martes, 29 de diciembre de 2009

CUMPLIMOS: CONTRATADO AVE POR ENCIMA PREVISIÓN


O AVE de Galicia supera en 140 Millons de euros as previsións en obra licitada.
A pesar de que o PP seguirá repetindo que non se contrata obra,a pesar de que medios afins ó PP seguirán facendo páxinas sobre os agravios....
Podemos decir alto e claro: OS SOCIALISTAS CUMPLIMOS CON GALICIA.
Os socialistas traeremos a Galicia as infraestructuras propias do século XXI.
Así o estamos demostrando en cada Presuposto.
E mes a mes traballando, executamos esas previsions presupostarias.
E as veces,como este ano, superamos as "Previsións".
Desmentimos esa mensaxe do Pp de que as cantidades previstas non se executan (o PP acostumbra a facer en marzo un informe decindo que non se executa o presupostado).A fin de ano é cando se pode dar conta.

DISCRECCIÓN COA BATALLA INTERNA PP


Levamos varios meses nunha sangrante batalla interna polo poder no Partido Popular da provincia de Ourense. Unha batalla con episodios durísimos. O actual presidente pretende deixar en herencia ó cargo ó seu fillo para poñer o partido entre os bens familiares obxeto da masa hereditaria.É o doutoramento do caciquismo.Que a responsabilidade de gobernar sea unha finca máis.
Os contrarios ,que representan a ultra dereita filofranquista, non se atreven a presentar candidatura con opcions.Sea por cobardía do seu representante que só fala nos medios de comunicación. Sea porque o abandonou o desodorante Feijoo (gostan de presumir de estar respaldados polo presidente da Xunta ,representados no mundo terrenal polo seu delegado na provincia).Sea porque son poucos e ninguén quere perder.Por eso buscaron un candidato de compromiso,para sair do apuro,que para o único que servirá será para xustificar aínda máis e bendecir ese indexerible proceso de entrega digital dun partido do actual presidente e máximo cacique a outro proxecto de caciquillo caprichoso (ó marxe de que sea o seu fillo).
Mentras Baltar dí que será "neutral" como presidente da deputación e do partido.Feijoo dí que será "neutral" como presidente da Xunta e do Pp.Cada ún tén un candidato. Un dos dous vai perder.Un chiste, vamos.

Neste proceso, os socialistas,sí que gardamos un respetuoso silencio.(Non temos obriga nin o Pp o merece).
Alguns medios, tan proclives a inventar diferencias internas entre socialistas onde non existen,nesta ocasión o diario "provincial" favorece o de baltar,o diario"regional" puxa polo de feijoo.
A nosa responsabilidade é PREPARAR O CAMBIO NA PROVINCIA. A elo debemos dedicarnos.Entre outras cousas para acabar con esta vergoña de séculos, de caciquismo,de atraso.
Para que os ourensáns gañemos un futuro que nos faga semellantes ós territorios máis avanzados,ás vangardas ,os innovadores,os territorios máis competitivos.
Para pasar a páxina do CACIQUISMO a donde tén que estar, na hestoria que non pode volver.

lunes, 28 de diciembre de 2009

RECOMENDACIÓN: COMPRA COMERCIO XUSTO

Hai productos que son unha excelente compra.
Pezas de artesanía únicas e orixinais, alimentos especiais mercados ó productor.
A prezos máis que competitivos.
E que construen desenrolo e xustiza.
Chámase Comercio Xusto.
En Ourense hai representación.
Solidariedade Internacional tén unha tenda na rúa da Paz.
Permitídeme o consello.

martes, 22 de diciembre de 2009

BÓ NADAL


Hoxe só quere desexarvos bó Nadal.
Boas Festas a todos.
Que disfrutedes da compaña dos amigos e persoas queridas.
Un pensamento especial para os que o están pasando mal.
Disculpas por non poder facer máis por eles,por cada ún.
En especial o meu recordo para os que sofren a dureza de estar no paro.
Comprendo esa sensación de pensar que non o valoran,de non ser útil.
Porque ter traballo non só é cobrar, é tamén sentir que aportas algo ó de todos,que vales para algo.
Neste momento de crise mundial,coa economía patas arriba,na que calquer día calquer empresa pode pechar.Na que nada é seguro.
Só penso en retomar cada día o meu compromiso social cos máis débiles. Revolucionando o que haxa que revolucionar,para que non perdan os de sempre.
Si os especuladores, os que adoran o deus diñeiro,os que non teñen escrúpulos nos levaron a esto.
A xente podemos cambiar este sistema económico tan inxusto e descompensado,no que se vai ben uns poucos fórranse e se vai mal pagamos todo e os máis débiles quedan descolgados.
Neste Nadal síntome máis cerca dos parados que de ninguén máis.Prometo defender as políticas sociais con máis compromiso aínda.Sempre.

AVE a todo tren


A Alta Velocidade a Galicia,e dentro de Galicia ,vai a toda máquina.
Neste momento xa ninguén dubida que a línea Ourense-Santiago estará operativa en 2011.
Esta liña tén 87 km (o trazado recto aforra 40 kilómetros) e percorrerase en menos de media hora.
A obra tén 30 túneles (máis de 28 km) e 35 viaductos (só catro están sen rematar).
Hoxe contratábanse traballos por 230 Millons para instalacions de seguridade,comunicación e outros relacionados coa posta en funcionamento.

Pero hoxe coñecemos tamén a contratación por importe de 281 Millons (47.OOO millons de pesetas) de varios tramos próximos a Ourense, entre Taboadela e Porto (Vilar de Barrio),nun percorrido de 22 km (Lubián Ourense xestiona ADIF)
Hai que lembrar que de Madrid a Olmedo está xa en funcionamento.
de Olmedo a Zamora remataron as obras de plataforma e están para contratar as de electrificación,seguridade e similares.
De Zamora a Lubián recentemente adxudicaronse os últimos tramos por importe de 350 Millons de euros (setembro e octubro) ata túnel Padornelo (Zamora-Hiniesta/ Cernadilla-Pedralba/Pedralba-Túnel Padornelo).

De Lubián a Porto é onde se modificaron os proxectos para darlle doble vía,con doble túnel,máis velocidade e compatibilidade con mercadorías.Lubián-Cerdedelo e Cerdedelo-Porto están na tramitación ambiental,recen rematada a exposición pública.
De Porto a Taboadela contrataron hoxe.O sea...O AVE a porta.

De tódolos xeitos o PP e os seus periódicos seguirán facendo páxinas decindo que o AVE non vén e poñeran nunha esquina as novas positivas e de actos de xestión desta infaestructura e calquer réplica que demos nós.

lunes, 21 de diciembre de 2009

SANTIAGO:DEBATE EN CORREO TV



Hoxe estarei en Santiago,onde participarei nun programa de debate de Correo Tv,FALAFOIRO:
Será sobre os Presupostos do Estado 2010 e tamén falaremos sobre o Voto Exterior.Participarei xunto a Juncal,senador PP, e Jorquera,deputado Bng.

martes, 15 de diciembre de 2009

¿VAISE O CACIQUE?


O responsable do grupo de poder caciquil da provincia de Ourense anuncia que se retira da responsabilidade.Máis ca retirarse,parece que o que fixo foi ir ó Notario e facer Testamento.O cargo queda en herdanza ó primoxénito.O testador,o notario e o herdeiro aparecen na foto.Como sabíamos o futuro farémolo nós. Será o cambio, de verdade.

SENADO :Presupuestos Estado


Despois da celebración da Conferencia de presidentes das Comunidades Autónomas,o Senado reabre as portas para outro debate importante: os Presupostos Xerais do Estado 2010.
Este ano non prospera o Veto (só apoia PP e CiU e non teñen a maioría requerida).Polo tanto teremos un debate amplo. Primeiro o veto por cada sección (ministerio) .Logo o articulado, coas emendas a cada Sección e organismo. Probablemente remataremos o venres pola mañá.

domingo, 6 de diciembre de 2009

CONSTITUCIÓN

Políptico que retrata a los siete ponentes constitucionales y que será expuesto en el Congreso de los Diputados.

Hoxe conmemoramos o 31 aniversario da aprobación da Constitución en España.
A chegada da democracia a España.
Moitos pensarán que sempre vivimos en democracia.Outros que foi unha concesión da dictadura.
A democracia foi unha conquista dos cidadáns, de algúns máis ca outros. Pero as conquistas sociais son sempre así, uns poucos lideran e loitan polos cambios que todos logo disfrutamos.
Unha conquista que nunca acaba de todo.Que sempre tén tarefas por continuar.Sempre quedan conquistas que facer realidade.
Por eso,en Galicia,hai que lembrar que implantar a democracia na última aldea é acabar co caciquismo,erradicar o enchufismo. Democracia é que cadaquén se exprese libremente,defenda unha idea sen represalias.
Democracia é o contrario de que o delegado da Xunta non denegue o uso dun local para que un senador poida dar conta ante os electores. É o contrario de que se persiga a lingua que o pobo galego gardou durante séculos e o define como pobo.
Libertade é que tódolos cidadáns teñan educación en igualdade de condición social ou económica e polo tanto recortar axudas dos poderes públicos é un ataque ós dereitos constitucionais.
Democracia é o contrario de mercar concelláis para cambiar o que se decide nas urnas.
Defender a Constitución é respetar o funcionamentos dos Órganos institucionais. O contrario de poñer en dúbida o cumplimento da súa función con independencia da policía e corpos de seguridade,dos fiscais,das resolucións xudiciais.
Democracia é o contrario de evitar a elección dunha senadora para quitar ventaxe política ou para silenciar as denuncias de corrupción.
Democracia é o contrario de cómo se utiliza a televisión de Galicia.
Democracia é ter dereito a que te escoiten. Polo tanto non é democracia que unha asociación que defende un proxecto ,de 20 millons con centos de postos de traballo para a comarca do Ribeiro aprobado por un Goberno lexítimo da Xunta , sean recibidos polo Presidente da Xunta .Se despois de 8 meses non tés uns minutos para recibílos non eres un presidente con principios democráticos.
Democracia é diferente de mandar a uns inconscientes a berrarlle a porta da casa familiar ó lider da oposición para silenciálo.
Vamos, que democracia é algo que queda lexos do que istes representantes da dereita extremachamados Feijoo ou Rueda están a facer no goberno da Xunta.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

SENADO: O BNG E O PP PIDEN O "CUPO" FINANCEIRO PARA GALICIA

Pleno no Senado.
Debate da LOFCA, a modificación do sistema de financiación das Comunidades Autónomas.
Un sistema polo que Galicia recibirá centos de millons de euros máis para os servicios sanitarios,da educación,da dependencia...
Un novo sistema,consensuado nun longo proceso con todas as Comunidades e sin votos contrarios.
Un sistema que será evaluable e revisable periódicamente, garantizándose un nivel de servicios básicos en todas as Comunidades.
Un sistema beneficioso para Galicia, e beneficioso para toda España. Tan beneficioso que deixa atrás conflictos e problemas coas diversas comunidades e polo tanto garantiza a COHESIÓN do Estado no futuro.
Neste novo sistema tense en conta a dispersión, o número de entidades,o contar con lingua propia,no que se comparte xestión e capacidade normativa de diversos impostos...
Sorprende que o BNG explicite unha Proposta de "Cupo Vasco" para Galicia.Unha proposta na que Galicia perdería.Na que,para manter un linguaxe de AUTODETERMINACIÓN, perdería Fondos de Compensación, e contaría con menos fondos para os servicios básicos.
Pero máis sorprendente é con qué apòios chega ó Pleno esa proposta.
Non chega co apoio de Esquerra,da Entesa de Cataluña,dos nacionalistas canarios,vascos,mallorquins,aragoneses....
Non.
Chega co apoio daqueles que decían que con esta dinámica se rompía España, que recurriron o estatut de Cataluña ...Sí chega co apoio do PP, tamén co PP de Galicia....

martes, 1 de diciembre de 2009

SENADO: BIENVENIDA LEIRE


Hoxe tomará posesión por fin como Senadora Leire Pajín.

Despois de sete meses primando ó Grupo Socialista e á Comunidade de Valencia da súa representación,hoxe restablécese esta anomalía.

Benvida Leire.

domingo, 22 de noviembre de 2009

A NOVA EXECUTIVA PROVINCIAL


A nova Executiva Provincial é un equipo impresionante. Un equipo gañador.
O secretario xeral xunta experiencia,cintura e receptividade.
O equipo elexido tén 14 mulleres e 18 homes das diferentes comarcas,de diferentes idades pero con abundancia de xente nova, e preparados para a función que lle encomendamos.
Coñezo profundamente a todos e a cada ún. Boa parte traballaron conmigo nestes anos.
E verdade que tódalas aportacions de nomes e perfiles que fixen foron tidas en conta... É o mellor agradecemento que che poden facer.
Podería falar longamente de cada ún.A maioría sonme como da familia despois dos anos tan intensos,do traballo sen horario,dos disgustos e sinsabores,de moitos pequenos fracasos e frustracions, e tamén de moitos éxitos e ledicia.As ledicias e os éxitos son para compartir. as pequenas frustracions mellor pasálas un a solas.
Pero hoxe non quero falar de cada un. Hoxe quédome co EQUIPO.Un equipo de Champions.

EXITO DO CONGRESO PROVINCIAL


Onte celebramos o Congreso Provincial ,como consecuencia da modificación estatutaria do derradeiro Congreso Federal.Fora aplazado por mor das Eleccions Autonómicas e ata despois do Congreso Extraordinario de Pontevedra no que eleximos a nova Dirección Galega que encabeza Pachi Vázquez como novo secretario xeral e na que eu estou como secretario de Formación.Nesta responsabilidade teño encomendado crear a Escola de Formación do PSdeG . Esta responsabilidade é incompatible con pertencer á dirección provincial . Alguns membros da Executiva Galega que entraron en órganos provinciais tiveron que renunciar. Unha persoa un cargo.
Por esta razón, en abril despedínme das agrupacions locais nunha reunión cos secretarios xerais.
Foron 7 anos levando,cos outros valiosos-as compañeiros-as, a organización do partido na provincia. Casi diría creando. Porque partimos de pouco. casi sen sede(en venta e en ruínas),sen presuposto,sen persoal,con moitas debilidades...Conseguimos facer un partido serio e solvente,cunha estructura electoral potente,con asesores xurídicos ós concellais,con persoal de atención ó militante e ó cidadán,con servicio de prensa...Pero sobre todo cunha estructura organizativa ben engrasada e sincronizada en practicamente tódalos concellos (83 creo).Unha estructura que de 9 pasou a 23 alcaldes e varios cogobernos.E nas pasadas municipais renovamos candidaturas sen ningún conflicto en 53 concellos o que lle da un recorrido para varias convocatorias que fará aumentar o número de candidatos que chegarán a ser alcaldes(de feito unha ducia están a só 1 concellal de conseguir alcaldía).Gobernamos o 52% da poboación entre elas a cidade e vilas principais.
Pasamos de 3 a 8 deputados provinciais a sólo 2 de conquerir a Deputación Provincial.
Fomos quén de empatar en número de Deputados ó Congreso nas pasadas xerais (2 Psoe- 2 PP).Tivemos a maior subida en España.Por certo eu fun o senador socialista con más votos da historia (a pesar de que o PP de Baltar fixo campaña para que non saíra)
Nas Autonómicas pasamos de 3 (de 15) a 5 (de 14), sendo a única provincia que subíu 1 escano socialista.
E...agora vamos A MÁIS.
Na próxima estación teremos a Presidencia da Deputación e chegaremos a máis de 30 alcaldes.
E na seguinte estación os socialistas ourensáns poñeremos en Santiago o primeiro presidente da Xunta ourensá (con matrícula do Carballiño).


martes, 17 de noviembre de 2009

MARIÑEIROS ALAKRANA: VOLVEN PRA CASA

Volven para a casa.Hai tempo que os agardamos todos. Esta mañá,ó remate da reunión do Grupo no Senado, informáronnos do posible remate do secuestro.
As súas familias rebosan felicidade.
Os 36 mariñeiros (16 españois- 8 de Indonesia-4 de Ghana,3 de Senegal-2 Madagascar-2 Costa Marfil-1 Seychelles) volven despois de 46 días secuestrados fronte as costa de Somalia.
..................
Esperemos que o Partido Popular, e Feijóo en especial, non volva á carroña destes días.
Faría pensar que non son felices con este final.

lunes, 16 de noviembre de 2009

NO SENADO: UN ESCANO SOCIALISTA VALEIRO


Estes días estaremos no Senado.Hoxe estarei na Ponencia sobre melloras na vivenda,entre outros no aspecto enerxético.
Mañá comenza un Pleno.
De novo o Grupo Socialista terá un escano valeiro polo capricho do PP valenciá, que lle costa máis tempo elexir a senadora da comunidade autónoma que encargar uns traxes.
O PP de Valencia leva 6 meses boicoteando ese nomeamento.Insultando ó Parlament. Despreciando ó Senado como Cámara Territorial de España.Burlando un "savoir faire" de 30 anos de democracia,onde nunca tal se víu.
Mentras Rajoy estivo de xira en Barcelona clamando que agora sí, agora vanlle pedir a todos un pacto pola ética.Que eu sepa neste momento o único que tén un problema de corrupción en toda a estructura nacional é o seu partido.Por eso con pactar consigo mesmo ( co tesoureiro e os presidentes de Valencia e Madrid) chégalle.
E tamén nos anuncia que agora sí, de verdade, van estar unidos.Pero foronselle da reunión o presidente de Valencia,a de Madrid.E Aznar nin foi a vélo...O sea que estará unido a sí mesmo, a querer seguir cando ninguén o quere nin o ve como líder de nada.
A verdade é que o do pacto contra a "corruppción" en Ourense vai ser unha canción de éxito,onde o PP aparece salpicado na investigación da rede de corrupción,onde o anterior candidato que encabezaba a lista provincial tivo que dimitir por estar nunha rede de evasión de impostos a paraísos fiscales,onde o presidente do PP está chamuscado por casos como o regalo da fica Santamariña(a maior propiedade pública da provincia regalada por 3.000 millons menos do seu valor),por crear chiringuitos para o nene con cartos públicos,como ter amistades peligrosas como un ex director de banca condenado,por enchufismo sistemático de centos de cargos do PP na Deputación...
E tamén vai ter moito éxito a canción da "unidad".Nunha provincia onde temos un Bi-Delegado da Xunta,unha delegación con dúas cabezas que se pelean por quén leva os alcaldes a ver Conselleiros: o delegado oficial (chamémoslle Martinez) e o herdeiro do trono polo método feudal da presidencia do PP (o nene).

viernes, 13 de noviembre de 2009

VOLVE A NOITE DE PEDRA


Pasamos dias celebrando actos pola provincia:O Barco,O Carballiño,Bande,Xinzo de Limia,Verín...
Onte chegamos a Ribadavia. O acto estaba previsto no Centro Comarcal do Ribeiro. É o lugar onde fan as reunions ,de menor audiencia, os colectivos (a casa da cultura para actos de varios centos de persoas).
Alí vai o PP (fai pouco Rogelio Martinez reuniu os representantes do PP cos do Foro Non).Alí vai o Bng,o PSdeg,Unions Agrarias e SLG,XXAA,Mulleres Rurais,Asociacions de todo tipo....
Pero a Xunta decidíu negar o uso do local. Non porque houbera outra actividade . No salón de actos non hai outras actividades ,máis que as que convocan os colectivos da comarca.
Un deputado no Congreso (Alberto) e un Senador(eu mesmo),que representan 90.000 votantes, convocaban os cidadáns para EXPLICARLLE qué fan,cómo defenden os intereses dos que os votaron, e se cadra oir as queixas que queiran dirixirlle.
Pero a Xunta dixo que NON. Que non se deixaba o local para eso . Mellor télo pechado.
Como se fora a súa tenda ou a súa propiedade. Cómo se non fora de todos.
Dase a paradoxa que ese edificio fíxose grazas a un Convenio que xestionei eu como alcalde,de xeito que Correos practicamente financiou as instalacions (logo o que representa ó PP regaloulle as plantas superiores á Xunta...para esto).
Parece que volve a CENSURA. Uns cargos (do Partido Popular) deciden qué Partidos poden utilizar e cales non unhas instalacións PÚBLICAS.
E volve o silenzo,a cobardía. Volve o compadreo dalgún medio que con tal que lle vaia ben ,cala ou reparte bendicións. Calan ante a represión.Cómo si non se estivera falando de cuestions fundamentales,de dereitos básicos.
De novo volve a longa NOITE.
De novo volvemos a loitar por usar a nosa lingua,pola educación,por dereitos básicos.
De novo volvemos a loitar por poder reunirnos libremente,por poder expresarnos libremente.
Somos os mesmos os que loitamos,son as mesmas causas.
Son os mesmos os represores(antes de Franco,agora do PP).
Son os mesmos os cómplices. Os mesmos os cobardes que calan ou miran para outro lado.
A loita acabará igual.
Ganará a LIBERTADE.

viernes, 6 de noviembre de 2009

"VOMITIVO" PP

Estiven vendo o comportamento dos dirixentes do PP en relación coa evolución do secuestro do Atunero vasco no Índico,no que están alguns mariñeiros galegos.
Parece que o interés do PP non se centra en cómo sacar ós nosos compatriotas desa situación e recuperar a súa libertade.
Sen discutir ningunha outra circunstancia de cómo se produxo o apresamento ,comprendendo a dor que viven os familiares que ven en greva risco ós seus seres queridos.
Ninguén dúbida que é o momento de estar coas Familias e co Estado. Quén sea bó "patriota" debería sentir eso,no momento precisamente no que calquer residente en España debe sair en defensa dos nosos.
Calquera menos os dirixentes do PP. ¡Qué pena de votantes!¡Qué orfos se deben sentir!
Calquera menos o presidente da Xunta.Feijoo prefire recorrer platós,producindo telebasura,intentando gañar un minuto de gloria,renunciando a responsabilidade e prudencia exigible a calquer cargo institucional.Qué mal deixou a Galicia.
Como diría un teniente de alcalde, o PP neste caso do secuestro do barco español estivo VOMITIVO.

jueves, 5 de noviembre de 2009

CAMPAÑA EXPLICATIVA NA PROVINCIA

O Oficina Parlamentaria do PSdeG-PSOE de Ourense sae á rúa.
Nestes días os senadores e diputados levamos a cabo unha Campaña recorrendo a totalidade do territorio español.
A Campaña chámase Novas Enerxías.
O obxeto é explicar ós cidadáns cómo nace actual Crise económica, as accions que levou a cabo o Goberno socialista e qué vamos facer para cambiar o modelo económico actual e para qué non volva a repetirse.
Paro os interesados ahí vai o calendario en Ourense:
-Xoves 4 :Barco de Valdeorras (sede)
-Venres 5 : Carballiño (sede)
-Luns 9 :Bande (concello) - para comarcas Celanova e Baixa Limia
-Martes 10 :Xinzo (casa cultura)
-Mercores 11:Verín (casa cultura)
-Xoves 12 :Ribadavia (centro comarcal)
-Venres 13 : OURENSE (Ateneo Ourensá)
O noso ofrecemento a desplazarnos a explicar as políticas do Goberno do presidente Zapatero a calquer concello,agrupación ou colectivo social que o solicite.

lunes, 2 de noviembre de 2009

DE VOLTA A MADRID

Esta semán estarei de novo no Senado.
O luns na Comisión de Vivenda (coas Sociedades de Tasación)entre outros.
Martes e Mércores no Pleno.
Remataremos cunha sesión de coñecemento e visita ó Centro de Seguimento Vía Satélite de Buques que realizamos os membros da Comisión de Medio Ambiente,Agricultura e Pesca.

domingo, 1 de noviembre de 2009

MAGOSTO (casi)IMPOSIBLE




Hoxe choveu no Ribeiro con gañas.
A pesar delo tivemos o ánimo de manter a tradición e sair ó monte.
Nesta ocasión foi a Pena Corneira.Na área recreativa pensaron que aquí a veces chove e fixeron unhas mesas cubertas,onde poder asar a carne mentras comes e bebes a cuberto.
Antes subimos ó mirador onde se disfruta unha vista única.
Logo percorrimos camiños das terras de Avión.Os chouzos non quedaron sin ver.

sábado, 31 de octubre de 2009

GURTEL EN OURENSE

Quero loubar nesta ocasión a profesionalidade dun diario galego que é o único que informa sobre a extensión a Galicia da rede de corrupción do Pp por toda España.Non será porque non haxa outros diarios en Galicia.Nin será que o asunto non sexa de interés informativo.Nin que sexa bó para a saúde democrática.
Onte mesmo fixemos unha valoración en relación con que nas investigacions xudiciais aparece como que a rede de corrupción do PP tiña unha terminal na provincia de Ourense.Nin máis nin menos o xerente e responsable das contas na provincia en todos os 20 anos nos que Baltar é presidente provincial aparece nos contactos.
O PP de Ourense non explica por qué aparece,que relación tiña o Pp coa trama en España,qué relacions houbo entre o PP da provincia e un dos cabecillas o que foi secretario de organización en Galicia do PP.Unha boa ocasión para que o sucesor no cargo de Crespo, Rodriguez Mirinda, dése unha rolda de prensa.
Pero desto só Xornal de Galicia se atreve.Os demáis disimulando.

NOITE MEIGA EN RIBADAVIA

Unha actividade xa consolidada en Ribadavia.Un grupo de mozos da vila fai realidade cada ano hoxe sexa unha Noite Meiga.

martes, 27 de octubre de 2009

RECOMENDACION DE VISITA BLOG

As ocupacións amontónanse,por épocas.
Pero sempre hai que buscar un momento para visitar blogs como o da Plataforma Sí ó Parque Ambiental.
(evidentemente iste é un post publicitario)

miércoles, 21 de octubre de 2009

PLENO SENADO


Estamos a acabar este longo pleno: 25 preguntas, 4 interpelacions,4 mocions,tramitación de 6 textos lexislativos...
e un toque de humor de algo que vín no blog genoveses,que teño recomendado.

lunes, 19 de octubre de 2009

MAIS SENADO (3):Comisión Vivenda

Despois da comida (o menú do día no Senado é excelente),a Comisión de Medio Ambiente ETC, estivo con membros da Fundación do Xamón Serrano,que nos contaron as suas inquedanzas(non trouxeron a proba).
Logo participei na Comisión de Vivenda,nunha sesión de comparecencias sobre novas formas constructivas e novas tipoloxías de vivenda.
Participei nunha delas que foi simplemente xenial,por eso o cito.
Ricardo Perich i Durán, é o directer técnico de VIMUSA,que é a empresa pública de vivenda do concello de SABADELL.Impresionante o exemplo de Sabadell sobre o novo urbanismo,a nova vivenda.Vangarda de Europa vamos.
Son as nove da noite.Creo que merezo a cea.

MAIS SENADO (2) : debate Regadío Limia

Outra moción debatida foi sobre a Modernización dos Regadíos na comarca da Limia.Redactei unha emenda que foi aceptada polo que ,despois de diálogo intenso en especial co Bng e PP,acabou nun ACORDO unánime.¡Vaia algo de CONSENSO!
Na intervención deixei constancia da aposta persoal de Elena Espinosa(ministra de Ourense)por este proxecto para o regadío de 4.000 hectáreas,con 27 millons de inversión.Este proxecto terá o menor coste deste tipo de obras en toda España (maximo 10%).Despois de conquerir as Concesions de Aguas,queda firmar o Convenio xa pactado con Suarez Canal,e suscribir os Convenios particulares coas Comunidades de regantes.
Tal como establece o convenio do Ministerio(clausula 3f) haberá unha Comisión de seguimento entre SEIASA e os Regantes,e éstes participarán na elaboración dos proxectos,na execución das obras,na xestión.
Tamén nos comprometemos a que se coñeza o custe da aportación que teñen que facer os usuarios.
Os traballos durarán uns 18 meses (6 meses redacción proxectos e 12 meses de execución obras).Fixemos un chamamento a impulsar esta actuación para que canto antes este regadío sea modernizado (este é compatible por exemplo coa declaración de ZEPA). E ademáis suporá un gran aforro na xestión de case a metade(agora custalle uns 150 € por hectarea o rego por aspersión,con gasto de gasoleo que ademáis contamina).

SENADO: FARTURA DE ACTIVIDADE: debate moción concesión hidroeléctrica Santa Cristina

Hoxe tocou madrugón:as 5 da mañá saída da casa a Peinador.
Ben cedo,negociación de diversas mocións que se iban tratar na Comisión de Medio Ambiente,Agricultura e Pesca.Houbo de todo.
Debatimos unha moción do BNG que pedía que se denegase a petición de concesión en Santa Cristina.Reproduciuse o debate da semán pasada no pleno. As peticions de calquera debe tramitarse con arreglo á dereito e dictarse resolución motivada,cumplindo a Directiva UE Marco da auga,a ley,a normativa de evaluación do impacto ambiental,tendo en conta os informes da Xunta e demáis,a planificación hidrolóxica.Polo tanto agora non pode rexeitarse unha solicitude en trámite,que xa foi informada negativamente pola consellería de medio ambiente no trámite previo a Declaración de Impacto Ambiental aínda sen presentar,que se someterá á información pública.Total...para quén non quere entender.Ata para rexeitar algo hai que facélo cando toque e coa lei na mán.
No medio Bouza deixou outra retaíla de manipulación da realidade,proxectando imaxes das obras de San Estebo cando falaba de Santa Cristina.E sacando novas falsedades que tiven que desmentir: no río Miño non se tramita nin se van autorizar NOVAS CENTRALES.
E na Ribeira Sacra tampouco se vai facer ningunha Central Nova.As que hai son dos anos 50 e 60.
Pero mentir é barato.
Ó final só o senador do Bng votou a favor (1),o resto en contra (22),e 2 abstencions solidarias(CiU e Mixto).
Deixo enlace de algunha documentación e procesos de información pública do proceso de confección do novo Plan Hidrolóxico da Conca miño-Sil.

domingo, 18 de octubre de 2009

EN DEFENSA DO GALEGO


HOXE OS GALEGOS SAIMOS Á RÚA EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA.
Fomos miles,diferentes ,unidos polo amor á nosa lingua.
Tal como fixemos nos anos 73-74-75....Comenzamos un camiño que non acabará ata que nos devolvan o respeto ó máis íntimo que temos .
Como fixemos hai moitos anos contra aquel militar que nos quixo erradicar aquelo que nos une a todos cantos vivimos e amamos Galicia.
NON GAÑARÁN.

viernes, 9 de octubre de 2009

FOLGA DE XUÍCES (artigo para a prensa)

Os xuíces conservadores realizaron onte unha convocatoria de folga convocados pola “Asociación Profesional de la Magistratura”, seguida por bastantes deles en Ourense.

É a segunda vez na historia ,as duas veces contra este goberno.

Deume a sensación que foi unha folga cunha profunda carga política partidaria.O momento escollido é unha clave.Alguns pretenderían colaborar nunha estratexia de acoso ó Goberno.

Por outra banda faise nun momento no que o Ministerio de Xustiza aporta a actitude máis dialogante. Pero o galego Francisco Caamaño non só pón díalogo na mesa.Pon plans de acción e dotacións económicas coma nunca.

Neste momento de dificultade económica anuncia 600 Millons de euros (100.000 millons de pesetas) para a modernización da Administración de Xustiza.

No 2010 aparte do incremento ordinario do Presuposto,destinaránse 218 millons ó plan estratéxico de modernización.

Co actual ritmo de creación de órganos xurisdicionais ,os gobernos socialistas a fin do 2012 terán creado 1.434 plazas de xuíces.

O ministro comprometeuse a reformar a lei de planta e demarcación para adaptar o mapa ás necesidades reais.

Durante os tres próximos anos convocaranse 750 novas plazas de xuíces (250 por ano).

Crearanse 800 novas plazas de Secretarios Xudiciais e 450 novas plazas de Carreira Fiscal.

No 2010 os Presupostos prevén crear 200 novas unidades xudiciais das que 50 serán xuíces de adscripción.

Tamén se prevé a maior inversión en Novas Tecnoloxías para a Xustiza da nosa hestoria.No 2010 destinaranse 150 millons de euros só ás novas tecnoloxías na xustiza.

Un amplo consenso parlamentario permitíu fai dous días que aprobaramos no Senado a nova Oficina Xudicial .eso implicará xulgados máis eficientes,concentración de recursos económicos e humanos,racionalización do servicio público de xustiza,mellor servicio ó cidadán e mellor forma de traballar para xuíces e maxistrados.

Polo que teño visto o Goberno xa tén asumido as principales demandas plantexadas no proceso de diálogo con este colectivo: dende medidas de conciliación da vida laboral e familiar,sistema de vacacions ata axenda de señalamientos e outros.E o proceso de diálogo está ABERTO coas asociacions máis representativas.

Por eso a pregunta é ¿Por qué houbo a folga?¿Por qué agora?

Resultoume curioso que sea Ourense o lugar de España onde tivo máis éxito esta convocatoria da asociación máis conservadora.Sen dúbida a resposta o que define moi ben é quén administra xustiza na provincia. Témome que moitos cidadans pensen que a Xustiza en Ourense leva moitas décadas en folga.

martes, 6 de octubre de 2009

Pleno Senado:intervención Moción conca Miño-Sil

Hoxe debateuse pola noitiña unha mocion na que se pedía que se realizaran un Estudos sobre os aproveitamentos no Miño-Sil e a paralizacion cautelar agora e logo definitivas de todo tipo de concesions.
O senador Pérez Bouza,do grupo Nacionalistas,intervíu para descalificar e menospreciar as intervencions de dous senadores por Ourense,antes de que faláramos. En lugar de expoñer as súas posicions adicouse a descalificar ós que íbamos intervir despois....
A proposta do Bng non tiña ningún rigor. Nun estado de dereito,os actos administrativos son reglados.Non pode decirse que non se da unha concesión por un informe dun tñecnico ou un consulting.
Por eso lle expliquei que a mellor fórmula de regular os usos é o PLAN HIDROLOXICO da Conca do Miño-Sil. Ese instrumento tén caracter normativo,básase en estudos técnicos rigurosos,recolle o que hai coas incidencia no medio e planifica os usos futuros.
A Confederación Miño-Sil,que naceu da decisión do goberno socialista,(con sede en Ourense) tén xa un documento de Plan da Conca,debatiuse cos sectores sociais,estivo 6 meses a informacion pública.Espero que pronto sexa aprobado polo Goberno.
Nesa planificación non caben NOVAS centrales.
Nesa planificación non caben explotacións non respetuosas co medio ambiente.
Hai algún caso que non conta co informe favorable das Administracions ,como é o caso de Santa Cristina,non prosperarán.Pero debe facerse con base legal e con actos que teñan plena seguridade xurídica.Non con chapuzas como a proposta do Bloque.
Sinaleille que o goberno xa tramitara 29 expedientes dictanto a Caducidade de concesions,como forma de ir recuperando dereitos obtidos noutra época.
"A demagoxia nunca é de esquerdas",pechei.

viernes, 2 de octubre de 2009

HOXE :AXENDA DE INFARTO

Vaia día:
Hoxe levanteime as 5 da mañá para voar a Madrid a unha reunión de traballo sobre os Presupostos.
Agora intento regresar cun retraso de máis de unha hora.Algo debeu pasar no avión que nos debía levar a Vigo.
Logo irei a Ourense para dar a Roda de Prensa valoración dos Presupostos 2010 para a provincia en compañía de Alberto tamén Fidalgo.
Terei que sair a correr cara a Santiago onde teño unha sesión de traballo dos coordenadores dos Cursos da escola de Formación do PSdeG.
Axenda de executivo ...

miércoles, 30 de septiembre de 2009

O PP RADICAL E CORRUPTO

A resaca de Silleda levou os de NNGG(neonazis galopando) a ir insultar ó secretario xeral do PSdeG á súa casa nunha aldea da comarca do Carballiño.
Primeiro disparou Toniño de Allariz,logo saíu a neotelegaita,e por fin chegaron os ultras.
Esperei un tempo porque agardaba a CONDENA dese acto polo Partido Popular.
Pensaba que si eses actos están mal cando os fai a kaleborroka,tamén serán condenables cando os fan os compas de Feijóo.
.......................
Pois non,aínda non houbo condena do PP .
Espero que o fiscal e forzas de seguridade fagan o seu traballo.
O PP intenta desviar a atención...
O que foi secretario de organización do PPdeG está na cárcere por montar unha rede para pillar diñeiro a cambio de contratos nas Administracións que gobernaba o PP e pasálo a financiar as actividades deste partido en toda España.Primeiro apareceu Madrid,logo Pais Valenciano...agora tamén Galicia.Apareceu unha caixa forte en Pontevedra que documenta moitos millons captados e desviados ó extranxeiro.
As medidas de loita contra a delincuencia económica dos máis poderosos parece que da froito....
Pero ademáis Feijoo ,ese brillante executivo, está rodeado pola corrupción.
Nomea conselleiro de obras públicas e tamén medio ambiente a alguén que favoreceu as empresas que lle deron traballo, nomea conselleiro da Administracción a un que fixo fraude para gardar posto e foi contratado pola deputación de Pontevedra e traballaba pro PP. E nomea candidato cabeza en Ourense a un cerebro dunha rede de evasión de capitales dos máis ricos á paraísos fiscales para evadir impostos( para que agora teñan que decir sobre políticas fiscais). E nomea de delegado en Ourense a quén fai fraude na percepción de subvencions da Administracción e non devolveu aínda o diñeiro, e a qu´en se beneficiou concedendo él mesmo subvencions de centos de millons de ptas as súas empresas e ás dos seus familiares( e nin xiquera o nega xa que sólo dí na súa defensa que xa prescribiu o delito penal)....
Evidentemente, a pesar das cortinas de fume de moitas empresas de información, os casos de corrupción tócanlle ós gobernantes do PP de Galicia de cheo.
E poderíamos seguir falando uns miles máis de liñas...

martes, 22 de septiembre de 2009

SENADO : PABLO GARCÍA SENADOR


Ista tarde tomou posesión Pablo García como Senador por Galicia.
O Secretario de Organización do PSdeG foi elexido pola mañá no Parlamento de Galicia.
As 4 da tarde tomou posesión,facendo promesa do cargo ante o pleno.

80.000 millons pesetas para o AVE

Proximamente vanse licitar 480 Millons de euros de obras do AVE a Galicia.
O mesmo vai pasar con outras Infraestructuras galegas que fai o Estado.
A medida que as obras van camiñando seremos capaces de aumentar o ritmo de execución.
É o que sempre dixemos.
Alguns pasanse a vida facendo preguntas e poñendo sombras,sobre o plan de actuación máis importante que tivo a nosa terra de modernización.
Cada pouco volverán a facer crónicas dudando de si se van executando as partidas.
Mentras o AVE camiña,a infraestructura máis importante e necesaria avanza,grazas ó goberno solidario que por fin nos fai xustiza.

lunes, 21 de septiembre de 2009

MADRID


Saio para Madrid.

Cando a cidade desperte dunha NOITE BLANCA,chegarei para desenrolar o traballo da semán.

Hoxe participarei na Comisión de Medio Ambiente .Será longa.Tócame levar un tema complexo que trai o Bng no que é fácil xogar á demagoxia.Falaremos dos problemas relacionados con algúns núcleos que non se acolleron a esa declaración na entrada en vigor hai 21 anos da Lei de Costas.

Mañá comenzamos un novo Pleno.Nel trataranse cuestions como a problemática dos doentes de fibromialgia,desempleo xuvenil,cláusulas abusivas hipotecas,sensibilización contra violencia xénero..............

Agardo que poida tomar posesión como senador Pablo García,secretario de organización do PSdeG.

Por certo quero facer un recoñocemento do compañeiro de escano Francisco Xabier Carro.Home traballador.Leal cos compañeiros e sobre todo cos seus electores.Amante de Ferrolterra e do Ortegal.Comprometido con Galicia,a quén representou moi dignamente.E...(dín que) bó gaiteiro.

Volve ó Congreso.Marcará altura como deputado.

A DIGNIDADE CHÁMASE PAULA


Onte a tardiña estiven en Silleda para acompañar os miles de veciños que saíron á rúa para manifestarse contra outra operación de transfuguismo.Feijoo entra no mercado dos débiles e cambia-chaquetas para gañar o que non lle deron os votos nas eleccións.Feijoo utiliza a Louzán e Baltar para que lle fagan o traballo sucio,mentras Rajoy lle da pra diante.

Pero o pobo saíu a defender a dignidade.Silleda sabe o que se xoga...Poden comprar a un ou dous.Pero nas Eleccións (en ano e pico) os veciños dictarán sentencia.

Hoxe a dignidade chámase Paula.Vive en Silleda.

domingo, 20 de septiembre de 2009

FEIJOO VOLVE Ó BASUREIRO

A Tele de Feijoo volve a utilizar como arma o lixo.
Hoxe montaron con Abc unha nova tratando de atacar ó o noso secretario xeral.
Volven a sacar imaxes da casa particular, feita co esforzo do traballo familiar.Olvidan que o xefe da oposición é unha persoa que tén que ter medidas de seguridade e ocurreselle publicar con todo detalle onde vive...
A dereita está acostumbrada a cousas como facer público detalles persoais dos demáis.
Eso sí si se trata dos chalets e mansions,de orixe inxustificado,da dereita nada se publica. O mesmo cos coches de seguridade.O presidente de esquerda non pode ter coche blindado e os de dereita podeo ter calquer subteniente.
Si é da dereita pode ir recoller ós netos no coche oficial e podes ter cámaras en todo edificio da deputación.
Teñen morro para andar sacando datos persoais ata dos colexios.E pensan que os demáis non poden tamén sacarlle cousas persoais.
Porque hai unha cousiña: as regras teñen que ser iguales para todos.
Si eles fan algo,que calen se lle fan o mesmo...

viernes, 18 de septiembre de 2009

ESCOLA FORMACIÓN: PROXIMAS ACTIVIDADES

O próximo xoves continúa a presentación de actividades formativas da Escola Francisco Fernández do PSdeG.
Será unha sesión doble de 5 a 9 da tarde:
- Curso básico de Política Municipal na sede do Pino
- Curso de Novas Tecnoloxías no traballo Político nas aulas de Informática

jueves, 17 de septiembre de 2009

SESIÓN FORMATIVA: COMUNICACIÓN

Dende as 5 da tarde desenrolamos unha nova actividade formativa.Hoxe a Escola de Formación do PSdeG presenta o curso "COMUNICACIÓN POLÍTICA".
Con Raquel García e Mª Xosé Porteiro,monitoras da Escola, participa Norma Bernad,unha xove compañeira e experta de excelencia.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

PP OURENSE:O OUTLET DO TRANSFUGUISMO (2)


As veces da a sensación de que os dirixentes do PP ,cando ven que non lle facemos unha operación de Moción de Censura para quitarlle unha alcaldía,pensen que somos parvos.

Hai que decirlle que non somos parvos,simplemente temos ética e un concepto da política diferente.É bó que seamos diferentes.

Por exemplo eu podería decir que si quixéramos nesta mesma lexislatura poderíamos conseguir media ducia de alcaldías co apoio de concellais cabreados do PP ou outros.

Non o facemos porque seamos máis torpes. A razón é que somos máis honestos.

Para que pensen vou citar as iniciais dalgúns concellos que poderíamos haber conseguido a alcaldía:

V......................

P......................

S.....................

Finalmente serán socialistas....co Voto dos Veciños no 2011.

martes, 15 de septiembre de 2009

SENADO : O PP MONTA BRONCA

Hoxe Control ó Goberno.Pecha o Presidente...Pregunta Pío...O PP montou tal follón,interrumpindo intervención,increpando dende os escanos...Unha feira.Para NON ver.

PP OURENSE:O OUTLET DO TRANSFUGUISMO


Estes días fálase dun caso de transfuguismo no Levante.Os progresistas de Ourense fainos gracia o cabreo do PP.
Aquí teñen as siglas do PP gracias a operacions de transfuguismo a alcaldesa de Porqueira (en perxuizo do Bng), o alcalde gracias a voto transfuga (do Bng) de Verea (en perxuizo do Psoe)....

Recentemente o PP conqueríu as Alcaldías
-Poboa de Trives( tirando alcalde independente-)
-Vilariño (roubando alcaldía socialista con tranfuga do Bng)
-Calvos de Randín (intentando tirar alcalde MAIORÍA ABSOLUTA do Psoe)
O PP anda "arrapañando" transfugas noutros concellos como Lobeira.

As veces tiven que oir algún comentario que encima quería culpabilizar ás víctimas destes actos de corrupción: "algunha culpa terán ós que lle compran un concellal". Como si a culpabilidade non fose do que crea unha operación de compra dun concellal,que a cambio de recompensa,TRAICIONA ós electores,ós seus veciños.

Por certo a imaxe deste post é dunha roda de prensa na que se anunciaba a expulsión dos membros do PP que se beneficiaran de mocions de censura con transfugas.Días despois facían xuntos campaña.

domingo, 13 de septiembre de 2009

12.000 LECTOR@S ...DENDE QUE PUXEN CONTADOR

Agradecemento ós lectores que visitan o blog.
No pouco tempo que dispoño de contador (¿cerca de 2 anos? non lembro data),visitaron o blog xa 12.000 persoas .Lectores de todo o mundo:de toda Europa,América do Norte e América do Sur,Oriente Medio,e incluso algún de Africa e Asia.
Pois eso,GRACIAS.

jueves, 10 de septiembre de 2009

CURSO Escola PSdeG:LIDERAZGO

Hoxe faremos a 1ª Sesión de Formación do Curso de Dinamización de Agrupacións,cun módulo sobre Liderazgo. De 5 a 9 da tarde contaremos con Rubén Turienzo,entre outros,na Sede do PSdeG de Santiago.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

BENITO GALLEGO MONTERO,Alcalde

Un lector envíame un enlace INTERESANTÍSIMO:
http://www.scribd.com/doc/19300684/tiobenito
Un traballo feito por unha descendente do último alcalde de Ribadavia na República:BENITO GALLEGO MONTERO.
Eu mesmo fixen o que lembro único traballo publicado ata este.Foi o 6 de febreiro de 1986 no FARO DE OURENSE.
Daquela publicamos unha foto facilitada pola familia e contaba,moi resumidamente,a vida das Corporacions democráticas de Ribadavia na II República.
Parecíame necesario facer xustiza e lembrar aquelas persoas tan dignas de agradecemento e homenaxe.
Publicabase uns días antes de que se cumplisen 5o anos do seu fusilamento xunto a outros democratas.Xa fai 22 anos que o escribín...

FESTAS PORTAL 2009...e Libros

(foto Faro Vigo)
Onte foi o día grande da Festa do Portal.
Facía tantos anos que non podía estar o día 8 de setembro que xa non me lembro cando.
Dende logo nos últimos vintecinco anos estiven todiños...
Onte tivemos reunión do Grupo Parlamentario (Congreso,Senado e Europeo) co inicio do curso político...O outro curso, o escolar,está máis duro,por causa de accións varias do novo goberno da Xunta,que se ocupa de" barbarizar" a sociedade galega.Entre as medidas está a supresión da gratuidade dos LIBROS (unha conquista social que nos puxera por diante de moitas comunidades).

viernes, 4 de septiembre de 2009

ESCOLA FORMACION PSdeG




Onte presentámoslle ós representantes das Agrupacións Locais do PSdeG a ESCOLA DE FORMACIÓN.
Un vello soño que ata agora non se fixo realidade,pero na que van colaborar como voluntarios moitos socialistas galegos que a soñaron.
Unha ferramenta que agardaban miles de militantes para poder desenrolar mellor o seu traballo,para avanzar máis rápido no CAMBIO en Galicia.
Asistiron representantes de casi tidas as agrupacions de Galicia(tivemos que andar a buscar cadeiras continuamente),o que indica as expectativas coas que nace a Escola Francisco Fernandez.Por certo o nome adicámosllo ó primeiro concelleiro socialista de Galicia e fundador da primeira agrupación,a de Ferrol.

viernes, 28 de agosto de 2009

lunes, 17 de agosto de 2009

OUTRAS RAZONS PARA VIR A FRANCELOS




En Francelos hai un monumento singular.Un dos primeiros que tiveron a declaración de Monumento Nacional.
Restos PRE-ROMANICOS incrustados nunha capela.
Falamos de elementos que formaron parte dun monumento de século IX en adiante.Estamos a falar de máis de 1.100 anos de antiguidade.Cecáis os elementos máis antigos de carácter cristá que se conserve en Galicia e España.O prerománico é escaso... por razons obvias.
Pero ademáis,según os estudosos,tén a peculiaridade dun estilo visigótico galego.
Un monumento pouco estudado,pese a súa importancia e singularidade.
Un conxunto, no que existíu un mosteiro relacionado pode que con San Rosendo, do que os últimos restos rematou por destruir o ferrocarril e outros accidentes da hestoria.
Un conxunto que merece un tratamento que garantice a conservación e recuperación tamén do entorno.

FESTAS DE FRANCELOS 21 e 22 agosto


Segue a festa..........
Este fin de semán, o 21(venres) e 22 (sábado) serán as Festas de SAN XÉS 2009.
O antigo campo de fútbol, agora xa propiedade dos veciños, será un dos escenarios.
Días de reencontro con algúns dos moitos veciños que tiveron que irse buscar a vida fora.
Pero os de Francelos somos de volver ó noso pobo. Sentímonos a gusto aquí.
Nos entendémonos.Sen decílo.
Por eso as de San Xés son sempre as mellores.Son as nosas.

domingo, 16 de agosto de 2009

LONDON (xa chega)

OS MUSEOS PUBLICOS SON GRATUITOS E CONTAN UNHAS EXCELENTES COLECCIONS.....
Museo Británico conta cunha boa coleccion de arte exipcio,sumerio....

O Museo Británico tén o mellor da Acrópolis

Museo Ciencias Naturales


LONDON(MAIS)

En trafalgar Square hai iste rincón onde calquer veciño pode subirse durante 1 hora e botar un discurso,tocar un instrumento,estar calado ou adicarse a ler,reinvindicar o que queira...

Fotos:LONDON

LONDON:seguro que siñifica MEZCLA
O máis aristocrático misturase co más popular
O máis serio co máis creativo
O mais antigo co máis innovador
mistura de razas
mistura de relixions
Os máis descreídos e os máis fundamentalistas
A bmaior cantidade de ladrillo e pedra e os maiores parques máis verdes..










jueves, 13 de agosto de 2009

FESTAS EN QUINS


Iste fin de semán é a máxima concentración por ferrado de festas na nosa terra.
Unha delas será a de QUINS : os días 14,15 e 16 .
Sobre todo o día 15 será un ferver de xente.Moita dela está nos máis variados lugares.Do Brasil,Franza,Portugal,Alemaña...De Cataluña ou País Vasco,de Vigo,de Ourense...Moitos deles é o único día do ano no que todos se poden ver e perguntar cómo está,se medrou a familia,cómo lle van os estudos os fillos ou netos.
Unha boa comida,boa compañía.Amigos,moitos amigos.Nun pobo no que me consideran un veciño máis.
Por certo en Quins,a só 6 km de Ribadavia,podemos atopar un conxunto único de viacrucis,varios conxuntos únicos de hórreos,espazos para baño no río,kilómetros de pistas para paseo no monte,e moito máis.

jueves, 6 de agosto de 2009

VIDEO MUSICAL

Recomendación :
GEORGINA

http://www.los40.com/video/actualidad/georgina-solo-mirada/pmdvidvid/20090722l40l40act_8/ves