jueves, 17 de febrero de 2011

VOLVEN...AS GAIVOTAS DA MERDA DO P.P.





Xa non chega que o PP nos vai traer a basura do Sur de Galicia e a Incineradora para a nosa provincia.
Agora Feijoo volve de novo co que mellor se lle da. Crear merda.Agora cunha campaña inxuriosa contra o noso secretario xeral.
Feijoo utiliza a Televisión de Galicia para crear noticias contra o seu competidor electoral, en térmos que berlusconi se queda en aprendiz. A TVG da noxo.Utiliza os medios-satélites subvencionados para expandir a merda que sae do seu laboratorio. Que vergoña ter un presidente así.
Podía aplicarlle ese esforzo a limpar a corrupción xeneralizada da deputación de ourense que adica a maioría do noso diñeiro para beneficio dos cargos e activistas do PP.Unha institución na que se venden a metade de precio as grandes fincas urbanas.Na que a xestión das obras é escandalosa.Na que calquer papel que toques é un escándalo.
Podía explicarnos cómo as que chama¡ estaban implicadas en redes de evasión de diñeiro en paraísos fiscais. Aínda non explicaches eso Feijoo. Non queres falar de evadir impostos...creo que eran miles de millons de pesetas...
Podías explicar cómo mantés como delegado teu, do goberno teu, a unha persoa IMPUTADA por malversar fondos públicos da Unión Europea ,fondos aínda non devoltos pese a sentencia firme da Audiencia Nacional.Persoa que se acreditou entregar subvencions a empresas propias.Que deu diñeiro público a empresas da familia...
Podías explicar o papel do PP de galicia,cuio secretario de organización era o segundo na rede,na trama GURTEL de financiación e corrupción,e desa rede que tivo presencia e actividade en toda Galicia,no partido do que eres o presidente .
Por qué non explicas estas cousas antes Feijoo ? antes de soltar as gaivotas do PP a encher de merda a nosa terra...

No hay comentarios:

Publicar un comentario