sábado, 29 de diciembre de 2012

BALANCE 2012

Comparecemos ante os Medios para facer Balance do ano 2012 .Dar conta da labor parlamentaria no Congreso e Senado dos representantes socialistas da provincia de Ourense.
Como senador tiven intervención no Pleno en 20 asuntos, e en Comisión en 68 casos.
Confeccionei e defendin 7 mocións e participei en outras 7.Formulei 2 interpelacións a ministros.Asimesmo formulei 383 Preguntas.
Todo elo como portavoz de medio ambiente, pero sobre todo como representante de cidadáns da provincia.
Na web senado pódese ver os asuntos levados ó Senado e ler ou oir as intervencions.

jueves, 20 de septiembre de 2012

FORA DE COBERTURA...POR CAMPAÑA ELECTORAL

O adianto electoral de Feijoo ,fai que teña que facerme cargo de responsabilidades que dificultarán a miña presenza neste blog.
O PSdeG liderará o Cambio en Galicia. Traballaremos cos galegos que ansían un futuro diferente.Nun reparto de cargas e beneficios máis xusto.

martes, 31 de julio de 2012

GOLPE DE FEIJOO

La derecha siempre vuelve a lo mismo. Lo suyo es dar golpes.Ahora Feij00 lo intenta modificando a su conveniencia el reparto y asignación de escaños por provincias.Lo nunca visto. Este es el personaje con menos escrúpulos que he conocido. Los que vivimos aqui sabemos de su cinismo.Hoy La Region, con valentía de agradecer,cuenta un episodio (gasta el doble en sus asesores de lo que pretende recortar en representantes del parlamento)
Los que hemos construído la democracia, nuestro autogobierno,las instituciones democráticas...desde cero.Algunos ,muchos quizá, que están en el PP hoy deberían hacer lo posible para evitarlo.Está en sus manos.Porque lo que haga este personaje,que en la historia gallega será sólo un mal recuerdo,lo que haga lo condicionará todo.No será bueno.Será la ruptura entre quienes construyeron democracia en Galicia.

(Creo que es mi primer post en lengua castellana)

miércoles, 18 de julio de 2012

sábado, 14 de julio de 2012

CURSO Plan Dinamización Agrupacións Locais

Iste fin de semán continuamos co Curso DINAMIZACION AGRUPACIONS LOCAIS.
Nesta fase ,a Escola de Formación do PSdeG traballa con 16 agrupacións,de diferentes comarcas, que participan no programa de Dinamización da Agrupación Local.
Neste caso aparte dos nosos monitores-as estarán  Conchi Saugar e José M.Morcillo da Escola Jaime Vera.
As agrupacions participantes comprométense a por en marcha un Plan Local de Dinamización que será obxeto de seguimento e avaliación.
En setembro proseguiremos con outras tantas agrupacións.

miércoles, 11 de julio de 2012

FRAUDE DO PP

O Partido Popular anuncia novos golpes a economía da xente do país.
Recorte nas axudas os parados, con insulto incluído(para que busquen empleo)..con aplausos dos que aproban a medida.Seguro que moitos parados afectados os votaron ou se quedaron na casa en novembro.
Recorte nas axudas ós dependentes.
Acelerar o retraso na xubilación.
Supresión da paga extra os mileuristas traballadores públicos.
Suba do IVA ata o 21%.
................
Eso sumado a suba da auga,da electricidade. A pagar os medicamentos.A suba das matrículas.O pago dos libros.A supresión de deducións...
Por eso digo que estas medidas do PP que lle fan dano á xente...en Ourense matan a provincia.
Aquí danar ós traballadores públicos, quitarlle diñeiro ós xubilados e parados...retraer o consumo dañando o comercio e ó turismo,a hostelería...fai que aquí lle toque a todos.Fai imposible que a provincia sobreviva.
E curioso...aquí o P.P. tén amplo apoio (cada vez menos..) en cada elección. Por eso dígolle ós que votaron PP ou se quedaron na casa....que lle pidan contas a quén votaron.
Que lle digan que paren esto. Que o Venres 13 non aproben o que van facer. E que na tramitación non lle dén apoio. E que nas Autonómicas lle digan:  FEIJOO VAITE PRA CASA. ..Por traición.

Nota: espero que o PP non utilice ó Rei levando a ese Consello de Ministros...e que o Rei NON VAIA.
Sería a perda da condición de o Rei do Pobo.

miércoles, 27 de junio de 2012

COMISION FOMENTO Senado: preguntas de Ourense

Hoxe celebramos sesión da Comisión de Fomento do senado.
Nela farei 16 Preguntas diferentes (algunhas escritas non contestadas adecuadamente) con diferentes asuntos de Galicia,en boa parte de Ourense. Dende a estación do AVE, ata o prezo e servizo de Tren...Dende a A56 (autovía a Lugo) e Variante Norte da cidade, a A76 (Ourense a Ponferrada),o rebaixe peaxe AP53 (Santiago)...Un repaso 6 meses despois.
http://www.senado.es/canal_senado/agenda/agcanal_26_2012.htm

domingo, 24 de junio de 2012

VALORACION Cumio RIO+20

Hoxe reunirémonos en Madrid  con Rubalcaba e as principais organizacións ecoloxistas de España.
Faremos unha valoración das Conclusions do Cumio de Nacions Unidas para o desenrolo Sostible.

martes, 19 de junio de 2012

Senado e Dignidad

Onte defendín no pleno do senado o Veto ó Presuposto do ministerio no apartado de Medio Ambiente,Cambio Climático e pesca no nome do Grupo Socialista.
Hoxe viñeron ver a votacion da Enmenda 1845...as mulleres da Mina.
Con moita dignidade estiveron no Pleno,encheron de dignidade o Senado.Reclamando o cumprimento dos compromisos coas suas comarcas na transición dun tema problemático, esixindo vida para os seus mentras se fan os cambios.O grupo socialista despedíunas cun aplauso caluroso e solidario.Con tímidas bágoas en moitos de nós.

sábado, 16 de junio de 2012

OS PRESUPOSTOS NO SENADO

A próxima semán chegan para debate no Senado os Presupostos do estado 2012.
Virán acompañados da Reforma Laboral e outras propostas do Goberno PP.
Será un Pleno longo.Do luns 18 ata a noite do xoves 21 (ou 22 )...

jueves, 14 de junio de 2012

COMISION MEDIO AMBIENTE: 11 Preguntas, maioría de Ourense

Hoxe celebramos sesión da Comisión de Medio Ambiente no Senado.
Comparecencia sobre Río +20, o Cumio de Nacions Unidas sobre un novo modelo mundial basado na Sostenibilidade.O futuro do mundo a debate,Nos próximos días.En Río de Janeiro.
A orde do día complétase con 11 Preguntas,todas miñas.Moitas referidas a asuntos da provincia de Ourense: verquidos dos polígonos ó Barbaña, nova Edar de ourense, a Sede da confederación hodrográfica do Miño,o plan hidrolóxico da conca Miño-Sil, o centro de Interpretación dos Parques Naturales de Galicia en Ourense...Todos proxectos iniciados polo anterior goberno socialista e que non queremos que se paren ou aparquen.A provincia non pode tolerar máis freos dos que os tempos xa nos teñen causado.

viernes, 1 de junio de 2012

DIA MUNDIAL MEDIO AMBIENTE: DEFENDENDO NO SENADO

O próximo martes,día 5, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Eu celebrareino da mellor forma: defendendo no pleno do Senado a Moción consecuente da Interpelación que formulei ó Ministro no pasado Pleno.

miércoles, 30 de mayo de 2012

SENADO: Presupostos e PCP

Luns: aprobaremos despois de meses de traballo un Texto Conxunto sobre a PCP, sobre o Regulamento,a Organizacion de Mercados e o novo FEMP.
Martes: participo nas Comparecencias sobre Presupostos 2012,na Secretaría de Pesca e os correspondentes a Secretaría de Estado de Medio Ambiente.
Aproveitarei para reunions cos Colectivos Ecoloxistas. Tamén traballarei en cuestions relacionadas coa programacion da Escola de Formación.

domingo, 20 de mayo de 2012

Pleno Senado: Interpelación Medio Ambiente

Semán no Senado.
Reunión Grupo.
Comisión Mixta Unión Europea,esta vez no Congreso.
Pero a actividade de máis dedicación será a INTERPELACIÓN ó Ministro sobre as políticas do Goberno en materia de Medio Ambiente.
As Politicas Ambientais sofren un severo retroceso, con perda de conquistas como o carácter pública da Costa, da Auga...nos que se anuncian medidas de mercadeo privado.Andan cun argumento de que o medio ambiente é un freno para o desenrolo. Xusto o contrario do que pensa Europa e o mundo avanzado. O Medio Ambiente é a oportunidade de un novo modelo de crecemento, a sostenibilidade e imprescindible na xestión do desenrolo.
Un repaso xeral as políticas que afectan ó medio natural que tén amenazas cada Venres de Consello de Ministros. Recentemente nun Decreto Ley,evitando participación pública e consenso coas administacions e sectores, modificaron 4 Leis diferentes.
Hai un AXUSTE AMBIENTAL do goberno do PP.
Europa está preocupada por estas contrareformas.

lunes, 14 de mayo de 2012

EXECUTIVA GALEGA en Pontevedra

Hoxe temos reunión da Executiva Galega, descentralizada,en Pontevedra.
Pola miña parte explicarei o Plan da secretaría de Formación e a nova etapa da Escola de Formación do PSdeG.
O venres estiven na reunión federal en Madrid para coordenar as actuacions das Federacions do partido en materia de Formación.
Na web do PSdeG pódese ver a Enquisa a militantes e cadros sobre a demanda de cursos, así como de monitores voluntarios a colaborar.

lunes, 7 de mayo de 2012

Semá intensa no SENADO

Nesta semá agarda traballo intenso no Senado.
Entre as actividades nas que interveño:
-Luns pecharemos a ponencia para formalizar unha posición común a proposta da Comisión de agricultura e Pesca do Senado sobre os intereses de España na elaboración pola Unión Europea da PPC (Politica Pesqueira común),FEMP (Fondo Europeo Maritimo Pesqueiro) e a Organización de Mercados.
-Pola tarde debate sobre un plan de Acuicultura.
-Martes: Pleno do Senado no que intervirei sobre unha Proposta que espero consensuar sobre as actividades de pesca-Turismo.
-Tamén estarei na Comisión da Unión Europea da que formo parte.Entre outras cousas falaremos da instalación de peaxes en Portugal.
En outras moitas actividades. xa vendo os Presupostos 2012.

sábado, 5 de mayo de 2012

De Boda: Lalo e Susana.

Hoxe xuntarémonos para festexar a boda de Susana (concelleira en Ourense) e Lalo (ex presi Casa Xuventude e fai de todo electoral).
Hoxe tamén fai 33 anos da miña.nosa,boda,

viernes, 4 de mayo de 2012

FEIRA DO VIÑO

O alcalde Marcos Blanco abriu unha costume pola que cada ano é un ex-alcalde de Ribadavia o que inaugura a Feira do Viño do Ribeiro.
Iste ano tocaríalle a Javier de Burgos que foi o 2º da época democrática actual (1983).
Razóns de saúde,dada a avanzada idade, fai que a última hora lle fagan o encargo a quen foi o 3º.
E ise fun eu. En 1987, cumplindo 31 anos. un rapaz vamos.
Hoxe cumprirei ese encargo con moita honra.

jueves, 26 de abril de 2012

Senado:Moción Confederación Miño

A Comisión de Medio Ambiente aprobou a nosa Moción sobre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil,con lixeiros matices incorporados polo Pp.
No acordo demandase ó Goberno:
- manter a estructura da Demarcación Miño-Sil(que non se modifique ou suprima vamos), logro histórico co goberno socialista.
-que se aprobe xa o Plan Hidrolóxico que o goberno socialista deixou culminado (despois de tantas exposicions públicas, consenso dos Temas Importantes,aportacions de institucions,sindicatos,regantes,empresas...,reunions, estudos técnicos, estudos ambientais...).Por certo o Pp recoñoce que só queda o informe do Consello Nacional de Augas e o Consello de Ministros.
-que se impulse a Sede da Confederación en Ourense, no solar cedido polo Concello a través do convenio firmado co anterior goberno e o proxecto singular .Esto suporá a consolidación da Confederaión en Ourense e unha atención digna que agora se presta en tres dependencias dispersas pola cidade.

miércoles, 11 de abril de 2012

lunes, 9 de abril de 2012

COMPARECENCIA Comisión Medio Ambiente

Hoxe o Ministro comparece na Comision de Medio Ambiente do Senado, para explicar as liñas xerais do seu Ministerio en materia de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Intentaremos que se continue o programa oculto do PP para desmontar as politicas de protección do medio ambiente.
Hoxe tocou madrugón...E espera unha semán intensa en Madrid.
Hoxe Comparecencia do Ministro.
O Martes Pregunta no Pleno sobre os Incendios.
O Mercores debate dunha Moción no pleno sobre a planificación hidrolóxica.

miércoles, 4 de abril de 2012

VALORACION PRESUPOSTOS 2012

Hoxe farei a valoración dos Presupostos Xerais 2012, os primeiros de Rajoy presidente.

O PP dixo unha cousa nestes anos, traballou en contra dos intereses xerais, e agora fai o contrario...xusto todo o contrario...

Non iba favorecer o despido, e coa reforma suprime tódolos dereitos conquistados en moitos anos e convirte ós traballadores en servos dos empresarios,donos e señores de vidas e facendas.

Non iba sobir impostos, e fíxo unha suba no IRPF que fai que os que teñen a renda transparente(nóminas) paguen máis,mentras fai unha amnistía para os defraudadores.

Iba respetar as pensións e iste ano cobrarán menos que o anterior, e as mínimas que tanto subiron cos socialistas (e máis que o precisan) tamén baixarán.

Baixan becas (agora serán discrecionais),quitan a axuda a emancipación dos xóvenes.

Conxelan os salarios dos traballadores públicos e encima crean a posibilidade de que sean despididos.Recortan as axudas ó rural. Apoian os copagos.Deixan de axudar a investigación e innovación, as enerxías renovables...o que é futuro.E pretenden privatizar as costas, enchélas de cemento e convertilas en acceso restrinxido.

Acaban cos dereitos da muller,cos plans de igualdade nas empresas.Terán que escoller entre ser nais ou traballar.Quitan garderías.

Retrasan e paralizan a aplicación da Lei de atención a dependencia.Moitas familias volverán anos atrás en moitas facetas e dereitos da súa vida.Todo coa disculpa da crise que os seus amigos,especuladores,criaron para ser máis ricos.Vamos a un grave aumento nas desigualdades.

...Aquí na provincia nada vai mellor.

Os proxectos e compromisos anteriores segurán conxelados.Tódolos proxectos parados,aparcados.

A autovía a Lugo (A56) (agora o problema non é por onde entra senon que non avanza), a Autovía a Valdeorras-Ponferrada (A76)(agora o problema non é se vai por Trives ou por abaixo senon que non se fai) ETC.

O único proxecto con dotación na Provincia é os 701 millons para o AVE Galicia-Madrid.Despois de que só queda por facer tramos na nosa provincia tén que ser aquí onde se poñan as partidas.Que son iguais para nós coma as que se puxeron en Pintevedra ou Coruña para a vía a santiago, ou igual para nós que as que se puxeron en Zamora cando se facían os tramos a Zamora,A Puebla de Sanabria ,ou a Lubián.Evidentemente os tramos licitados hainos que ir pagando cando se rematan as obras (pasan varios anos dende que se contratan).

Dos 13.000 millons de euros que pode custar a Alta velocidade entre Madrid e Santiago.Quedan uns 3.000 por pagar, dos que a metade xa están licitados ou contratados, que son os 100 km da nosa provincia.Por certo o PP pedíu que non se licitase a maior adxudicación antes das Eleccions Xerais (mais de 2.000 millons), que sería a colocación da vía e electrificación entre Olmedo e Ourense.E así se fixo. O Ave chegará xa a zamora no 2012, a Puebla de Sanabria final do 2013.

A mala nova é que por primeira vez nun documento do Estado consta o retraso do remate da liña de Alta Velocidade (2016).

Bueno, do que saia nos Medios porei enlace aquí....

martes, 3 de abril de 2012

OS LUMES NO SENADO

No próximo Pleno do Senado levaremos o temas dos lumes forestais que asolan moitas partes de España, e de Galicia de novo dun xeito especial.


O pasado mes de Octubro fomos noticia porque arderon os mellores espazos da provincia coa total pasividade do goberno de Feijoo.Repitese os danos.Nin se fai nada por prever, por cambatílos nin por correxir e compensar polos danos que causan.

jueves, 29 de marzo de 2012

EXITO DA FOLGA XERAL

A movilización contra a Reforma Laboral do PP foi un éxito en españa,en Galicia e en Ourense. Aquí foi cecáis a maior manifestación que se recorda na provincia. O motivo o merece,porque é o maior recorte de dereitos laborais,que nos leva ós tempos de branco e negro.

miércoles, 21 de marzo de 2012

Parlamento Europeo:Interparlamentaria Comision Medio Ambiente




Participo na reunión Interparlamentaria da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo.




Participo representando os socialistas españois e apoiando os traballos preparativos para o Cumio das Nacions Unidas pola Sostenibilidade, coñecida como Río + 20.


Pola mañan falaremos sobor do Marco Institucional paras o desenrolo sostible, co presidente da Comisión de M.Ambiente do Parlamento Europeo e coa Presidenta do Parñamento danés como oradores principais.


Pola tarde entre outros o Comisario Europeo Janez Potocnik, trataremos sobre unha Economía Verde no contexto do desenvolvemento Sostible.


Os parlamentarios nacionais dos países da Unión Europea traballaremos nunha posición común cara as negociacions do Cumio Río +20.

domingo, 11 de marzo de 2012

NA EXECUTIVA PSdeG: Secretaría de Formación



De novo estarei na Comisión Executiva do PSdeG que terá a Pachi Vázquez como Secretario Xeral polo voto democrático dos representantes dos militantes.
De novo como Secretario de Formación, co compromiso de consolidar a Escola de Formación do PSdeG e o resto da actividade estable.

miércoles, 22 de febrero de 2012

1ª intervención Pleno Senado da Lexislatura

Hoxe terei a primeira intervención no Pleno na lexislatura (é o segundo pleno).Farei o posicionamento en defensa da actual Ley de Costas, que regula o establecido na Constitución de que as COSTAS SON PÚBLICAS.


O PP tén xa feita unha modificación da Lei de 1988, no que se plantea a propiedade privada do litoral e das praias. Un bocado apetecible para construir na primeira liña de praia, encher de cemento no mediterráneo e resto da costa, para facer complexos residenciales e turisticos apetecibles para os compradores rusos,alemans,árabes,chinos... Regalar a costa que é de todos, que coidamos con recursos de todos, que preservamos, para as entidades con bolsas de solo tramen pelotazos con grupos para que renaza a cultura do cemento, a ganancia rápida inda que sea co erstrago da costa. O fin do turismo de calidade.


En fin.Outra contrareforma .Outro retroceso...Que os que votaron PP e os que se quedaron na casa reflexionen...




actualizacion: enlace nota prensa

nova actuialización: enlace a Diario da sesión

viernes, 17 de febrero de 2012

Critica REFORMA LABORAL PP

Hoxe en Roda de Prensa,expresamos a nosa oposición o Decretazo do PP que chaman reforma laboral:

-Nunca anunciaron,nin campaña nin no programa os contidos deste Decreto Ley.Negaron que foran abaratar despido.

-O PP decreta as CAUSAS que fan un despido procedente (perda de ventas ou previsión de perder ventas,caída ingresos-inda que non haxa perdas)...Estes traballadores que antes terían indemnización de 45 días /ano ata 42 meses....agora cobrarán 20 días/ano ata 12 meses.

Si algún consigue heroicidade de que llo declaren improcedente percibirá 33 días/ano ata 24 meses máximo.

-Aplicarase de forma RETROACTIVA. Os traballadores actuales quitanlle os dereitos futuros que poidan ter a indemnización.

-O cambiar as causas de despido improcedente...instaurase o despido libre a criterio do empresario e practicamente gratis....

-Modifica o EQUILIBRIO ,conquistado na democracia, entre as posturas dos traballadores e dos empresarios, que se basaba na Negociación Colectiva. Outro dereito da CONSTITUCIÓN que arrasa o PP.

Modificase que si en 2 anos non se renova Convenio Colectivos (porque os empresarios non queiran por exemplo) quédase sen convenio e iniciase de cero, perdendose as conquistas anteriores.

Permítese que as empresas medianas e pequenas (en Ourense son TODAS) non apliquen Convenio.

-No contrato novo que crea permitese que se contrate desempleados que perciban 1/4 da prestación...e os empresarios cobrarán parte dese diñeiro da prestación, que o traballador perde tempo que poida corresponderlle futuro.

-A empresa aparte de ter este despido libre, pode decidir traslado a outra cidade, outro horario,outro turno,e incluso reducir o salario. Agora sen control da administración Laboral. Só con xustificar razóns"económicas, obxectivas, organizativas,técnicas ou de produción".

-A reforma decide que temos que competir por ter salarios máis baixos, menos dereitos,turnos ou horarios caprichosos, e xornada e salario a discreción da empresa.

-Nestas normas inclúese os traballadores das Administracions Públicas laborais .

E aínda encima o Goberno continúa atacando as organizacións dos traballadores, amenazandoas e chantaxeandoas.

Isto é para que valeu que moitos traballadores votaran ó PP e outros...se quedaran na casa e non foran votar o 20 N.

Que conste.