sábado, 31 de julio de 2010

VOLTA A CASA

Regreso a casa.
Deixo Lanzarote con gañas de voltar.
É unha illa diferente a calquer outro lugar.Un modelo de desenrolo turístico sostible.De respeto ós recursos naturais e á paisaxe.Un contraste entre as terras volcánicas de cor negro e as casas todas de branco(color obrigado), na que as vivendas non poden ter máis de duas plantas.No que o alumeado está limitado para evitar a contaminación lumínica.Na que as estradas son estreitas e suficientes para tráfico.Sen grandes aglomeracións,pero con tódolos servicios que os turistas demandan.Ideal para desconectar.
Entendo que Saramago se quedara a vivir ahí.
Pero volver tamén agrada.Ribadavia,Francelos,Quins...serán as próximas miñas illas.

jueves, 29 de julio de 2010

....................

Na vila principal da Illa que estou, o patrón da mesma é o mesmo co do meu pobo (San Xés), un santo francés...Ahí debe estar o orixe de que sea algo afrancesado.
Pero na piscina oes falar inglés,alemán,vasco,catalán,portugués,italiano...e galego.
¿....?

martes, 27 de julio de 2010

UNS DÍAS DE DESCANSO

Despois do intenso mes ,toca uns días coa familia e repouso.
Unha pequena escapada. Iste ano será unha Illa.
Adiviña.

jueves, 22 de julio de 2010

INCINERADORA NON

Tanta insistencia do PP anunciando a Incineradora é insultante.
Quenes fixeron unha campaña de infamia contra un proxecto de empresas de reciclaxe, resulta que agora van instalar o maior almacén de basura e a maior planta Incineradora de España nesta comarca.
Tan pronto chegaron modificaron o Plan de Residuos de Galicia.Quitaron as plantas de compostaxe.Liquidaron as actividades de reciclaxe. E planificaron unha gran planta de almacén e queimado do lixo. Unha planta para producir electricidade con canta máis basura mellor. Unha concesión a unha EMPRESA amiga,que terá o negocio por 50 anos...miles de millons de euros de negocio.Sí.
Xa buscan os terreos. De noite andan por ahí. intentando persuadir a veciños para que acepten a instalación.Algo que xa non se fai en ningún lugar.Que en moitas Comunidades está prohibido.
Alguén vai gañar moita pasta.
Feijoo fixo da Incineradora unha das principales accions de Goberno.
Rogelio fai o traballo sucio.
E hoxe Baltar pide tamén participar no xogo.Baltar apoia a incineradora e non se pon colorado.O fillo obedece.
Todos queren un cacho no tinglado.
Os alcaldes do PP da comarca andan algo escondidos. Os do Non seica perderon a fala.
Outros tontos útiles que tanto berraban, agora calan cobardemente.
Pero o Ribeiro dirá NON á Incineradora e Planta de basura que agora sí vai facer a Xunta do PP.
E o parque empresarial de reciclaxe será realidade.
Porque con reciclaxe non caben Incineradoras.Non teñen sentido.
Por eso os que planificaban facer negocio producindo electricidade queimando o lixo de Galicia ,non querían que houbera reciclaxe. Porque as industrias de reciclaxe eliminan o combustible da Incineradora.
E crean riqueza,dan traballo,son limpas,e fan que se reutilizan os materiais dos productos que deixamos de utilizar.

miércoles, 21 de julio de 2010

martes, 20 de julio de 2010

SENADO

Celebramos Pleno do Senado.
A orde do día é extensa polo que será longo.
Madrid ameaza calor.ese calor abazafante do verán nesta cidade de asfalto abaixo e contamiñación enriba.
E o que hai.
Pola mañanciña algunhas xestions en Ministerios.Logo reunión de Grupo. Pola tarde o Goberno someterase ó control parlamentar.Logo proseguirán os demáis asuntos.Entre eles a aprobación do TEITO DE GASTO para 2011.

lunes, 19 de julio de 2010

ESCOLA: XORNADA DE FORMACIÓN CAMPAÑAS ELECTORAIS



Hoxe tivemos unha Xornada de Formación adicada ós "Elementos Clave dunha Campaña Electoral Local".
Despois do peche de curso,toca actividades de Verán.
Neste caso como introducción ó que será o novo curso político.O curso das Eleccions Municipais no que se elexirán os Gobernos Locais.
Por elo a Escola de Formación Francisco Fernández organizou este Seminario.
Nel participaron expertos do mellorciño de España.
Xavier Roig e Pere Oriol traballaron duro.
Máis de 140 alumnos asistiron con moito interese.Moitos deles xa participaran na oferta permanente en diferentes cursos.Tamén algún monitor quixo coñecer as disertacions de expertos tan cualificados.
Satisfacción de todos ó remate. E uns viños e tapas no casco antigo. Ribeiro por suposto.

MOSTRA: O MUNDIAL...DO TEATRO EN RIBADAVIA




Ata agora Ribadavia disfrutamos dun auténtico desfile das seleccions de teatro dos países do mundo.Polonia.Logo vimos Arxentina,Portugal.Hoxe Franza...o mellor ata agora (para mín claro)...Virá en próximos días Italia,Cuba,Suiza,Colombia,México,Chile,Brasil...
O Mundial en Teatro.

viernes, 16 de julio de 2010

MAIS NOVEDADES MOSTRA

Agora co PP no goberno da Xunta , os do NON xa non viñeron a inauguración da Mostra coas camisolas,as pancartas e a berrar e estropear este acto. Tampouco viñeran a inauguración da Feira do Viño.
Agora que a Xunta anuncia unha Incineradora e que sí van vir todolos lixos de Galicia a estas terras.Agora que Feijoo vai queimar todas as bolsas co lixo aquí. Agora que fixo un plan no que non hai compostaxe nas comarcas,nin haberá industrias de reciclaxe. Non. A Xunta tén previsto traer as bolsas dos contenedores e o resto que se tire para un lugar que Rogelio e os portavoces e alcaldes do PP da comarca andan buscando e que analizaron hai unhas semans en reunión.E nese lugar vai haber a maior Incineradora.Neso Feijoo quere ser máis que ninguén. Fará a Incineradora nunca construida en países desenvolvidos. Será para beneficio de empresarios amigos.Cun negociete de máis de 40.000 millons das antigas pesetas.Para moitos,moitos anos.Sen nengunha precaución.
E agora aqueles SÚBITOS ecoloxistas de temporada desapareceron. Desapareceron os seus principios.Quedou acreditado a que andaban. A buscar votos para o PP. Queda a tranquilidade que os resultados foron os mellores,nesta terra creceu en deputados e votos os progresistas.Enganar xa non enganan a ninguén...só a algún incauto.
Polo menos nestes días de teatro, a algúns caille a CARETA.

MOSTRA: INAUGURACION


Hoxe será o Pregón e acto de Inauguración da Mostra Internacional de Teatro.En Ribadavia.
O Festival máis importante e con máis tradición de Galicia.
Un lugar de encontro da cultura galega. Un encontro da xente máis inqueda da nosa terra. Dende o ano 69 é así. O foi na dictadura .Volveu a ser nos tempos democráticos.Xente da escasa dereita intelixente así o viu dende aquela Xunta que dirixía Barreiro. Cada ano foi aumentando o ipc a axuda do goberno galego.En época progresista un pouquiño máis.Pero sempre foi medrando....
Ata que chegou Feijoo (con Roge da mán)...e mandou parar.
A Xunta aplicoulle iste ano un recorte superior o 30%...que o é todo se en vez de sesenta mil euros che dan corenta mil....
Hoxe represéntase a primeira obra...o INTENTO DE ASASINATO DA MOSTRA POLA XUNTA DO PP. Protagonista Feijoo.Decorados Jesús Vázquez.Guionista Rogelio Martinez.
...........................
Menos mal que o Goberno do Estado, que nengunha obriga tén nesta materia, apostou pola Mostra como Festival a nivel de España. E cuadriplicou a súa aportación económica.Ata mais de oitenta mil euros.
Cando naceu a Xunta era a úneca financiadora.Agora da menos que as empresas patrocinadoras.
Vamos que se a botaran ninguén se enteraría.

miércoles, 14 de julio de 2010

CHEGA O TEATRO

Hoxe tén lugar a representación do grupo local Teatro do Vilar. E o sinal de que chega o teatro.A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia celebra a 26 edición da era moderna (outras dez houbo na dictadura).

sábado, 10 de julio de 2010

A SEMÁN EN RESUME


Resume da semán:
SENADO: tivemos Pleno o Martes e Mercores .
Comisión Vivenda o Xoves.
Participación no Grupo Federal de Medio Ambiente e Medio Rural.
O Venres estiven en Laza na visita á Brif.
Sábado Comité Nacional, e antes na Executiva aprobamos estatutos do organismo que lle dará estabilidade á Escola de Formación.
Tamén sábado e domingo xornadas de formación das Xuventudes do Carballiño.

sábado, 3 de julio de 2010

FIN CURSO Escola Formación PSdeG


Hoxe foi o acto de peche do Curso 2009/10 da Escola de Formación que creamos hai nove meses e que leva o nome de Francisco Fernández,primeiro presidente da primeira agrupación socialista de Galicia (Ferrol).
Pechamos máis de 40 actividades formativas de 11 diferentes cursos, con case 1.000 perticipantes,coa coordenación de unha ducia de monitores responsables e con uns 50 expertos.
Foi o primeiro curso da que agardamos unha longa vida.
E como dixen, creo que aprobamos...

viernes, 2 de julio de 2010

INICIATIVA HISTORICA: PROPOSTA NOVO ESTATUTO PARA GALICIA

Hoxe reunímonos a INTERPARLAMENTARIA dos Socialistas Galegos.
Os representantes no Parlamento Galego,no Congreso e no Senado.
A proposta do noso Secretario Xeral acordamos tomála iniciativa para que Galicia non quede atrás.
Hoxe formulamos a proposta de Reforma do Novo estatuto de Autonomía para Galicia. Para acordar cos demáis. Sin máis atrasos. Para ter máis ferramentas para mellorar Galicia.
Coma sempre os Socialistas damos o primeiro paso.
Probablemente teremos que loitar. Coma sempre.