miércoles, 1 de octubre de 2008

SENADO:Pleno e Comisión Fomento

Hoxe rematamos o Pleno.
Pola tarde tivemos unha longa Sesión da Comisión de Fomento integramente adicada a resposta de preguntas da oposición.Asisten os Secretarios de Estado Victor Morlán e Josefina Cruz.Para que logo digan que o Goberno non comparece e se somete ó control.
Entre as preguntas hai unha de Ourense, que formula o senador pola Comunidade Autónoma Pérez Bouza (BNG) na que pregunta si se vai modificar a entrada da Autovía a Lugo polo impacto que causa .A Secretaria de Estado de Infraestructuras explica que se está pronto a rematar o Proxecto Constructivo. Dixo que o Estudo Informativo se aprobara tendo en conta as alegacions e propostas no ano 2006. Afirmou que van a ESTUDAR a cuestión da entrada en Ourense tendo en conta 3 aspectos:
-o menor impacto social e medioambiental
-a necesidade de conectar esta Autovía co Variante Norte da cidade (comunica esta zona coa Autovía Rías Baixas)
-a necesidade de conectar esta Autovía de Lugo coa Autovia Ourense a Valdeorras e Ponferrada (A 76)
E todo elo dialogando co Concello de Ourense e outros concellos e Xunta
Evidentemente a gran cantidade de Infraestructuras que está a construir o Goberno do PSOE (Autovia a Lugo, Autovía a Ponferrada-Valdeorras,Variante Norte,Autovía gratuita a Santiago/ Tren de Alta Velocidade a Santiago,Alta Velocidade a Madrid,en proxecto xa Alta Velocidade a Vigo,Alta Velocidade a Lugo,Alta Velocidade Ponferrada-Valdeorras a Monforte xa en estudo), fan que agora o problema é que hai que coordenar a entrada na provincia e Cidade de tantas obras.¡Bendito problema!
Pareceume grave que alguns que esixen que se acelere chegada das obras a Galicia e Ourense, insinúen que é mellor retrasar esta Autovía.Así o dixo o senador do BNG e parece que o PP difundía unha nota esta tarde nese sentido.Para qué retrasar varios anos esta obra?¿Para escapar do problema,para retrasala,ou hai outras razons?

4 comentarios:

  1. Como se repite a coincidencia de posicionamentos do PP e BNG.
    E para pensar mal.Debe ser algo mais profundo que coincidencias

    ResponderEliminar
  2. asique o senador menos activo de congreso e senado (la voz , dixit ) , felicidades enton

    ResponderEliminar
  3. Se que no tiene nada que ver con tu post pero quería agradecerte que hayas enlazado el mío y que lo leas!! un saludo

    ResponderEliminar
  4. Sé que no tiene nada que ver con tu post pero quería agradecerte que hayas enlazado el mío. Un saludo

    ResponderEliminar