
Hoxe asistín ó debate de Política Xeral do Parlamento de Galicia.
Emilio Pérez Touriño fixo un balance dos tres anos de lexislatura que coloca á nosa terra na mellor etapa da nosa historia.
Pero tamén falou do futuro de Galicia, dos retos que se nos presentan.
E falou de presente, do momento difícil que nos toca vivir .
Falou de desafíos,e riscos.Falou de oportunidades e ilusions.
Falou de medidas concretas para persoas concretas,como a das axudas para contratar traballadores en paro con esa axuda de 10.000 €.
Falou do esforzo dos gobernos de Galicia e España para que Galicia se poña á cabeza dos territorios mellor comunicados de Europa.
Pola contra, a intervención de Nuñez Feijoo delatou de novo a súa altanería e prepotencia,o seu cariz chulesco.Demostrou ser o político "pijo"por autonomasia. Lexos da xente, dos problemas dos más desfavorecidos, por máis que fixera poses en plan "aquí viene el nuevo rico a hacer caridad con los pobres del barrio el domingo por la mañana". A dereita non tén líder.Nuñez Feijoo é un apaño.Naceu dunha apurada.Non nacen líderes da improvisación.Cheira a provisional.Pero en fin, eso é o problema da dereita.
da nacion , da nacion , non ves que agora decides pais , sodes nacionalistas tamen
ResponderEliminarOs socialistas chamamoslle os nosos Organos do Partido (O PSdeG)Organos Nacionais:Executiva Nacional Galega,Comité Nacional Galego...dende sempre.Non tivemos que cambiar.
ResponderEliminarOutros(todos os demáis) SI.
Gracias por participar no meu blog.
Antía, diríxome a ti a través deste comentario anónimo con indignación e preocupación. No blog http://iriasalgado.blogspot.com
ResponderEliminaraparecía un post fai unah horas co seguinte texto: "aunque suene demasiado drástico, ningún gallego debiera votar, en la próximas autonómicas, al actual mandatario gallego, por dignidad y por orgullo". Posto que neste blog hai un link ao teu blog, espero que saibas que facer e como encauzar esta situación, que non é nova e que nunca debera ter comezado
ANONIMO:
ResponderEliminarcreo que te confundiches.Non son Antía.Non teño enlace ó blog que citas.
de todas formas a miña politica é publicar calquer comentario