viernes, 29 de julio de 2011

MILAGRO EN OURENSE

Fai uns días prodúxose un importante miragre en Ourense. Creo que debe contarse para que quede para a posteridade e seguro que ningún medio o fará público.


Pode que sexa unha proba para cando haxa que tramitar o expediente de beatificación e posterior elevación a Santos.


En días pasados estivo na residencia Hospitalaria un dos veciños máis miragreiros.O beato Baltar .


Procurou estar o mínimo tempo, non sei si pola razón de que dirixe o Centro a prima de Feij00(Esa que aínda non recibiu nin deu explicación da morte do compañeiro Castro,concellal de Castrelo de Miño).


Como todo ourensán sabe os pasillos e salas de Urxencias están cheos tódolos días de doentes en camas polos pasillos.Ti vas andando e vas vendo un corredor completo de enfermos medio espidos coas suas pertenzas en bolsas ,que esperan as veces días.


E ese día resulta que vexo un dispositivo policial e de seguratas impresionante, e ningún enfermo en camas polos pasillos.Miragre. ¿Sería Baltar,pensei,un novo miragre seu?.¿Sería o eficaz Feij00 ?


Entérome que O Presidente da Xunta (o Primo da xefa do hospital) VISITABA a un enfermo ilustre, o Sr Baltar.


Un dispositivo policial e de seguridad privada impresionante...Coches oficiais por todas partes.


Sacan os doentes dos pasillos a toda presa para amontoalos noutras salas lexos de por onde vai pasar o Presidente. Que non vexa as miserias da súa xestión.Ocultar a realidade.Ou que non a vexan os que cubran a visita. Que non vexan os pobres pacientes ourensans .Que non se vexa como estan desbordados un elemental servicio como o de urxencias do complexo hospitalario provincial.


Coma con Franco. Que non se vexa. Que non se sepa. Que nadie diga que para visitar a un amigo no hospital tés que movilizar ducias de policias,ducias de coches oficiais.Tés que facer desaparecer os enfermos que tódolos días están nos pasillos e escondelos en salas clandestinas.


Para que se diga que o Gran Timonel, O Caudillo de Galicia é EFICAZ. E tamén AUSTERO.




No hay comentarios:

Publicar un comentario