sábado, 24 de septiembre de 2011

Elección de Candidatos

Durante este mes desenrolase o proceso para elexir ós nosos candidatos-as para as Xerais.

Máis de 1.200 militantes teñen participado nas asambleas das agrupacions municipais.

Celebraronse 61 asambleas, nas que cada afiliado pudo propoñer e votar. Estou satisfeito de ser proposto en 54 desas asambleas.De non haber sido posto en cuestión e de tan grande apoio.

Hoxe reunironse sucesivamente a Comisión de Listas provincial que examinou as actas e dictaminou as propostas de nomes. Logo reuniuse a C.Executiva Provincial que puxo en orde a proposta de lista Ó Congreso e Senado.

Na proposta ó Senado fun proposto com o nº 1 ó Senado (suplentes Chelis de Vilardevós e Beatriz de Ourense).Logo irán Alva Dorado e Miguel Solla.

Para o Congreso a proposta será por orde: Laura-Elena-Arcos-Fernando...

Finalmente foi o Comité Provincial no que están os representantes das agrupacions ,o que despois de breve debate aprobou a Proposta de Listas por 53 a favor e 12 en contra.

jueves, 15 de septiembre de 2011

Regreso SENADO



Regreso de Madrid.

O martes tivemos o último Pleno Ordinario do Senado.

A última intervención do Presidente Zapatero foi espeialmente emotiva.Cos do grupo socialistas postos en pé aplaudindo.Un gran abrazo para quén foi lider e presidente.

Tamén foi a sesión na que aprobamos 7 leis. Entre elas a Lei de titularidade compartida das explotacions agrarias.Celebrámolo coas asociacions de mulleres e foi un peche de lexislatura para quen foi a portavoz nesta materia antes ca min, Esmeralda Iranzo.

Días tamén de despedidas.Isto parece o fin de curso.Boas palabras.Bos sentimentos entre quenes compartimos case 4 anos. A pesar de diferencias e distancias ideolóxicas, nesta Cámara hai unha amistosa xestión das diferencias. Daquí vámonos con moitos amigos.

Volveremos a próxima semán para unpleno extraordinario de tramitación de varias leis.