domingo, 1 de mayo de 2011

OUTRO SANTO

O Papa que máis santos fabricou no seu mandato, acaba de ser canonizado.

O mellor que califica á Xerarquía actual da nosa Iglesia, son os seus feitos.

Non canonizan á Xoan XXIII...Nin á Pablo VI...Non canonizan o Concilio Vaticano II.Non canonizan ós comprometidos cos máis débiles...

Canonizan un Papa elexido cos tódalas sospeitas, por iniciativa do seu sucesor no poder eclesiástico...

Que pouco se parece esta Iglesia, a do Evanxeo,á daquel home chamado Xesús...

O alonxamentos de moitos, que nos comprometemos cos principios cristians, continua. E escandaloso que aínda hoxe a Muller esté discriminada. É de risa o papel sobre a sexualidade.Sobre o amor entre persoas do mesmo sexo.Sobre a ruptura do matrimonio cando xa non hai amor.A vinculación a ideas de extrema dereita,os vínculos cada vez máis escandaloso co poder, co diñeiro,cos grupos extremos...

A falta de resposta a demanda de DEMOCRATIZACIÓN da estructura da Iglesia...As prácticas rutinarias,aburridas...Fan que xa non é que non quede nada que te motive a relacionarse coa Iglesia,como Comunidade. E o que queda ten caducidade...O que queda da risa...Nada que ver con Xesús, co Amor,coa Xustiza,coa Igualdade,con moitos Principios tan nobles que definen ó xenero humano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario