miércoles, 27 de julio de 2011

DESPEDIDO E APALEADO

COMUNICADO PERSONAL DE MIGUEL FIDALGO AREDA

DESMINTINDO INFORMACION DIFUNDIDA POLO PRESIDENTE E SECRETARIO DA DEPUTACION PROVINCIAL

O pasado día 6 o Presidente da Deputación comunicoume o DESPIDO como traballador do Grupo Socialista, pese a estar en EXCEDENCIA FORZOSA por ser Senador.
Por elo os meus avogados formularon as accions administrativas para recurrir ese atropello por parte do xefe do PP .
Miguel Fidalgo Areda NON pretende EMPLEO FIXO na Deputación nin presenta reclamación para elo.
Miguel Fidalgo é CONTRATADO da Deputación dende 1996. Por decreto do Presidente do 28 xullo 1997 ten contrato para dirección técnica do Grupo Socialista de Deputación cunha duración “MENTRAS EXISTA GRUPO POLITICO DO PSOE NA DEPUTACION E ESTA CORPORACION MANTEÑA PERSOAL CONTRATADO PARA OS REFERIDOS COMETIDOS” di textualmente o Decreto que asinaba Jose Luis Baltar.
O mesmo Presidente por Decreto do 18 de abril de 2008 concedeu “EXCEDENCIA FORZOSA durante o tempo que preste a función de Senador,coa incorporación ó mesmo posto unha vez remate a súa función”.Durante este tempo nomease substituto a outro compañeiro que desenvolve a miña función.
De forma sorprendente o Presidente con data 6 de Xullo de 2011 ponme en coñecemento o CESE na relación laboral que manteño coa Deputación.
Tal acto supón un ataque ós dereitos como traballador ós que non penso renunciar, e un grave ataque ós dereitos do Cargo electo de Senador que en EXCEDENCIA non pode ser despedido.
Tal acto débese a unha represalia anunciada hai uns meses pola acción política de denuncia dos atropelos e abusos de Jose L.Baltar, para castigar ó grupo socialista.
É intolerable que o presidente pretenda facerlle chantaxe ó grupo do PSdG-PSOE para que obrigue ós traballadores que renuncien os seus dereitos e acepten unha decisión caprichosa de Baltar para que renuncien os contratos do 97, ou deixar o Grupo sen recursos económicos nen humans.
É ilegal someter ós Grupos a chantaxe de que si os traballadores presentan reclamación laboral non lle permite contratar persoal e no caso de que a deputación deba indemnizar as torpezas de Baltar por sentenza xudicial, sea a costa de recorte da subvención que lle corresponde ó Grupo, que quedaría HIPOTECADA por anos. Creo que si os xulgados condenan a deputación polos erros de Baltar debe ser Baltar quén o pague e así o demandarei.
É Baltar quen acordou o DESPIDO dos Traballadores do Grupo Socialista exclusivamente. O fai por represalia e castigo pola acción de control e denuncia dos abusos que comete día a día durante moitos anos.Non é alleo a esta acción os preparativos de sucesión no TRONO que prepara como se fora a herdanza da súa finca.
Os Traballadores DESPEDIDOS o único que fan é DEFENDERSE nas Instancias Administrativas ,e no futuro nas Xudiciais, que as Leis e o Estatuto do Traballador lle outorgan.
Miguel Fidalgo NIN QUERE NIN ACEPTARÁ desempeñar un posto de traballo diferente ó que foi contratado, ó servicio do grupo Socialista.Baixo ningún concepto aceptarei traballar noutro departamento.E deixarei de traballar para o grupo Socialista no momento que diga o Grupo Socialista….pero dende logo NON porque o decida Baltar.


Miguel Fidalgo lamenta que por parte da secretaría da deputación non se gardase a reserva esixida a un profesional sobre a custodia dos documentos que presentan os traballadores ou os cidadáns no rexistro. E máis grave é que o Secretario Francisco Cacharro relate as conversas privadas que se manteñen con el entre un traballador despedido co seu avogado. E aínda máis grave é que o que se conte non teña nada que ver co sucedido e falsee a conversa persoal mantida para favorecer ó seu xefe.

Postdata:

Dificil explicar que se os traballadores custan o mesmo esten contratados dunha forma ou outra, se fan o mesmo traballo e función para os Grupos,se dependen do mesmo grupo político... non se entende que o Presidente Baltar tome a decisión de DESPIDO ,excepto por vinganza ,para evitar o control que lle fai o Grupo Socialista,e para no futuro plantexar novas voltas de torca.
Curiosamente terá que ser o candidato de Ourense que tantos medios e recursos esixiu na cidade, o que presida o pleno,con Baltar escondido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario