sábado, 11 de octubre de 2008

DIA GRANDE EN FRANCELOS


Hoxe o pobo no que tiven a sorte de nacer viveu o seu día grande.O Conselleiro de Medio Ambiente do Goberno de Galicia e o Alcalde de Ribadavia asinaron o Convenio polo que a Xunta financia a compra do terreo público (que fora Campo de Fútbol Municipal) para campo da festa e parque público. Con elo devólveselle ós 900 veciños(agora que se fala da Memoria) algo que lle foi quitado noutros tempos e que se nos atragantara na nosa memoria ós que nacemos en Francelos.O "Campo" era un símbolo, un sono perseguido por todos...E alí estiveron todos,de tódalas cores e ideas.Francelos tén un terreo común no que somos capaces de convivir e ata axudarnos ,en respeto ,os de ideas diferentes.A hora e o día fixo que só algo menos de duascentas persoas poideran asistir á invitación feita (polos carteis nas portas de costume).
Tanto o Conselleiro coma o Alcalde ,e a totalidade dos asistentes despois,fixeronme un recoñecemento que agradezo.
O 11 de Octubro será un día importante na nosa Memoria.

5 comentarios:

  1. FELICIDADES E AGRADECEMENTO.

    ResponderEliminar
  2. Felicidades ós VECIÑOS de Francelos.
    E Grazas pola túa participación no proxecto.Foi o mellor regalo despois de tres anos na Consellería.E de alabar que pediras para o teu pobo e algo tan xusto.
    Felicidades o alcalde pola negociación eficaz e discreta.
    E sorte que non se foi adiante a compra que pretendían uns particulares. Foi sorte.

    ResponderEliminar
  3. Que o Proxecto sea bonito. As proximas Festas deberian ter algun acto especial para celebralo.
    Por dar ideas

    ResponderEliminar
  4. PASATE polos comentarios da informacion que fai a Rexion sobor dese acto.Poñenvos finos.Falan de que organizastes o acto en secreto e dandos varios insultos mui graves

    ResponderEliminar
  5. Eu o que digo o asino aquí ,co meu nome,dando a cara.
    O que escriben para insultar ou inxuriarme non poñen o nome porque usan a mentira e non se atreven a responsabilizarse do que dín.
    Parece que lle molesto ó PP,intentaron que non saira elexido manipulando papeletas na provincia(mais de 3.000),sempre quixeron terme fora de circulación.Tiven ducias de querelas.E deben ter as suas razons.Pouco a pouco vamoslle gañando.De 8 pasamos a 30 gobernos municipais(24 alcaldes).Quitamoslle 20.000 votos nas xerais e xa caseque somos a primeira forza.E ainda lle queda moito que perder.A deputación dentro de tres anos(quedamos a dous escanos).Na Xunta seguirán fora e descalabrándose.A eles vaille mal e a nós moi ben.Nos debemos seguir así.Si eles non cambian mellor para nós e para a provincia de Ourense.

    ResponderEliminar