lunes, 18 de julio de 2011

75 ANOS

Hoxe fai 75 anos xa . Cando uns golpistas atentaron contra a democracia en España.A dereita,apoiada polos nazis e outras forzas de ultradereita, non tolerou que "os outros" poideran obter a confianza da maioría e gobernar en defensa dos máis febles.


Foron 3 anos de guerra civil, de centos de miles de mortos na guerra.Millons de españois que tiveron que fuxir.Centos de miles asesinados ,paseados (claudiados dise aqui), "ponteados" (aqui o matadeiro era a ponte de Castrelo no río Miño que baixaba de sangue),encarcerados.


E foron 39 anos de Dictadura fascista,de persecución e silenzo,de sofrimentos,de vinganzas.


39 anos de complicidades.Algunhas imperdonables coma a da Xerarquía Católica.Outras definitivas coma a de moitos veciños cómplices,cooperadores necesarios,vergoña para todos.


Nunca poderemos compensar ós perdedores, bós e xenerosos.Nunca Galicia poderá recuperar aquel autogoberno de 46 anos de retraso.Nunca España recuperará máis de 40 anos de atraso de innovación educativa (A institución libre de enseñanza, aqueles inolvidables maestros da república,a Universidade), de innovación médica e científica (que se foi a América ou Europa)(lembro o doctor Veleiro ), de anos de democracia e libertades....Teremos que vivir coa vergoña na nosa conciencia (os que a teñamos claro).


Nunca devolveron as propiedades roubadas. A Casa do Pobo da uxt e psoe nunca se devolveu (foi escola, centro social ,sede provisional do concello,agora sede do consello regulador do Ribeiro).Outras nunca poderán ser devoltas.As vidas roubadas,as familias rotas,escapar ó monte e viver como animais perseguidos,esconderse nos faiados,perder o pai ou a nai, ter que fuxir ´extranxeiro para nunca volver máis,a fame pasada, a vergoña e a persecución do día a día....


Outros non terá esa oportunidade. O alcalde de Ribadavia Benito Gallego Montero (do que escribin un artigo no Faro de Ourense fai 25 anos) e os tres concelleiros fusilados en Ourense.Ou o alcalde de Carballiño,o do Barco,o de Verín...ou Manolo Suárez.

O socialista ourensá Amador Cobas,sindicalista,atopado no regato en Francelos.Ramón Vázquez presidente do sindicato obreiro e campesiño de Arnoia fusilado.Nonito Alvarez do sindicato de Beiro.ETC,ETC.


A esquerda perdonou (inda que moitos nin xiquera pediron perdón aínda).Para pasar páxina,Para construir a democracia e as libertades de novo,para todos,entre todos.Para construir unha sociedade máis xusta e igual, como quixeron facer hai 75 anos,despois de gañar as eleccións.



Por eso, debemos darlle honor a aqueles millons de herois,de cidadans leais coa democracia,que deron a vida e sifriron persecución por eses ideais. E nunca deixar defender eses ideais.Mataron os homes e mulleres.Non poideron cos ideais.Viven máis que nunca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario