martes, 22 de febrero de 2011

A BRIGADA FEIJOO DE MANIOBRAS





O comandante Feijoo, o teniente Rueda e o cabo Mirinda andan de operacións militares...Despois da brilante batalla contra unha casa na batalla de Arcade, agora continúan os ataques na fronte de San Amaro.
Mandan as tuas tropas rodear un grupo de casas antigas, nun pobo de dez veciños, que teñen rodeado dende hai varios meses. A cadea nododelpp retrasmite os ataques de valente Feijoo para tirar as casas que sirven de refuxo a uns insurxentes que compiten con él polo poder.Días atrás xa mandara un comando enviado de silleda polo furriel baltarin junior que non conqueriron tomar as casas ,pese a non haber naide,pola trompa que levaban.
...........Calquer persoa normal pensaría que esto forma parte dun guión para un filme...pero é a cruda realidade do Réxime de Feijoo en Galicia.

Na véspera do 23 F, cando os azuis quixeron acabar coa democracia, é o día sinalado por Feijoo.

Toma e utiliza o goberno e a administracción para intentar eliminar ó adversario. Utiliza a televisión pública como tele do PP. Mezcla goberno e partido popular. Feijoo quere asfixiar as libertades, poñer a Administracción Pública para manter o poder. Deixa sen funcións a Cámara parlamentaria, porque é unha molestia para os seus plans. Dedícase a montar grandes operacions mercantiles, grandes negocietes. Utiliza e manexa a televisión para maior gloria del. Mediatiza ós demáis medios con presions insoportables.Quere anular ese luxo de pensar.Por suposto acabaronse os debates plurales (non volveu haber ningún na tvg).Crea unha policía de comisarios nas consellerías que trasmiten terror día a día.

Ese é o verdadeiro rostro de Feijoo. O que algúns tardamos en ir coñecendo...pero que pouco a pouco se vai evidente.
Por eso creo que vai perder no 2013...porque para gañar hai que MERECELO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario