miércoles, 23 de febrero de 2011

23 F


Hoxe é un bó día para exercer no Senado.
Fai 30 anos, uns militares faciosos quixeron acabar coa xoven democracia española.
Nese tempo, despois de facer a mili, eu traballaba no colexio rural de Ribadavia. Alí daba clases,levaba cousas administrativas,facía turnos de internado.O golpe colleunos rematadas as clases, pero no colexio (as nosas xornadas eran moi longas).A radio foi o vehículo de información.O medo no corpo.Indiñación e raiba.Disposición a defender as conquistas.
Esa noite non me tocaba internado.Así que collín o 600 e fun cear a Quins coa miña familia.Intentando transmitir tranquilidade ("esto non pode sair").Por se acaso pensando (o seiscentos tén gasolina para ir a Portugal, a só media hora...inda que haberá que quedarse e organizar a resistencia...).
Antes de ir a mili habíanme ofrecido ir nas municipais nas listas socialistas.Logo de volta non había partido pola escisión do PSOE Histórico,non foi posible nas do 79.

Pero esa noite,eu tan esquerdista,decidín comprometerme co Partido Socialista.Traballar polo Cambio ,que chegou no 82.
Mal pensaron os fachas que co golpe de estado, o que conqueriron foi consolidar unha democracia á que lle quedan,por fin, longos anos de vida.
Os franquistas que quixeron volver os tempos da dictadura quixeron ir contra o gran cambio político que España tén conquerido nestas 3 décadas.

Por elo hai que lembrar o que pasou ese 23 de fevreiro de 1981.
Cada teñamos dúbibas.
E tamén para lembrar o que fixeron outros durante 40 anos e quixeron volver a repetir.Os da dictadura e os da guerra perderon o 23 F.Hai que facer que perdan cada día.

3 comentarios:

  1. muy biem, gracias pero sy, tiemos a razom y tiermos um pais libre.

    ResponderEliminar
  2. Amigo Miguel: e se todo iso che pasou o "23 de fevreiro de 1991", imaxina o que nos pasou aos demais o 23 de febreiro de 1981.
    Saúde!
    Xosé Lois

    ResponderEliminar
  3. GRAZAS POR ESTAR ATENTOS
    ERRO CORREXIDO...

    ResponderEliminar