sábado, 11 de octubre de 2008

REUNION DIRECTIVA PLATAFORMA SI

A Directiva da Asociación Plataforma SI ó Parque Ambiental aproveitou a presencia do Conselleiro de Medio Ambiente en Ribadavia, para ter unha reunión con él. Nesa reunión intercambiouse información e opinións sobre a xestión deste Proxecto da Xunta. Os membros da Xunta Directiva pediron diversas aclaracions sobre a tramitación da declaración de Supramunicipalidade que acordou a Xunta en setembro pasado,o Plan Sectorial e a súa exposición pública,sobre os plazos para a compra de terreos e demáis trámites de xestión do proxecto e outros aspectos de interés.Asimesmo pediuse información sobre as empresas que tiñan solicitado a súa instalación ou que demostrarán interés,solicitando a axilización do proxecto para que poidan instalarse canto antes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario