viernes, 28 de agosto de 2009

lunes, 17 de agosto de 2009

OUTRAS RAZONS PARA VIR A FRANCELOS




En Francelos hai un monumento singular.Un dos primeiros que tiveron a declaración de Monumento Nacional.
Restos PRE-ROMANICOS incrustados nunha capela.
Falamos de elementos que formaron parte dun monumento de século IX en adiante.Estamos a falar de máis de 1.100 anos de antiguidade.Cecáis os elementos máis antigos de carácter cristá que se conserve en Galicia e España.O prerománico é escaso... por razons obvias.
Pero ademáis,según os estudosos,tén a peculiaridade dun estilo visigótico galego.
Un monumento pouco estudado,pese a súa importancia e singularidade.
Un conxunto, no que existíu un mosteiro relacionado pode que con San Rosendo, do que os últimos restos rematou por destruir o ferrocarril e outros accidentes da hestoria.
Un conxunto que merece un tratamento que garantice a conservación e recuperación tamén do entorno.

FESTAS DE FRANCELOS 21 e 22 agosto


Segue a festa..........
Este fin de semán, o 21(venres) e 22 (sábado) serán as Festas de SAN XÉS 2009.
O antigo campo de fútbol, agora xa propiedade dos veciños, será un dos escenarios.
Días de reencontro con algúns dos moitos veciños que tiveron que irse buscar a vida fora.
Pero os de Francelos somos de volver ó noso pobo. Sentímonos a gusto aquí.
Nos entendémonos.Sen decílo.
Por eso as de San Xés son sempre as mellores.Son as nosas.

domingo, 16 de agosto de 2009

LONDON (xa chega)

OS MUSEOS PUBLICOS SON GRATUITOS E CONTAN UNHAS EXCELENTES COLECCIONS.....
Museo Británico conta cunha boa coleccion de arte exipcio,sumerio....

O Museo Británico tén o mellor da Acrópolis

Museo Ciencias Naturales


LONDON(MAIS)

En trafalgar Square hai iste rincón onde calquer veciño pode subirse durante 1 hora e botar un discurso,tocar un instrumento,estar calado ou adicarse a ler,reinvindicar o que queira...

Fotos:LONDON

LONDON:seguro que siñifica MEZCLA
O máis aristocrático misturase co más popular
O máis serio co máis creativo
O mais antigo co máis innovador
mistura de razas
mistura de relixions
Os máis descreídos e os máis fundamentalistas
A bmaior cantidade de ladrillo e pedra e os maiores parques máis verdes..










jueves, 13 de agosto de 2009

FESTAS EN QUINS


Iste fin de semán é a máxima concentración por ferrado de festas na nosa terra.
Unha delas será a de QUINS : os días 14,15 e 16 .
Sobre todo o día 15 será un ferver de xente.Moita dela está nos máis variados lugares.Do Brasil,Franza,Portugal,Alemaña...De Cataluña ou País Vasco,de Vigo,de Ourense...Moitos deles é o único día do ano no que todos se poden ver e perguntar cómo está,se medrou a familia,cómo lle van os estudos os fillos ou netos.
Unha boa comida,boa compañía.Amigos,moitos amigos.Nun pobo no que me consideran un veciño máis.
Por certo en Quins,a só 6 km de Ribadavia,podemos atopar un conxunto único de viacrucis,varios conxuntos únicos de hórreos,espazos para baño no río,kilómetros de pistas para paseo no monte,e moito máis.

jueves, 6 de agosto de 2009

VIDEO MUSICAL

Recomendación :
GEORGINA

http://www.los40.com/video/actualidad/georgina-solo-mirada/pmdvidvid/20090722l40l40act_8/ves

sábado, 1 de agosto de 2009

FOTOS DE VIAXE(fin por hoxe)

CAMBRIDGE,cidade antiga chea de xente nova.





FOTOS DE VIAXE(CONTINUA)




YORK: vaia descubrimento a súa catedral...tanta beleza no interior...


FOTOS DE VIAXE(CONTINUA)

Fountains Abbey,fundada polos benedictinos,un fermoso lugar de Yorkshire.


FOTOS DE VIAXE(CONT)

No norte de Inglaterra ,a rexión dos lagos é unha bonita mezcla de auga e verde.

FOTOS DE VIAXE(CONT)

O Parque Nacional de Snowdonia tén unhas das paisaxes máis representativas de Gales

FOTOS DE VIAXE (CONT)

CAERNAFON,castelo dos centos que houbo en Gales.Utlizase para algunhas cerimonias aínda.

FOTOS DE VIAXE(CONT)

CHESTER,cidade de orixe romá,cunha muralla que se pode percorrer en parte,cunhas ruas con casas estilo tudor

FOTOS DE VIAXE

BATH é unha cidade cunha fermosa catedral e que conserva uns baños romanos.Na foto un rincón na ribeira do río.

ALGUNHAS FOTOS DE VIAXE