antonio en Rubiá...).
Pero permitídeme un especial alento a dous candidatos que presentamos no Ribeiro: o mercores será o de Melón e o domingo o de Cenlle.
Ambolos dous son candidatos novos e renovados, persoas xoves, con iniciativa, con proxectos na cabeza para o seu pobo, implicados ata o fondo cos seus pobos, que os aman como ninguén.Non sei cal será o resultado.Pero calquera deles é o mellor candidato posible para servir ós seus veciños como ALCALDE...Xa os coñeceredes...

Baltar e o inconsciente?

O Presidente do PP con frecuencia manifestase cunha lixeireza que resulta increíble e fai que a provincia sea coñecida por ter un dirixente no PP que provoca asombro...A última é decir que o candidato (e agora alcalde de"prestado") é o máis honrado dos que tivo o PP.
Non dí que sea honrado...dí que os anteriores alcaldes do PP eran menos honrados...
Coma sempre a dúbida é si é unha afirmación do inconsciente (que polo tanto é resultado de recoñecer que deles ninguén é honrado, uns son máis e outros menos), ou que conscientemente aproveita para mandarlle o último recado ó anterior alcalde (que según eso é menos honrado que o que era o seu concelleiro de Urbanismo, e él é o culpable dos últimos escándalos de especulación e irregularidades urbanísticas). De paso aproveita para mostrar que él é o que manda no candidato do PP e non o anterior alcalde.
En fin, cando o retiren os cidadans de presidente da deputación (dentro duns meses)forraríase no teatro Principal.
Ogallá siga falando moitas veces.
Entre os escándalos que cada día san e as axudas de Baltar, o próximo alcalde de Ourense está claro que firmará como Francisco Rodriguez Fernández.

domingo, 11 de marzo de 2007

ESTRATEXIAS E COUSAS IMPORTANTES

Xa foi a manifestacion do PP contra a politica antiterrorista do Goberno.Cada vez queda máis claro que estamos ante estratexias en clave electoral. ..O PP quere estimular ó seu electorado,cada vez máis avergonzado dos acebes,zaplanas,aznares....e por outra banda desmovilizar ó electorado de centro progresista, cada vez tamén máis satisfeito coa xestión modernizadora do Goberno( a economía vai que se sale,o emprego como nunca, os avances sociais fanse imparables...).
O que non estaba en ningun cálculo das persoas sensatas e que se fixera da loita contra o terrorismo a principal discrepancia. A verdade é que non sei por qué se nos ocurre pensar ben dun partido que xa demostrou o que foi capaz de facer entre o 11 e o 14 de marzo para seguir no poder. Xa demostrou o que é capaz de facer para chegar ó poder ,nos anos previos ó 96.
Alguns pensábamos que se iba respetar algún límite, "ata ese punto non chegarán".
É triste ver ondear de novo as bandeiras de Franco...que non fai lembrar os mortos nas cunetas,os fuxidos ó monte,os que pasaron cadea e persecución...En moitos ollos hai a raiba dos verdugos ("esto de la democracia se tiene que acabar"),como se tiveran que ser eles os que manden sempre,e os demáis someterse...Como se as ideas de alguns non poideran poñerse en marcha se o pobo o decide. Como si a palabra da maioría dos cidadans libres non fose suficiente lexitimidade.
Ogallá as contas que botaron lle saian mal...Ogallá non, estou seguro.

domingo, 4 de marzo de 2007

¿QUO VADIS PP?

Hai feitos que se suceden que non parecen sair precisamente da intelixencia...O último vén sendo unha especie de "kale borroca-falangista" ,que se adica a tirar cóctoles motolov e facer pintadas nas sedes socialistas...(igualico que en algúns pobos do país vasco).
Algunhas manis parecen dirixidas por ese sector ultradereitista que vive no pp ...e vendo as pancartas, os berros, as actitudes,todos deberíamos estar preocupados.
Creo que os dirixentes responsables dese partido deberían empezar a ocuparse..Así nunca van gañar.Para gañar unhas eleccions hai que dar sensación de partido de goberno..e o PP de agora non a da.
¿Rajoy quén dirixe toda esta movida ouestá secuestrado pola ultradereita do seu partido+medios ultras?
En toda caso con este posicionamento Rajoy se xoga todo a unha carta,e creo que está en jaque mate...Alguns o convencerían que pra ser Presidente tén que por en marcha esta guerra sucia,que lembra a do 96 .
Pode que manteña unha porcentaxe do apoio máis ultra ,cecáis útil para as eleccions en Madrid,pero tén perdido e sen credibilidade para recuperar o voto do centro e o voto das comunidades "periféricas".
Cheirame que alguns xa andan a buscar o sustituto de Rajoy.
Pero o que a mín me preocupa non é que o PP perda as próximas eleccions xerais e autonómicas.O que me preocupa é o dano que deixe esta estratexia tola. A democracia é un equilibrio máis feble do que se pense. Coma sempre seremos nós os que teñamos que defender a democracia.
Teño a esperanza de que no Pp haxa alguén que axude.

viernes, 2 de marzo de 2007

Comida con Candidatos


Onte tivemos un fraternal encontro os membros do Comité Electoral Provincial e algúns dos candidatos a alcaldías da provincia,cunha especial atención ós novos.

Estivo Rosa de Lobeira,Aquilino de Calvos,Alfredo de Punxín,Fausto do San Amaro,Angel dos Blancos,Rafa de Amoeiro,Ana de Maceda,Paulino de Paderne e César do Pereiro,Magide de Parada,Alberto da Teixeira,etc....e algún veterano como Paco Quintas de Xunqueira de Ambía que veu lesionado,Julio Alvarez,Eladio que vai en san Cibrao,Paco de Trives,Arcadio de Vilaiño,..máis e máis...houbo alcaldes como os de Valdeorras que tiveron que atender mais de unha mesa...,Carlos de Carballiño,Vicente de Castrelo Val,Eladio do Castro,e fixo de anfitrión por ser no stand da Baixa Limia-Xurés o de Entrimo,Ramón...e co Secretario Provincial estaban os currantes do comité electoral e o próximo alcalde Paco Rodriguez.


PAXINA WEB PROVINCIAL

Presentouse o día 28 a páxina web PROVINCIAL sos socialistas de Ourense:
www.ourensesocialista.org
Unha páxina facilmente navegable,sinxela,útil.
Aberta as aportacions dos cidadans,dos candidatos e VICEVERSA.

martes, 27 de febrero de 2007

¿DÚBIDAS -CREENCIAS?

Os que coñecen dinme que son un dos poucos esquerdistas que mantén lazos co seu pasado cristiá.Sábese que dos once ós dezasete anos fixen o bacharelato no Seminario.Algo habitual nos da miña época.Era a forma de estudar os probes.Eu era moi probe.
Os que son demasiado crentes dín de mín que son un ateo.Pouco crente.Nada prácticante.
A verdade é que a miña ruptura coa Igrexa foi radical.
Co tempo tampouco me arrepinto desa época,inda que recoñozo que o deixei con certa raiba.
"Francamente"(con Franco) daquela a Igrexa era odiosa,abafante.Temible (Temiño) .
Tamén é verdade que nesa época coñecín xente única.Amigos de verdade.Profesores cualificadísimos...as primeiras clases de galego ("clandestinas"),o mellor cine, o amor á múseca,unha aficción á literatura, o mundo do teatro....tamén cousas únicas como o latín.
E sobre todo quedoume un concepto da ética persoal que manterei toda a vida.Uns principios que os que mandaban (e mandan) na Igrexa non practicaban.Pero que alguns ,coa inocencia dos nenos, tomamos en serio...Con esa fe chegamos a conclusión que con esta Igrexa o mellor xeito de seguir a Cristo era ser ateo.
PÁXINA WEB do PSdeG-PSOE da provincia de Ourense

Mañá preséntase a nova WEB do PSdeg-PSOE na provincia de Ourense. Ata agora existía a web www.psoe.es e a www.psdeg-psoe.org.
Despois de algunha experiencia do grupo da deputación,e diversas agrupacions municipais,por fin a organización provincial vai contar cun espazo propio no que atopar a información de votantes e cidadáns en xeral.
Aparte da información sobre actividade dos cargos electos (Cortes Xerais,Parlamento de Galicia,Grupo Provincial Deputación,etc), vai haber información específica sobre todos os candidatos socialistas as próximas Eleccions Municipais. Un apartado no que caben as aportacions dos cidadáns.
Un novo paso, cara o CAMBIO na provincia....que xa está a chegar.

www.ourensesocialista.org

domingo, 25 de febrero de 2007

martes, 20 de febrero de 2007

Antroido

Está a chamar a atención en Ribadavia a reaparición dos personaxe antroidán,reintroducido na vila dende terras de Madrid...Home pletórico en carnés,de orixe azul falange, tén pretendido apariencias que ós que coñecemos a arbore xenealóxica causa espasmo.
Sendo de tendencias tan diestras,chamou a atención as siglas coas que apareceu.Inda que sabendo de anteriores precedentes ("Jóvenes y Populares"),xa nada causa asombro.
Sabendo da corpulencia, ó final o de "Ternra Gallega",tampouco desdice.
Foi innovador o método de "se busca candidata". O Buzoneo masivo parece que non serviu para o exito .
Tampouco o novo buzoneo para anunciar a presentación :"tendremos ágapes é cousiñas". O mellor foi esa foto do Faro...unha verdadeira obra maestra.Era sábado de Antroido.

Primeiros pasos de "bloger"

Un está aprendendo que é isto de facer un caderno...
Unha tarefa na que brilan moitos....que teñen uns "blogs"destes de maravilla...
Uns deseños, con innovación tecnolóxicas que te asombran...
Outros perdense de aburridos....
Alguns (sobre todo dos da outra ribeira)parecen todos clónicos,"clavadiños".
Eu son dos que creo que o importante é o contido..
Non espero chamar a atención polo deseño,ou polas virgalladas...
Istes chismes están para COMUNICAR...
Eu non quero "disfrazarme" de bloger....quero ver quén anda por ahí!..
Por si teño algo bó que decirlle

lunes, 19 de febrero de 2007


VISTA SINGULAR DE FRANCELOS.
Dende o monte de Santa Marta(San Paio) vese esta vista de Francelos,o Valparadiso...o Miño, a vía do tren,as viñas....
O obxeto destas notas é máis de carácter persoal ou íntimo.Un espazo de reflexión...
Inda que será difícil evitar cair nos comentarios daquelo no que vives as 24 horas do días,365 días ó ano, tódolos anos da túa vida.
Difícil evitar falar do común,do público.
Pero que conste que eso non é o que quero, nin o que pretendo...
Dalgún xeito teño que facer constar que un non é só un político...Que un tén familia...dorme...come...compra...conduce...toma algo por ahí...
As veces incluso fai a poda nunha viña...ou poda un rosal....
As veces vai o monte a ver a potencia da nosa natureza,a riqueza da nosa paisaxe...
As veces disfrútase oíndo un paxaro...
As veces un ponse enfermo,as veces estás triste....

miércoles, 14 de febrero de 2007



Igrexa de SAN XÉS. Prerománico.

1.200 anos, vai facer.

Restos dun vello mosteiro,que aguantou todo ata a chegada do ferrocarril.

martes, 13 de febrero de 2007

BENVIDOS

Abro esta ventá ó mundo.
Nela vou poñer reflexións que pasan por diante de mín .
Haberá tamén confidencias.
Algún que outro segredo, que só os que me visiten poderán coñecer.
Haberá moita IRONÍA.
Espero que algo de inxenio...
E moita tolerancia.

Saúdos