martes, 8 de febrero de 2011

EN MADRID

Onte tiven ocasión de estar cos compañeiros da agrupación de Verín.
Pero pola mañanciña collín avión para poder asistir a reunión conxunta do Grupo Socialista Congreso e Senado. Na sá Ernest Lluch do Congreso.Veu o Presidente J.L.R.Zapatero.Vinno forte,con moita forza.
Logo reunión do grupo no Senado.Un momento tenro nunha certa despedida a Ruth Porta,secretaria xeral do grupo, que pasa como segunda na lista ó concello da capital.Que lista e traballadora é esta Ruth.Que boa xente.Que sorte traballar (ás suas ordes) estes anos...
Pola tarde o Pleno contará de novo con Zapatero no apartado de control,xunto con outros membros do Goberno.
Antes celebramos unha comida da Peña Barcelonista do Senado, da que formamos partes membros de diferentes partidos,uns máis e outros menos futboleiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario