jueves, 17 de febrero de 2011

UN PP QUE SE ROMPE E CORROMPE


O PP as veces cantanos a cantiga esa dos desacordos nos gobernos de coalición...Pero quén tén unha guerra aberta é o bipartito Feijoo-Baltar(s). En boa parte dos concellos andan os de baltar e os de feijoo pelexando a ver quén fai a lista municipal.Baltar vai falar con uns, Roge con outros.Resume en moitos concellos o PP levará duas listas.Unha oficial ,outra pirata(as duas con piratas).
O PP evidencia que non se ocupa das suas responsabilidades nin os da Xunta,nin os da deputación,nin nos Concellos. Andan ó que andan.
Nin teñen nin traballan nun plan para sacar adiante a provincia de Ourense.
Non hai ningún proxecto novo da Xunta para a provincia. E os proxectos que había Feijoo anúlaos,parounos todos.
Só andan a patadas entre eles. O futuro que non ofrecen é unha Deputación podre e arcaica, cun líder que só fai chistes que cada vez teñen menos gracia. E o fillo herdeiro do mando é unha sombra tenebrosa que cumple o refrán de que empiora ó anterior.
Os outros liderados polo delegado da Xunta é a representación dos franquitos nestes tempos, o Glorioso Movemento, o pior da especie.Roge consegiu recoller a intolerancia,o odio ó adversario, o escándalo na xestión do diñeiro público,o favoritismo persoal,o enriquecemento, a ultra dereita cavernícola...todo nun único ser.Un milagro vamos.
Sosteñense en que creen que teñen un electorado fiel pase o que pase,fagan o que fagan.Un electorado que creen que se compra e se vende. Que consinte que mentras hai 30.000 parados, quinientos cargos do PP poden entrar a dedo sen outra función que traballar para as eleccions.Porque pensan que os cargos teñen deito a facerse ricos, a beneficiarse eles da administración do que é de todos.Porque pensan que os seus electores non lle parece mal que onde non se gaña, se pode mercar un concellal para seguir mandando.
E mentras tanto, teñen o atrevemento de olvidarse dos problemas desta provincia e das suas xentes, que cando se fartan emigran.
E onsequiannos con este espectáculo de guerra polo poder.
Na cidade de Ourense, presentandonos ós que seran servintes do gran cacique,inda que non sintan nin teñan vinculación coa cidade. Olvidan que Ourense é unha cidade nobre, libre. Que aquí non vai baltar crear unha finca particular cos favores do caciqueo máis cochambroso. Que aquí hai traballadores,comerciantes,emprendedores, libre de pensar e actuar.Que queren unha cidade moderna, sen ataduras a estas actuacions medievais.
No resto da provincia, o mesmo.
No Barco de Valdeorras tamén queren impoñer o pensamento único do fillo do presidente-tutor do PP.
En Ribadavia volve a dar vergoña. Os líderes que compraron, están caducados. E detrás non quedou nada. Non teñen nin candidato a estas alturas.nin mellor nin pior, cero.Na comarca o control de Rogelio non tén resposta pola incompetencia dos baltares, que non logran sumar máis que perdedores e impresentables.
En Xinzo e na Limia a ruptura é total. Non é que non se falen, é que hai duas partes rotas no PP desta zona. Os de Baltar intentan facer as suas candidaturas. Os demáis faran listas con outros nomes.Amarrar a un deputado provincial era clave
Pola comarca de Verín, os baltares tamén programan destitucions. Ata van destituir a un deputado provincial que fará lista diferente...
Por eso Baltar abriu a operación compra de deputado-tránsfuga...Non se fia de que varios dos seus lle deran as costas...e toma medidas para o futuro.Por si hai que deixar o negocio en herencia.Claro que ó mellor perde...
CONTINUARÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario