domingo, 31 de julio de 2011

LA VOZ CONTINUA A MENTIR

La Voz publicou aquela falsedade que puña na miña boca de dar asco "traballar na Deputación" en lugar de ... "as órdenes de Baltar ",para explicar que non queremos os despedidos traballar noutro lugar que non sea o grupo de oposición a Baltar. O MESMO DÍA redactei a correspondente solicitude de RECTIFICACIÓN, dereito que me dan as leis, para sinalar a falsidade publicada.Onte pola mañán cedo envieina por Burofax.Hoxe non só non a publican, senón que volven a reiterar as mesmas mentiras.

Entendo as queixas e e desesperación dos cidadáns cando reclaman mellor funcionamento da xustiza, máis información e transparencia dos seus representantes.E tamén uns medios de comunicación veraces e útiles a sociedade. De nada vale que pretendas dar datos ou información de algo si un medio crea unha información falsa ou parcialmente falsa (as piores mentiras son as medias verdades). Os medios de comunicación son EMPRESAS, das que son donos os que as financian ou manteñen. Boa parte dos medios escritos son utilizados como armas de comunicación e creación de información ó servicio de poderes políticos ou económicos pouco transparentes . Eso é o que hai.

As televisions aínda están pior (hai unha municipal no concello de Arnoia só adicada por Roxelio a falar mal de mín ). Apenas quedan algunhas RADIOS. E agora oportunidades a través de internet para que sea a propia persoa a que relate os feitos, sen intermediarios que o interpreten.Coa única censura que a prudencia que un queira ter,ou os silenzos que queira gardar.Que son moitos.

Poñerei noutro post a Carta de solicitude de RECTIFICACIÓN a La Voz en Ourense.

Para o que queira velo, o vexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario