martes, 14 de octubre de 2008

O Presidente do Goberno compareceu un pouco antes de reunirse de Rajoy para buscar a unidade na resposta ante a Crise da economía mundial.A cuestión saiu polo PP coas posicións demagóxicas dun partido que non sabe modular o papel de oposición.As veces debe ser crítico as veces tén que ser responsable.
Logo estivo a Ministra de Medio Ambiente (Elena Espinosa),e outros varios : Industria,Educación ,Traballo,Defensa....e o de Xustiza.Este deu resposta ó senador pola Comunidade Autónoma( Pérez Bouza) sobre a creación de Xuzgados de Violencia de Xénero en Galicia(Ferrol,Lugo e Ourense).Bermejo veu a decir que no ano 2009 en Galicia crearanse 9 unidades xudiciais novas(duas mais que o ano anterior)para mellorar este servizo público,que nos sitúa como territorio provilexiado (5ª de España) na situación da media nacional.Que a creación de novos xulgados debe facerse tendo en conta o número de casos(falou de que estamos lonxe(ourense 471 D.P. creo) da ratio según criterio do Consello do Poder Xudicial(1200 exptes). E sinalou que o Ministerio decide CANTAS unidades NOVAS se crean en cada territorio,e é cada Goberno Autonómico o que decide onde.Polo tanto no ano 2009 según as unidades novas que crea o Goberno non vai ser posible contar cun Xulgado de Violencia propio no partido xudicial de Ourense.Pero tamén se deixou ver que na medida que o esforzo por mellorar a Xustiza continúe, o será nos próximos anos.Eu síntome comprometido con esta reclamación para a PRESENTE LEXISLATURA.A lexislatura dura 4 anos.Nós fomos quenes lle prantexamos ó Ministro esta reinvidicación á que outros se apuntaron recentemente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario